Un grupo de 16 alumnos dos CF de Administración visitou a PLA -plataforma loxística de Arteixo- de Dielectro Industrial
con máis de 100.000 referencias en material de instalacións eléctricas e
climatización. Aí chegan as mercancías dos provedores europeos na súa maioría para a súa posterior distribución e reparto.
Foi
a ocasión para o noso alumnado de coñecer de primeira man un sistema
automatizado de almacenaxe pensado para minimizar o espacio utilizado e
obter un máis alto nivel de eficiencia e produtividade na preparación
de pedidos.
A
plataforma, con máis de 15.000 m2 e operativa as 24 horas do día, conta
con un sistema de loxística de última xeración, uno dos máis avanzados
de Europa: dúas zonas automatizadas e unha zona de almacenamemto clásico
con operarios. Son 10.000 m2 de almacén e, uns 3.000 m2 de espazo
aberto son para a descarga de mercancías antes da súa colocación no
almacén.
Teñen un mini-load,
(80m. de largo x 16m. de ancho x 12m. de alto), un almacén automático
con estructura de columna doble e tres carousels para o desprazamento
das mercancías en cargas lixeiras.
O mini-load recolle e deposita as cargas individuais en caixas de almacenamento dentro dos estantes. Hai unhas 16.500 caixas de 80x60x20 cm. onde se almacenan artigos de tamaño mediano. Os robots-carousel optimizan o espazo e poñen as caixas que máis saen adiante e as que menos atrás.
O mini-load recolle e deposita as cargas individuais en caixas de almacenamento dentro dos estantes. Hai unhas 16.500 caixas de 80x60x20 cm. onde se almacenan artigos de tamaño mediano. Os robots-carousel optimizan o espazo e poñen as caixas que máis saen adiante e as que menos atrás.
Teñen outros catro almacéns verticais de dúas columnas
para pezas de pequena dimensión con uns 10.000 artigos. A propia
máquina indícalle ao operario onde ten de coller a peza do pedido e fai
un inventario contínuo.
No campo da loxística, a preparación de pedidos
é o proceso de recollida de material extraendo unidades ou conxuntos
empaquetados dunha unidade de empaquetado superior que conten máis
unidades que as extraídas. En xeral, o proceso no que se recolle
material abrindo unha unidade de empaquetado feito por operarios
totalmente automático, rápido e seguro con produtividade elevada.
Na
estación de saída, tres operarios a dous tornos recollen das caixas os
artigos do pedido, esto é o que chaman o proceso de separación. Fan ata
4.000 liñas de separación ao día.
Dixéronnos que as máquinas fan o 70% do proceso.
Unha
visita de moito proveito onde fumos moi moi ben recibidos e onde nos
contestaron moi amablemente a todas as nosas preguntas.
Accede ás fotografías no noso albúm.
Accede ás fotografías no noso albúm.
Sem comentários:
Enviar um comentário