4.5.17

O surf non é imposible

Alumnos de varios cursos do IES Perdouro reciben clases de surf nas aulas e no mar .

O luns 27 de marzo, dous profesores da escola de surf de Viveiro viñeron achegar este deporte un pouco máis aos rapaces. Comentaron diversas curiosidades sobre o surf: que é un deporte que se practica no mar que consiste en intentar poñerse de pé nunha táboa específica para este e aguantar o equilibrio nela. No medio da charla mostráronlles dous exemplos de como poden ser as táboas. Hai dous tipos especiais: a de iniciación e a avanzada. A primeira fabrícase con goma para que así sexa máis branda e correr menos risco de danarse con ela. Soe ser máis grande para ir collendo mellor o equilibrio. No caso da avanzada, é máis pequena e está feita dun material máis duro. A ambas táboas engádeselles un “invento”  para que así a non escapen e  para non danar a xente que se estea bañando no mar. Tamén lles amosaron un traxe de neopreno, o que se soe usar para practicar este deporte. Ten a vantaxe de que os días de frío poidamos surfear igual, xa que cando lle entra auga quéntaa e fai que o noso corpo manteña unha temperatura estable.
Esta escola está situada na praia de San Román en Viveiro, xa que alí as ondas son ideais para iniciarse no surf e tamén porque está nun sitio onde apenas hai rochas. Os máis afortunados foron os alumnos de 1º de Bacharelato, que foron onte surfear co profesor de Educación Física.

Andrea Santos, 3º PMAR

Accede ás fotografías no noso albúm.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...