30.10.15

Charla sobre acoso escolar - 4º ESO

O xoves 29 de outubro, o alumnado de 4º de ESO e Ciclo Medio de Peiteados e cosmética capilar asistiu na biblioteca do centro a unha charla preventiva sobre Acoso escolar impartida polo Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo explicar aos rapaces a importancia de contar sempre os casos de acoso, de non calar e de axudar sempre a víctima.

VI Día da Ciencia en Galego

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL organiza a videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida por Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), especialista en neurofisioloxía da Uuniversidade da Coruña. Breve nota biográfica.
 
Sinopse da conferencia: Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

28.10.15

Alumnado de 4º de ESO visitan a rotativa do Progreso e a Casa museo de Manuel María.

O martes, día 27 de outubro, o alumnado de 4º ESO viaxou ata Lugo para visitar a rotativa do xornal O Progreso de Lugo que foi fundado en 1908 por Purificación de Cora e Mas Villafuerte. Despois dunhas explicacións gráficas, o grupo de alumnos visitou as diferentes partes das instalacións do xornal.

Xa pola tarde, os alumnos achegaronse ata a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado das Letras Galegas 2016.

A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Relixión e o EDLG.

26.10.15

‘Explorística’ para achegar a ciencia estatística aos alumnos

O pasado venres 23 de outubro os alumnos de 2º de ESO viaxamos a Lugo co propósito de visitar a  exposición divulgativa ‘Explorística: Aventuras na Estatística’ no Pazo de San Marcos, mostra que nos permitíu achegarnos a conceptos de Estatística e Probabilidade de xeito experimental. Fixemos actividades interactivas relacionadas coas matemáticas e coa axuda de noso profesor de mates, Manuel Vilariño, entendimos e razoamos.

Aproveitando que estábamos na capital da provincia, visitamos a Catedral de Lugo da man de Maribel Crecente, a nosa profesora de Ciencias Sociais, e paseamos pola Muralla. Enterámonos de moitos temas que non sabiamos, e explicáronnos moitas cousas que non entendiamos. Realizamos actividades con fichas nos dous sitios. Logo fomos ás Termas e os profesores deixáronnos tempo para que nos divirtáramos. Despois diso voltamos para Burela. Foi unha actividade moi boa para todos os alumnos porque disfrutamos coas actividades e o tempo libre que tivemos.

Adilson Somedo Varela 2º A

25.10.15

Alumnos do Ciclo Medio de Imaxe Persoal visitaron a expofeira internacional de beleza e estética este fin de semana en Madrid.

Alumnos do Ciclo Medio de Imaxe Persoal visitaron a expofeira internacional de beleza e estética este fin de semana en Madrid.

Máis de 1.200 marcas nacionais e internacionais relacionadas co mundo da beleza están presentes en Ifema con motivo da celebración da 18ª edición do Salón Look Madrid, a feria da Imaxe e Estética Integral.

O salón, que terá lugar ata o vindeiro día 26 de outubro, conta tamén con 370 empresas expositoras directas, que mostrarán ao visitante a súa oferta de innovacións e os seus últimos lanzamentos, segúndo informaron en Ifema, entidade organizadora, no comunicado de prensa.

Firmas como Cyclone, Keenwell, Nyxx, Alessandro, Moroccanoil ou Sisheido, referentes en estética, maquillaxe, uñas ou peluquería estarán presentes, entre outras, nun salón que tamén acollerá numerosas ponencias de eminencias en beleza con motivo da oitava edición do Congreso de Estética.

Prestixiosos expertos como as doutoras María Vitale, Concepción Llorens, Sandra de Oliveira ou Gloria Sabater; as esteticistas Consuelo Silveira, Rosa María Cruz e Cristina Galmiche; a especialista en marketing, Sonia Bonhevi e a profesora brasileira Cacia Rusenhack estarán presentes nas diferentes mesas redondas e ponencias no congreso.

Ademáis no pavillón 14.1 de Feria de Madrid -fogar habitual da Fashion Week Madrid-, se situará a pasarela Hair Look, donde se desenvolerán exhibicións de peluquería a cargo de destacadas figuras nacionais e internacionais.

Asimismo, Salón Look Madrid 2015 acollerá a cuarta edición da Galería de Innovación, donde se mostrarán as propostas máis revolucionarias do mundo pertencentes aos sectores de cosmética natural, estética, peluquería, medicina estética, uñas e maquillaxe.

21.10.15

Programa KTORCE-18 - Programa de prevención de condutas infractoras, lei do menor

Celebrouse o martes, día 20 de outubro, unha charla divulgativa para alumnos de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Ana Pérez Figueroa, Educadora Social e Coordinadora da Área de Conflito Social da Asociación ARELA, foi a responsable de impartir o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores ós seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.

Coas charlas pretendense prever as condutas infractoras máis salientables nos adolescentes (o acoso escolar, o uso inadecuado das redes sociais ou das imaxes dos seus amigos e compañeiros, a violencia no ámbito doméstico,…), explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.

A relatora tratou cuestións como a chegada a un xulgado de menores, as medidas xudiciais que se poden impoñer a un menor de idade, os delitos máis frecuentes cometidos entre menores de idade, o papel da familia, as consecuencias para os pais (responsabilidad civil) ou os lugares a onde dirixirse en caso de problemas.

A Asociación ARELA leva 17 anos traballando no desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

Novidades en BiblioPerdouro

Entren e vexán as últimas adquisicións na biblioteca. Velaquí un adianto: lecturas para adultos, clásicos da literatura universal, literatura xuvenil, científica, etc...

20.10.15

Ruta Samos - O Cebreiro 3º ESO

O xoves 15 de outubro os alumnos e alumnas de 3º da ESO saímos do Instituto ás oito e media da mañá cara a Samos. Chegamos alí ao redor das 10,45 e o primeiro que fixemos foi tomar un pequeno bocado de mediamañá. En Samos ía moito frío pero a medida que transcorría a mañá esta sensación foi desaparecendo. Ao rematar de comer, collemos rumbo á Capela do Ciprés, denominada así pola grande e alta árbore que ten ao seu carón.

Despois dunha breve información sobre este lugar, volvimos ata o Mosteiro e, unha vez dentro, un monxe explicounos distintas historias sobre as súas pinturas, a pequena fonte central que ten o xardín e o incendio que sufriu o edificio hai moito tempo, no cal morreu un neno. Ao rematar a visita, fomos xantar.

Cando eran as dúas e media continuamos a nosa viaxe cara ao Cebreiro. O primeiro que vimos alí foi o albergue, onde paran moitos peregrinos ao longo do ano. A continuación fomos visitar o Santuario de Santa María A Real, previa explicación da súa historia. Unha vez dentro, puidemos ver varias biblias traducidas a diferentes idiomas e unha pía bautismal.

Ao rematar de velo todo, fomos camiñando un pequeno treito do Camiño de Santiago onde nos atopamos con varios peregrinos. Cando chegamos ao límite con León puidemos ver unha paisaxe moi fermosa e puidemos sacarnos unha fotografía de grupo.
  
Cando voltamos ao autobús puxémonos en camiño cara a Lugo para parar no Centro Comercial As Termas. Despois dun bo tempo alí, volvimos para Burela. 

Laura Fernández Galán – 3º ESO A


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...