Como cada ano o CD Burela FS Pescados Rubén promove a práctica deportiva en igualdade a través do seu programa "Descubre o Fútbol Sala" nos centros educativos da zona. A actividade foi destinada ao alumnado de 1º ESO e 2º de ESO coa colaboración do seu profesor de Educación Física, Jesus Fernández.
O mércores 10 de maio o alumnado de 1º ESO B e de 2º ESO A compartíu unhas divertidas sesións cos xogadores, Juanma Marrube e Iago Miguez do equipo masculino e coa xogadora, Helena García e coa porteira do equipo feminino, Ana Romero.
O xoves 11 de maio tocoulle o turno ao alumnado de 1º ESO A e 2º ESO B. Estiveron co técnico, Julio Delgado e co porteiro, Edu do equipo masculino, e con Cilene Pereira e Shiori Nakajima do equipo feminino. Un luxo poder compartir entreno coas nosas estrelas do fútbol sala. Grazas.
Accede ás fotografías no noso albúm.
Accede ás fotografías no noso albúm.
Sem comentários:
Enviar um comentário