Jesús Fernández, profesor de Educación Física, organizou coa escola de Surf de Viveiro unha xornada de iniciación ao surf na praia de Esteiro de Bares o pasado mércores 3 de maio. Tiveron unhas condicións moi favorables para prácticar este deporte acuático. Os monitores da escola de surf partiron o grupo de alumnos de 1º de bach en dous. Mentres uns aprendían a subirse a unha táboa de surf outros foron facer unha ruta de sendeirismo ata os acantilados de Loiba. Logo mudaron as tornas. Un día moi divertido ademais de físico e cheo de grandes emocións !!!
Accede ás fotografías no noso álbum.
Sem comentários:
Enviar um comentário