8.5.17

Ruta da auga - 3º ESO

Alumnos de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados dun técnico da empresa Espina e Delfin e da súa profesora de bioloxía Lucía Martínez visitaron este luns as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

Logo da charla teórica impartida no centro educativo sobre o ciclo da auga, tocaba ver in situ os procesos esenciais de potabilización e depuración da auga. Juan Moreno, o inxeñeiro de augas, empezou a ruta da auga ao revés. O grupo de alumnos deplazouse ata Alfoz para visitar a depuradora (Estación de Depuración de Aguas Residuales - EDAR) construída en 2002. Alí viron o funcionamento dunha depuradora biolóxica. A auga  depúrase antes de ser enviada aos ríos e o mar.


A continuación o inxeñeiro faloulles do embalse de Río Cobo onde se almacena a auga antes de ser tratada na potabilizadora da Senra. (Estación de Tratamento de Auga Potable - ETAP), estación moi moderna inaugurada en 2011. A potabilización é a conversión da auga non potable en auga apta para o consumo humano. Explicoulles os tratamentos que se realizan e os distintos controis de calidade da auga para adecuala ao consumo. Filtrase para eliminar a materia orgánica e as partículas que leva en suspensión e desinféctase con cloro. Os tratamentos empregados nunha pranta potabilizadora para reducir as impurezas poden ser de natureza física, química ou biolóxica.

Para abastecer en auga potable o pobo de Burela hai 2 cuvas de almacenamento temporal para evitar a escasez. A auga lévase ata as casas a través de grandes condutos, a rede de distribución.

En resumo, os rapaces fixeron o seguinte percorrido da auga : Almacenamento, Potabilización, Distribución, Depuración.

Con esta visita guiada preténdese concienciar ao alumnado da importancia do uso sostible e responsable da auga, do ciclo da auga e da depuración como clave para o mantemento dos ecosistemas.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...