Na vitrina da entrada do instituto están expostas as fantásticas maquetas celulares realizadas polo alumnado de 3º de ESO, resultado dun traballo expositivo na aula dirixido pola súa profesora de bioloxía, Paula Hermida.
Nas maquetas están representadas células eucariotas animais e vexetais, procariotas .... algunha célula moi especial como a neurona e incluso temos un cerebro!!
O material utilizado para realizalas foi moi diverso: dende fíos e botellas amablemente cedidas por algunha avoa, ata area, plastilina, un bolo de pan...
Serías capaz de diferenciar todos os tipos celulares?? Anímate e inténtao!
Sem comentários:
Enviar um comentário