26.2.15

Obradoiro de iniciación ao xadrez

Hoxe remataron as tres xornadas de iniciación ao xadrez da man de Julio Delgado González. Esta actividade forma parte do proxecto de mellora da competencia matemática promovido polo departamento de Matemáticas do IES Perdouro e coordinado polo profesor Manuel Vilariño.

23.2.15

Gañamos outro premio: O Galego na Onda!!!


Hoxe xoubemos que o noso equipo de radio formado polos alumnos/as:
  • Viviane Furtado (1º Bac A)
  • Macarena Ledo (1º Bac A)
  • Simón Rouco (1º Bac B)
  • Laura Semedo (1º Bac A)
  • Elena Valle (1º Bac A)
  • Sergio Rivas  (1º Bac)
  • Sofu Housni (1º Bac)
resultou gañador do certame "O Galego Na Onda", convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. O premio consiste en participar nun programa de radio na Radio Galega, nunha data próxima por concretar.

Moitos parabéns para os gañadores/as!!!, e tamén para os promotores da sección de radio do IES Perdouro: Bernardo e Karina!!!

Adxuntamos a resolución do xurado.

Nas seguintes ligazóns podemos ver mais información:
http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_premios
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/1783/cultura-educacion-presenta-obradoiros-radio-galego-onda#
http://www.xunta.es/linguagalega/o_galego_na_onda

Felicitación do Concello ao IES Perdouro recollida en Crónica3
http://www.cronica3.com/2015/02/o-concello-de-burela-felicita-o-ies-perdouro-por-ganar-o-galego-na-onda-na-sua-segunda-fase/

19.2.15

A Esmorga de IgnacioVilar

O pasado xoves 19 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de visionar  a longametraxe A Esmorga, unha adaptación cinematográfica da novela de Blanco Amor, dirixida por Ignacio Vilar.  Dita actividade foi promovida pola produtora da pelicula en colaboración con Radio Burela e o Concello.

16.2.15

Exposición pinturas góticas da Vila do Medio

O IES Perdouro acollerá dende o 20 de febreiro ata o 20 de marzo a exposición do Colectivo Cultural Buril sobre pinturas góticas da Vila do Medio.
Son 8 paneis explicativos con información e material gráfico sobre as pinturas góticas da igrexa da Vila do Medio.





13.2.15

Entroido 2015

Etiquetádevos no albúm en facebook


Xoguetes tradicionais - 2º ESO

VISITA AO LOCAL DA ASOCIACIÓN ALTAIR CO GALLO DA EXPOSICIÓN DO XOGUETE TRADICIONAL

Este xoves, día 12 de febreiro, estivemos cos alumnos de 2º ESO no local da asociación Altair, que alguns alumnos xa coñecían, para visitar a exposición que tiñan sobre o xoguete tradicional. A exposición correu a cargo de dous artesáns de Lourenzá e a asociación galega do xogo popular e tradicional de Melide prestoulles unha mostra de xoguetes cos cales os alumnos pasaron un rato agradable xogando en grupos.

E por suposto a exposición con xoguetes totalmente artesáns de material que está na natureza ou de refugallo.


Tamén o pasaron moi ben na carrilana. Esperamos que moi pronto podamos facer no IES Perdouro uns talleres para aprender a fabricar os nosos propios xoguetes, co apoio do monitor de Altair, Bruno.

12.2.15

Temos premio!!! Parabéns alumn@s de 3º PDC!!!!

"O MODELO DE NACIÓN DO SÉCULO XXI" RECIBE O PREMIO DE EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS

Un traballo do IES Perdouro gaña o certame convocado en Barcelona



Un grupo de dez alumnos e alumnas de 3º de ESO acaban de gañar o certame convocado por EDUCO-Educación sen Fronteiras para traballos de todo o Estado español centrados nun modelo educativo inclusivo.

A Mención Especial do xurado foi para “Rumotics”, un traballo presentado pola Fundació Comtal- Centre Obert Tria (Barcelona) "pola súa especial calidade e transmisión da mensaxe". Outros catro documentos audiovisuais recibiron o premio por votación popular: Escola Marillac (Barcelona); o Centro CEIP Mestre Valverde Mayo de Mos (Pontevedra); a Asociación Margotu (Bilbao); xunto co do IES Perdouro.

O equipo de Burela realizou en Radio Burela unha cuña radiofónica con dúas partes: a primeira locutada en caboverdiano e a segunda coa súa adaptación para o galego. O equipo pedagóxico do IES Perdouro fai súas as palabras de EDUCO/ESF e coincide coa ONG en que "este é o mellor dos premios, unha infancia e unha xuventude implicada na construcción dunha sociedade xusta, igualitaria e inclusiva que non só comprende o diferente senón que se empapa e aprende para entre todos e todas lograr un mundo mellor".

Os premios consisten en certificados para o alumnado que realizou o traballo, así como equipamento deportivo/lúdico valorado en 500 euros para o centro participante.

O IES Perdouro quere dar as grazas a Radio Burela e ás 688 persoas que apoiaron esta fermosa experiencia: o alumnado e o profesorado dos institutos de Burela, as familias dos adolescentes implicados e moitos dos participantes nas redes sociais do programa de radio educativa.

