Dentro das actividades programadas no marco do mes contra a violencia de xénero, a mancomunidade da Mariña organizou o pasado luns 14 de novembro unha charla sobre “Violencia de Xénero e o novo contexto dixital” destinada ao alumnado de 2º e 4º de ESO e 1º de FPB, actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e impartida por Pantallas Amigas, unha entidade que conta cunha dilatada experiencia na
impartición de formación para a promoción do uso seguro e saudable de
Internet e as novas tecnoloxías na infancia e adolescencia.
Falouse do uso responsable e sen riscos das redes sociais, así como das estratexias para a prevención da violencia de xénero na adolescencia.
A conferenciante incidiu no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital (ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión) e teñen como obxectivo ensinar aos e as menores o axeitado manexo das redes sociais, a súa finalidade e as repercusións que poden ter determinados comportamentos de risco.
Potenciar o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, co fin de evitar os posibles riscos por razón de xénero, e na busca da prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital, é necesario na actualidade, porque os e as menores poden ter unha percepción do risco máis baixa á hora de compartir determinadas fotografías ou vídeos a través de internet e das redes sociais.
É necesario deixar de considerar os adolescentes como vítimas pasivas dos riscos da Rede e tomalos como elementos activos, dándolle a formación necesaria.

cc
Sem comentários:
Enviar um comentário