Os alumnos de 4º e de 3º ESO do IES Perdouro tiveron onte unha charla con Xulio Xiz, amigo de Manuel María, escritor galego ao cal se lle dedicou no ano 2016 o Día das Letras galegas. O presidente da Asociación Os Matos, Antón Niñe, pensou que sería bo contar cunha persoa amiga, coñecedora do homenaxeado para coñecelo un pouco máis.
Xulio Xiz é licenciado en Ciencias da información e mestre. Foi funcionario da Consellería de Cultura e desenvolveu a súa carreira periodística en varios medios de comunicación. Sabendo de onde é Xulio Xiz tamén podemos coñecer de onde é Manuel María. Os dous son nativos da Chaira luguesa, de Outeiro de Rei. Levábanse 18 anos de idade pero Xulio di “que 18 anos non son nada”. Contounos como se foron facendo amigos, que foi a través do periódico no que Xulio traballaba “El Ideal Galego” que tiña unha sección diaria que era “O Diario de Terra Chá” e tivera que pedirlle permiso a Manuel para que lle deixara publicar no periódico anacos das suas poesías, sobre todo as que ían dirixidas á Terra Chá. Deulle permiso e logo deso íalle facendo entrevistas para Radio Popular. A partir diso, incluso o chamou para que o presentase en actos públicos sobre a súa obra. A relación entre eles foi moi boa, de admiración absoluta por parte de Xulio e de agradecemento pola difusión, por parte de Manuel. Comentounos tamén que Manuel María sempre colaboraba con todos os centros educativos e asociacións que o chamaban. Asistía sempre que podía a todo este tipo de actividades. Coñecía Galicia como a palma da súa man. Gustáballe moito falar e coñecía tamen a todos os escritores gale-gos coetáneos. Manuel María foi preogueiro de moitas festas, por exemplo da de Burela.
Xulio, uns días antes de vir facernos a visita, recibiu unha homenaxe popular en Vilalba, na que centos de veciños e persoeiros da cultura participaron nos distintos actos organizados, entre eles a inauguración no Paseo dos Soños do “hectómetro literario” que leva o nome de Xulio Xiz Ramil, compartindo espazo con outros persoeiros da cultura que recibiron esta homenaxe en anteriores ocasións. Despedímolo dándolle un forte aplauso entre todo o alumnado e profesorado por escoitalo falar tan ben sobre Manuel María.

Alumnas 3º PMAR
Accede ás fotografías no noso albúm.
Sem comentários:
Enviar um comentário