Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas as mensagens

26.2.24

Maratón de lectura do Día de Rosalía

Todo o alumnado de 2º ESO participou no maratón de lectura do Día de Rosalía organizado en colaboración do Concello de Burela. 

Aquí tedes as imaxes das rapazas e rapaces que leron de forma entusiasta poemas rosalianos durante 45 minutos seguidos. Coa coordinación do seu profesor, Noé Vázquez, o alumnado recitou algunhas das composicións intimistas, sociais e costumistas máis coñecidas da autora da que se conmemoraba o día do seu nacemento. 


23.2.23

Día de Rosalía 2023

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía xa que é a data do aniversario do nacemento da autora. 

A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propón regalar nesta data un libro e unha flor e ademais anímanos a ler o manifesto que prepararon para este ano 2023. 

Podes lelo e publicalo nas túas RRSS. Esta é a parte final do manifesto de Carme Adán que nos fai reflexionar sobre a necesidade de denunciar as inxustizas do noso tempo: 

"Dos moitos legados de Rosalía de Castro, destacamos un, o da filósofa que sabe libre o seu pensar e non cede ante as cadeas impostas. Rosalía ensinounos da liberdade do pensamento que se afunde na realidade para interrogala por un futuro mellor. Se só cantamos as pombas e as flores, as luces de cores dos nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma? 

Se desoímos os berros do noso tempo, de que teremos a alma?" 

Podedes descargar ou ler o manifesto completo neste enlace

Animade ao voso alumnado a ler poemas de Rosalía ou a parte que máis lles guste do manifesto anterior. Se o facedes na aula e o gravades, enviade os vídeos á vicedirectora para publicalos. 

#cumpriuseaxustiza #rdc_2023


23.2.22

Día de Rosalía 2022

 O 23 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento da nosa poetisa máis coñecida, Rosalía de Castro. Este ano modificouse a data da conmemoración do Día de Rosalía, que antes se celebraba o 24 de febreiro, día do seu bautismo. Agora sábese que ela naceu o 23 de febreiro, razón pola que se cambiou o Día de Rosalía para esta data. 

Para coñecer algo máis a obra desta autora, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato asistirá a un musical recitado que terá lugar ás 13:15h na Casa da Cultura de Burela. 

Por outra banda, rapazas e rapaces de 4º ESO elaboraron videopoemas con versos da autora. Presentámosmovos o de Laura González Freire e o de Silveria Patricia Varela Rocha.

Podedes ver tamén nestes enlaces os videopoemas de Paula López Martínez e Sara Pedreira González.

24.2.21

Celebramos o día de Rosalía

Celebramos o día de Rosalía de Castro cun recital poético recollido na nosa canle de YouTube: 

Podes visualizalos aquí

 

 

 

 

RECITADOS

1º ESO A "Unha vez tiven un cravo"


1º ESO B "Por que, miña almiña"


1º ESO C "A un batido, outro batido"


LECTURAS 2º E 3º ESO : "De balde" & "Quíxente tanto, meniña"


4º ESO


LECTURAS DE 4º ESO E BACHARELATO 

RECITADOS 1º BACHARELATO 

"Tal como as nubes"

"Non coidarei xa os rosales"

"Eu direivos"


23.2.19

Día de Rosalía de Castro - Encontro con Antía Yáñez

Onte estivo Antía Yáñez, ex alumna do centro e enxeñeira de Camiños, visitando o seu colexio da infancia e os institutos de Burela. Antía foi recibida na biblioteca por un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO  que leron varios poemas de Rosalía de Castro. A Continuación deuse paso á lectura do Manifesto do Día de Rosalía de Castro a cargo do alumnado de 1º CS Administración e Finanzas. Logo a escritora e convidada do día contestou a unha batería de preguntas que lle tiña reservada o alumnado de 2º de ESO sobre a súa participación en certames literarios, a súa formación como escritora nobel, a súa inspiración á hora de escribir, temática, persoaxes, a súa paixón pola lectura dende moi pequena. Preguntaron tamén pola segunda parte do Misterio de Portomarín (Galaxia, 2016) que se chamará o Misterio do Torque de Burela. Falou da súa novela para adultos Senlleiras  (Galaxia, 2018) e da obra infantil A Reconquista (Baia, 2018), merecedora do premio Fina Casalderrey pola Igualdade. Tamén anunciou próximas publicacións pendentes como Be water. No final do encontro, houbo tempo para as dedicacións e Antía asinou uns cantos exemplares. 
Foi un acto emotivo no sentido de que Antía, alumna do centro, usuaria da biblioteca e oínte de moitas charlas que organizamos, se convertise en protagonista esta vez e blanco de todas as miradas entre as paredes que a viron medrar.

Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Tamén podes escoitar o programa especial que fixemos en Radio Burela previamente a súa visita sobre Antía Yáñez.

g

16.2.19

Día de Rosalía de Castro con Antía Yáñez

VISITA DA ESCRITORA VENRES 22 de 12:30 a 13:15h
  • Lectura do manifesto da AELG 
  • Video Recital "Recordando a Rosalía" a cargo do alumnado de 1º de ESO
  • Entrevista a Antía Yáñez a cargo do alumnado de 2º de ESO 


24.2.18

Celebramos o Día de Rosalía na biblioteca do IES Perdouro

Pequeno adianto da celebración do Día de Rosalía na biblioteca do IES Perdouro.
#AbrideAFiestra. Deuse lectura ao manifesto da AELG. Contouse coa actucación musical en directo de Moreninhas, de Flávio e do Trío da Banda Dambara e coa proxección de videopoemas feitos polo alumnado. 

