Expedición á cavidade cárstica máis importante de Galicia: a Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo
Un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela acompañadas por Lucía Martínez, a súa profesora de Bioloxía, desprázouse ata Mondoñedo o martes 16 de maio co propósito de ampliar o seu coñecemento en materia de Xeoloxía na Cova do Rei Cintolo, o maoir complexo cárstico de Galicia, con máis de 6.500 metros de galerías. Alí realizaron un percorrido en forma de U sobre un tramo de uns 300 metros. Son dúas galerías paralelas e unha baixada pronunciada que leva á sala de choivas.

Da man de María Luisa Barros Rodríguez,
directora da Escola Galega de Espeleoloxía, as alumnas descubriron o
encanto que encerra este tesouro da xeoloxía galega. A guía explicoulles
o gran número de formacións cársticas que se ven dentro: estalactitas,
estalagmitas, columnas, coladas, bandeiras, gours, o ollo de fechadura entre
outras asi como o seu lago.
Logo de dúas horas de exploración, as rapaces quedaron encantadas coa visita que lles permitiu concienciarse do perigo que corre o deterioro do medio cárstico en Galicia e sensibilizarse pola conservación deste medio.
A cavidade é obxecto de distintas lendas como, por exemplo, a que lle da nome á cova. Esta lenda conta que o Rei Cintolo, dono e señor do Val de Brea, tiña unha fermosa filla chamada Xila, que estaba namorada dun conde. Pero un bruxo estaba celeso dese amor e sepultou o reino de Cintolo no interior da terra. Segundo a lenda, a fermosa princesa aínda espera que un cabaleiro valente a volva á vida.
Accede ás fotografías no noso albúm.

Fotos da Cova por Pepa Losada.
Noticia de La Voz de Galicia (25/04/2017)
Reseña en Dem!ku (19/04/2017)
Sem comentários:
Enviar um comentário