Celebrouse o xoves, día 18 de maio, unha charla divulgativa para alumnos de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Chelu, Educador Social, impartíu o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.
O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores aos seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.
Coas charlas pretendense prever as condutas infractoras máis salientables nos adolescentes (o acoso escolar, o uso inadecuado das redes sociais ou das imaxes dos seus amigos e compañeiros, a violencia no ámbito doméstico,…), explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.
O educador tratou cuestións como a chegada a un xulgado de menores, as medidas xudiciais que se poden impoñer a un menor de idade, os delitos máis frecuentes cometidos entre menores de idade, entre eles explicou casos reais de bullying, ciberbullying, sextorsión, uso inapropiado de redes sociais, roubos, delitos relacionados coa seguridade viaria, delitos relacionados coas drogas, abuso e agresións sexuais,…etc, co obxectivo de concienciar ao alumnado das consecuencias que poden ter ditos actos. Faloulles do papel da familia, das consecuencias para os pais (responsabilidad civil) ou dos lugares a onde dirixirse en caso de problemas.
A Asociación ARELA leva 18 anos traballando no desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

Sem comentários:
Enviar um comentário