Na primeira sesión do obradoiro Di K Non que tivo lugar o martes 19 de abril, varios profesores da Unidade Teraupéutica do centro penitenciario de Teixeiro e os
propios internos en base as súas experiencias e
testemuñas como
consecuencia da súa adicción ás drogas deron a coñecer a dura realidade do mundo das drogas e as
súas consecuencias, en procura dun aprendizaxe que nos axude a aprender a
identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de
adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso
escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento
violento, etc.
O obradoiro comezou coa representación en mímica
dunha pequena obra teatral protagonizada polos internos. A droga que nos atrapa que nos priva da liberdade e do que máis queremos. De seguido proxectouse unha presentación con impactante ambientación musical sobre o tema da droga, causas e consecuencias. E antes de rematar, interviron os internos para contar a súa experiencia coas drogas e houbo rolda de preguntas, mostra do interese co tema dos nosos rapaces de 4º de ESO e 1º de FP básica. Como remate do acto recibimos un emocionante agasallo elaborado polos internos conmemorando a súa visita ao IES Perdouro.
Sem comentários:
Enviar um comentário