11.2.15

Centenario Escola de San Román de Vilaestrofe

O mércores, 21 de xaneiro, os alumnos de 1º de bacharelato e 3º PDC visitaron a escola antiga de Vilastrofe en San Román. Ao chegarnos alí, fomos recibidos na entrada do recinto por dous homes, Paco e Leandro. Estes leváronnos a un salón, e nel puidemos ver un curto vídeo de presentación duns actos de celebración do centenario da escola. Entre a información do audiovisual e a presentación do profesor Antón Niñe, soubenos que Leandro Ríos é o presidente da Comunidade de Montes e que Paco Piñeiro sería o ensaista que nos ía contar a "historia" desa escola. O profesor Piñeiro contounos que a escola foi construída no ano 1915 por un home chamado Manel Candia que emigrou a Bos Aires. Posteriormente, arriscando a súa vida, e co diñeiro que gañou vendendo polas rúas, trasladouse ao sur de Arxentina e gañou unha fortuna. Así foi como mandou cartos co obxectivo de construír a escola. Cando xa coñeciamos o mecenas, a seguir fomos pasando por todos eses salóns vendo e recollendo explicacións dunha exposición de fotografía. O que máis me chamou a atención foi que grazas a esa escola unha nena conseguiu a seu soño: que puxesen un reloxo que anunciase a hora a todo o vecindario desde a fachada da escola. O profesor Paco Piñeiro díxonos que o señor Candia foi unha boa persoa, xa que traballou en favor da súa xente máis próxima.

Crónica de Silvera 

6.2.15

VII Concurso Galego de Robótica - 2º premio para alumnos do CM IT

O Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". O VII Concurso Galego de Robótica realizouse durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun robot  que tiña que superar unha serie de retos.

O segundo premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Rosendo Arias Sante, Christian Reigosa Karageorgián e Carlos Santiago Vaz Febrero, alumnos de 1º ano do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.
Categoría de Bacharelato /ciclo medio:
  • 1º Premio           IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra)
  • 2º Premio           IES Perdouro de Burela (Lugo)
  • 3º Premio           IES San Tomé de Freixeiro (Vigo)
Categoría de Educación Secundaria (ESO)
  • 1º Premio           IES A Cachada de Boiro (A Coruña)
  • 2º Premio           IES nº 1 de Ribeira (A Coruña)
  • 3º Premio           IES Agra do Orzán (A Coruña) empatado con IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
Categoría de Educación Primaria (EP)
  • 1º Premio           CEIP de Cervo (Lugo)
Noraboa o Rosendo, Christián e Carlos!!!!


3.2.15

Charla informativa sobre Novas Tecnoloxías - InnovaTE2

Hoxe, 3 de febreiro, os alumnos de 4º de ESO recibiron unha charla informativa dentro do plan de fomento ás TIC da Deputación de Lugo, InnovaTE2, sobre perigos que se poden encontrar en internet. O especialista, César de la Huerga, faloulles dos riscos relacionados coa información, da comunicación interpersoal ou incluso da repercusión económica que pode traer un mal uso dos datos persoais. Tamén se lles advirtiu sobre as adiccións que pode traer un excesivo uso dos teléfonos móbiles, tablets ou ordenadores. Para rematar o técnico deu unha serie de consellos para facer un bo uso da rede.

Crónica de Noa Vizoso López - 4º ESO B


Charla ACTÚA do programa EduEmprende para Ciclos Formativos

A actividade posta en marcha por parte desta Consellería, en colaboración co IGAPE, dentro do Programa EDUEMPRENDE- Actúa 2014-2015,  desenvolveuse hoxe no centro de 9h a 11h co título: A actividade emprendedora como chave para o teu futuro, encontro dirixido ao alumnado de 2º ano dos ciclos formativos. 

Abriu o acto Enrique José Gómez Fernández, Técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e aportou información sobre a motivación para emprender e resolveu todas as dúbidas do alumnado participante en materia de emprendemento. A continuación estivo prevista a participación dunha persoa emprendedora. Nesta ocasión contamos con Luís López Fulgueira, xerente de Industrial Recense, que compartiu co alumnado a súa experiencia persoal, claro exemplo de crecemento, expansión e internacionalización dunha empresa familiar da Pontenova.  Explicoulles a súa vivencia persoal como emprendedor, como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou... 

Con esta actuación trátase de visualizar o emprendemento entre o alumnado como unha opción clara de empregabilidade. É unha acción formativa dirixida ao alumnado dos FP para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal.

Falan de nós na prensa - Finalistas no Concurso de creación Educación Sen Fronteiras

Artigo publicado o 03/02/2015 na Mariña do Progreso

Artigo publicado o 03/02/2015 na Voz da Mariña da Voz de Galicia


2.2.15

San Xoán Bosco 2015 - finais das competicións deportivas

Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na tarde do hoxe.

Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas  modalidades que se ofertaban:
  •     Individuais:  Xadrez e Damas;
  •     Parellas: Construcción de Puzzles;
  •     Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 31 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 2 de febreiro pola tarde, rematando a xornada cunha sesión de aeróbic na que participou todo o alumnado. 

Da organización e coordinación dos Campionatos encargouse a profesora de Educación Física e o profesor de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.

Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:


  • Xadrez: Angel Cayón (2º ESO A)
  • Damas:Antonio Teijeiro (2º ESO B)
  • Puzzles: María Basanta e Laura Fernández (2º ESO A)
  • Baloncesto Mixto: Equipo de 2º ESO A (David, María, Julián, Ángel, Antía e Kesia)
  • Fútbol Sala Feminino: Equipo de 2º ESO B (Denilsa, Simone, Andrea R, Tania e Andrea S.)
  • Fútbol Sala Masculino: Equipo 1º ESO A (Clever, Pol, Miguel, Delvis, David, Adilson e Borja)
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...