O mércores 10 de novembro o curso de 1º de ESO realizamos un itinerario polo noso concello facendo varias paradas. Unha delas foi na Casa do Concello onde nos explicaron os distintos departamentos e áreas e que función tiña cada unha. Tamén puidemos ver o despacho do alcalde que nos contou cales eran a súas funcións. Outro departamento que vimos foi o lugar de traballo da policía. Despois fomos a Capitanía Marítima onde nos informaron do que se encargaban de facer alí, como por exemplo trazaban as rutas polas que despois van os barcos e de dar instrucións en caso de que alguén se fixera dano.
Pasamos ao carón do cabo e do lugar onde se atopou o Torques de Burela. E por último visitamos a unha das maiores xoias históricas de Burela: A Igrexa da Vila do Medio. Soubemos cando e como se construiu, para que serviu e serve, as diferentes partes que ten e o máis importante: as características das súas pinturas góticas.
Crónica de Hugo Cobas Linares - 1º ESO A
Sem comentários:
Enviar um comentário