23.2.18

Recitando a Rosalía de Castro en francés

Os alumnos de 1º de Bach. de Francés grabaron o seguinte videopoema para lembrar o día de Rosalía. O Poema escollido por eles foi "Silence".

18.2.18

Abride a fiestra. Día de Rosalía no IES Perdouro

Recollemos da web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o seguinte comunicado: Conmemoración do Día de Rosalía de Castro. 

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.

Cada ano a AELG encomenda a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que calquera entidade ou colectivo queira organizar para celebrar o Día de Rosalía de Castro. 

Este ano foi María Reimóndez a encargada da elaboración do seguinte manifesto.

Sumámonos as celebracións facendo un pequeno acto o venres 23 de 11:20 a 12:20 coa lectura do manifesto, a actuación musical en directo de alumnos e a proxección de videopoemas. 

24.2.17

Rosalía de Castro

O alumnado inmigrante recén chegado leu a Rosalía e fixo un videopeoma coa axuda de Virxinia e Daniel.

28.2.16

Recital Día de Rosalía na Casa Museo de Manuel María


O EDLG participou o sábado 27 de febreiro no recital poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei, con dous alumnos de 1º de Bacharelato, Enya Riveira e Andrés Andrade
Participaron nesta fase final un total de 133 estudantes de toda Galiza, en 4 categorías, de Infantil a Bacharelato, que recitaron poemas de Rosalía e Manuel María, o escritor ao que este ano se dedican as Letras Galegas.
Na lingua que eu falo

23.2.16

Recitando a Rosalía de Castro en francés

Co gallo de celebrar o nacemento da poeta, Rosalía de Castro, o alumnado de 1º de bac. fixo esta fermosa pequena homenaxe.

17.2.16

#MobilizaRosalía

CartelBaseAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016-150_001A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

#MobilizaRosalía. 
O Día de Rosalía de Castro nas redes sociais.
 
Mobiliza Rosalía

24.2.14

Lendo a Rosalía de Castro

O alumnado de 3º ESO participou nun recital poético sobre Rosalía de Castro no día en que se conmemora a súa figura. 


23.2.14

Feliz día de Rosalía!! 24 de febreiro

Co gallo de celebrar o nacemento da poeta, Rosalía de Castro, o alumnado de 1º de bac. fixo esta fermosa pequena homenaxe.


A AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) propón que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. 

15.10.13

Rosalía ... para escoitarmos

No 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, desde a Coordinadora de traballadores e traballadoras da normalización da lingua chéganos esta selección de recursos en audio arredor da figura e da obra da autora:

"Rosalía para todos os gustos! Rosalía en todos os estilos! Pop, hip hop, muiñeira, rock, jazz, música antiga, tradicional, blues, fusión... Rosalía para tod@s!

20.6.13

Festival final de curso - EDNL

Miruca Parga, coordinadora do EDL, levou a cabo na biblioteca do centro e coa colaboración do alumnado de 3º de ESO un festival de recital e de espectáculo.

A actividade inicouse cun recital de video-poemas elaborados polos propios rapaces de 3º PDC sobre Rosalía de Castro co gallo de celebrar o 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos".

E a continuación, representaronse tres das obras de monicreques escritas e postas en escena polo alumnado de 3º ESO e 3º PDC coa axuda de Ton Arenas. A biblioteca estaba ao borde do colapso e puidemos retornar algúns de nós a tempos da nosa infancia. 

Grazas rapaces por este momento de risas e ilusión!!! Noraboa e seguide traballando con tanta imaxinación!!

19.2.13

Día de Rosalía - 24 de febreiro

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Rosalía naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885 á idade de 48 anos.

Nos seus primeiros anos vivíu nas vilas rurais de Ortoño e Padrón.A Rosalía, na escola, gustábanlle moito o debuxo, a música e recitar. 

Con 19 anos trasládase a Madrid e alí casou cun xornalista galego chamado Manuel Martínez Murguía. Con el tivo seis fillos. 

Viviu en moitos lugares debido á profesión do seu marido: Madrid, Lugo, Simancas, a Coruña, Santiago, Lestrobe, Estremadura, Alacant…

Rosalía de Castro foi poetisa e novelista en lingua galega e castelá. Foi a escritora máis importante do Rexurdimento da literatura galega no século XIX. Foi a autora de "Cantares galegos" (1863),  un dos primeiros libros enteiramente escrito en galego da Idade Contemporánea. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase por ser a data de edición da súa obra Cantares galegos.

Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita. Filla de nai solteira. Adicou a súa vida á literatura. Morreu de cancro moi nova, aos corenta e oito anos, na súa casa de Padrón, que hoxe é un museo que se pode visitar.

Maila que pediu que os seus restos descansaran no seu cantado cimeterio de Adina, o seu corpo foi trasladado ao Panteón de Galegos Ilustres no Convento de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela), onde actualmente se atopa.

Este ano celebramos o 150 aniversario da publicación de "Cantares galegos".

Información sacada do CEIP Nosa Sra. de Xuvencos, e se queres saber máis preme aquí.

Máis recursos sobre Rosalía aquí.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...