María Luisa Barros Rodríguez, directora da Escola Galega de Espeleoloxía, impartíu esta mañá na biblioteca unha charla divulgativa sobre espeleoloxía, unha mistura entre deporte e aventura no centro da terra, co propósito de preparar o alumnado de 1º de Bach. á visita á Cova do Rei Cintolo.
Faloulles da formación das covas en xeral, da súa exploración así como do equipamento esencial dun espeleólogo.
Accede ás fotografías no noso albúm.
Accede ás fotografías no noso albúm.
A ESPELEOLOXÍA É UN DEPORTE que ten por obxeto a exploración e o estudio das cavidades subterráneas, reunindo toda unha serie de características que fan de ela “máis que un deporte”.
O ESPELEÓLOGO TRABALLA EN EQUIPO, con coraxe deportiva, desexo de explorar estas paisaxes únicas, respectalas e dalas a coñecer.
UNHA AVENTURA NUN MUNDO DISTINTO dende o primeiro momento. A cavidade desenvólvese dun xeito totalmente distinto ao que o home está acostumado: escuridade absoluta, humidade, frío, auga, xeo, grandes galerías, salas, pozos, pequenos e estreitos pasos.
A FORMACIÓN DAS CAVIDADES desenvólvense principalemente en rochas calcáreas coa axuda da auga e máis o dióxido carbónico. Tamén hai covas de yeso, sal, xeo, granito e covas volcánicas pero son menos frecuentes que as covas de caliza. En Galicia teñen gran importancia as cavidades graníticas e as “furnas” que son as cavidades que se forman na costa.
HAI VARIOS TIPOS DE CAVIDADES NATURAIS, segundo o seu desenvolvemento as cavidades pódense agrupar en dúas categorías: a vertical, chamada furada ou sima e a horizontal que chamamos pala, cova ou espenuca. Furada ou sima é unha cavidade esencialmente vertical onde a progresión faise por corda. Se poden atopar galerías horizontais pero predominan os pozos. Pala, cova ou espenuca, é unha cavidade onde predomina o desenrolo horizontal, no seu interior se poden atopar galerías, salas e pequenos pozos.
EQUIPAMENTO BÁSICO DE EXPLORACIÓN As covas se caracterizan por as condicións interiores de humidade, auga, falta de luz, acumulación de terra, barro e pasos estreitos. Daquela, o primeiro a ter en conta é o uso dun casco protector con iluminación para protexer a cabeza, o resto da
equipación, mono exterior, roupa interior térmica, botas de auga e luvas serven para protexernos da humidade e do entorno abrasivo.
A FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA é a entidade que reúne e coordina
tódalas Entidades e Seccións de Espeleoloxía radicadas na Comunidade
Autónoma. O colectivo de espeleólogos está agrupado en clubes espallados
por toda a xeografía cun desexo xeral: explorar covas e simas por todo o
mundo.
Sem comentários:
Enviar um comentário