O venres 15 de decembro de 2017 na Biblioteca do IES Perdouro os
alumnos de Economía de 4º de ESO, 1º Bach., 2º Bach. e alumnos dos Ciclos
formativos de Administración asistimos a unha charla impartida por Rubén Pinín,
presidente da Asociación de Comerciantes Industriais e Autónomos de
Burela (ACIA Burela) e do Centro Comercial Aberto (CCA) de Burela.
A Asociación de Comerciantes é unha entidade formada por varios comercios de Burela que entre eles se poñen de acordo para facer actividades e campañas conxuntas que beneficien o comercio e indirectamente a todo.
Foi fundada en outubro de 2011. Esta asociación dinámica organizou moitas actividades ata fai pouco. Actualmente debido a falta de relevo da dirección non está moi activa.
Na charla, Rubén informounos dos obxetivos e funcións que se levaban a cabo por esta asociación, así como das diferentes actividades, eventos e campañas que se organizaron, como por exemplo a Festa Castrexa, os concertos de Entroido, os juernes de tapas...
Sen dúbida algunha, todas estas actividades benefician aos comerciantes pero tamén en boa medida a todo o Concello de Burela.

Explicounos tamén as formas de financiación e subvencións que reciben tanto a
Asociación de Comerciantes como o Centro Comercial Aberto para facer
posible todas actividades e campañas que levan a cabo.
O
Centro Comercial Aberto pertence a Federación de Comercio A Mariña a
través do que tamén recibe certas axudas sobre todo nas campañas e
actividades máis importantes que realizan.
Crónica do alumnado de 1º de Bach. de Economía
Ligazóns:
Sitio web ACIA Burela: https://aciaburela.com
Facebook CCA Burela: https://www.facebook.com/ccaburela

Sem comentários:
Enviar um comentário