O pasado 26 de abril un grupo de 24 alumnos do IES Perdouro, acompañados
polo profesor de Inglés, Toni Galdo, e a profesora de Lingua Castelá,
Cristina Rivero, emprenderon unha viaxe rumbo a Londres que durou 5
días, coa finalidade de coñecer unha capital de fala inglesa e poñer en
práctica as súas destrezas en comunicación oral.

Durante a súa estancia
en Londres, puideron coñecer os lugares e monumentos máis emblemáticos e
disfrutar do seu ambiente, como dos espectáculos dos típicos street
buskers. Fixeron distintas visitas culturais, como o
Museo Británico e o
Natural History Museum ou o
Science Museum. Tamén percorreron as súas rúas coñecendo landmarks como
Buckingham Palace,
Piccadilly Circus,
Trafalgar Square e un largo etcétera, tras o que remataron verdadeiramente agotados, pero con bo sabor de boca e ganas de repetir a experiencia.
Ademais,
á súa chegada, as familias comprobaron o bo ambiente e o compañeirismo
que durante eses días se forxou entre o grupo, que formou unha auténtica
piña.
Accede ás fotografías no noso
álbum.
Sem comentários:
Enviar um comentário