Durante os recreos poderedes entregarlles pasta, legumes, fariña, arroz, azucre, aceite, leite, conservas... A recollida rematará o 14 de abril.
12.3.23
Operación Kilo de recollida de alimentos
12.12.22
Ven ao mercadiño de Nadal e fai as túas compras!
- martes 13
- mércores 14
- xoves 15
- luns 19
- martes 20
O grupo organizador, 4º ESO B2, entragará o importe da recadación á Cruz Vermella de Burela.
17.11.22
Doa o que non uses os xoves no recreo
Desde a materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, coa axuda da súa profesora Mª Inés Pérez González, do departamento de Economía, os rapaces están a organizar un mercadiño de Nadal.
Os obxectos doados venderanse nos recreos xusto antes das vacacións de Nadal e o que se recade coas vendas doarase á Cruz Vermella. Polo tanto, trae algo que penses que alguén queira comprar.
Doa e dálle unha segunda vida ao que non uses!
3.6.22
Premios de Edutec Emprende ás ideas innovadoras
26.4.22
16 de abril: Día Mundial do Emprendemento
O emprendemento é, sen dúbida, un dos puntos polos que traballar e loitar no mundo empresarial e laboral e, polo tanto, é aspecto e competencia clave en moitas materias do ensino secundario e de bacharelato. Un mundo en continuo cambio ao que temos que adaptarnos e no que o emprendemento e o autotraballo é, en moitas ocasións, unha opción a barallar e para a que temos que estar formados e preparados xa que abrangue tódolos mercados e áreas de coñecemento.
Departamento de Economía
31.1.18
Charlas sobre Servizos financeiros e Publicidade
Na charla sobre Servizos financeiros informáronnos sobre as contas bancarias, tarxetas de crédito e débito, préstamos, o fondo de garantía de depósitos e outros servizos e produtos financeiros e os riscos que poden supoñer os mesmos.
Despois na charla sobre Publicidade, faláronnos sobre os anuncios publicitarios que vemos día a día na vida cotiá, os tipos de anuncios que podemos presenciar e os dereitos que temos para denunciar calquera anuncio publicitario que non consideremos apropiado. Tamén nos comentaron os principios básicos que debe ter un anuncio para captar a atención do espectador dependendo do que se está tratando vender.
Ademais, facilitáronnos un teléfono de contacto para pedir información sobre calquera destes temas tratados.
O blog onde publicamos o traballo que están facendo os alumnos de 4º de ESO no proxecto Galicons servizos financeiros: Stop abusos bancarios e o seguinte: http://stopabusosbancarios.
18.1.18
Encontro coas asociacións de comerciantes
A Asociación de Comerciantes é unha entidade formada por varios comercios de Burela que entre eles se poñen de acordo para facer actividades e campañas conxuntas que beneficien o comercio e indirectamente a todo.
Foi fundada en outubro de 2011. Esta asociación dinámica organizou moitas actividades ata fai pouco. Actualmente debido a falta de relevo da dirección non está moi activa.
Na charla, Rubén informounos dos obxetivos e funcións que se levaban a cabo por esta asociación, así como das diferentes actividades, eventos e campañas que se organizaron, como por exemplo a Festa Castrexa, os concertos de Entroido, os juernes de tapas...
Sen dúbida algunha, todas estas actividades benefician aos comerciantes pero tamén en boa medida a todo o Concello de Burela.
Sitio web ACIA Burela: https://aciaburela.com
Facebook CCA Burela: https://www.facebook.com/ccaburela






