Participamos por primeira vez no programa "Di K Non" en
colaboración coa Fundación Barrié - Obradoiros para a prevención do consumo de drogas en adolescentes.
Di-K-Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas en
adolescentes, na que os internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa)
do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias con
escolares galegos coa finalidade de previr os adolescentes sobre o
consumo de drogas.
Di K Non diríxese especialmente a
alumnos de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos por ser
un grupo de risco e a idade de inicio do consumo de drogas.
Algunhas
das persoas que están na UTE de Teixeiro comezaron, nesta idade, a
delinquir como consecuencia do consumo de drogas e, agora, logo dun
proceso de rehabilitación, queren transmitir a súa experiencia e
información aos adolescentes para sensibilizalos/as e proporcionarlles
instrumentos para evitar situacións de risco e consumo.
O
obradoiro desenvólvese en dúas partes:
- visita dos internos no IES Perdouro destinada ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bach.
- visita dos alumnos de 4º de ESO e 1º de FP Básica ao centro penitenciario de Teixeiro
O
obradoiro desenvólvese dun modo bidireccional: os internos teñen a
oportunidade de contribuír á prevención dun problema que teñen padecido e
á comunidade educativa ofréceselle un proxecto innovador apoiado polos
profesionais do equipo multidisciplinar da UTE Teixeiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário