Crónica de Edmilson Monteiro Gomes - 2º ESO
O luns 25 de Abril, e tendo como referencia o Día do Libro, os rapaces de 2º da ESO realizamos unha actividade escolar que consistía nun obradoiro sobre a escritura medieval.
A actividade comezou na biblioteca cunha resumida charla, cuns especialistas no tema, sobre a evolución da escritura e dos materiais empregados ao longo da Historia.
A segunda sesión tivo lugar nas aulas onde nos ensinaron a escribir como se facía na época medieval.
Foi unha actividade amena, que ao mesmo tempo nos serviu para saber máis do traballo dos monxes copistas da época e tamén para traballar a caligrafía e como método de relaxación.
Sem comentários:
Enviar um comentário