26.5.17

Visita formativa a Dielectro

Un grupo de 16 alumnos dos CF de Administración visitou a PLA -plataforma loxística de Arteixo- de Dielectro Industrial con máis de 100.000 referencias en material de instalacións eléctricas e climatización. Aí chegan as mercancías dos provedores europeos na súa maioría para a súa posterior distribución e reparto.

Foi a ocasión para o noso alumnado de coñecer de primeira man un sistema automatizado de almacenaxe pensado para minimizar o espacio utilizado e obter un máis alto nivel de eficiencia e produtividade na preparación de pedidos.


A plataforma, con máis de 15.000 m2 e operativa as 24 horas do día, conta con un sistema de loxística de última xeración, uno dos máis avanzados de Europa: dúas zonas automatizadas e unha zona de almacenamemto clásico con operarios. Son 10.000 m2 de almacén e, uns 3.000 m2 de espazo aberto son para a descarga de mercancías antes da súa colocación no almacén. 

Teñen un mini-load, (80m. de largo x 16m. de ancho x 12m. de alto), un almacén automático con  estructura de columna doble e tres carousels para o desprazamento das mercancías en cargas lixeiras.
O mini-load recolle e deposita as cargas individuais en caixas de almacenamento dentro dos estantes. Hai unhas 16.500 caixas de 80x60x20 cm. onde se almacenan artigos de tamaño mediano. Os robots-carousel optimizan o espazo e poñen as caixas que máis saen adiante e as que menos atrás.  
Teñen outros catro almacéns verticais de dúas columnas para pezas de pequena dimensión con uns 10.000 artigos. A propia máquina indícalle ao operario onde ten de coller a peza do pedido e fai un inventario contínuo.

No campo da loxística, a preparación de pedidos é o proceso de recollida de material extraendo unidades ou conxuntos empaquetados dunha unidade de empaquetado superior que conten máis unidades que as extraídas. En xeral, o proceso no que se recolle material abrindo unha unidade de empaquetado feito por operarios totalmente automático, rápido e seguro con produtividade elevada.

Na estación de saída, tres operarios a dous tornos recollen das caixas os artigos do pedido, esto é o que chaman o proceso de separación. Fan ata 4.000 liñas de separación ao día.

Dixéronnos que as máquinas fan o 70% do proceso.

Unha visita de moito proveito onde fumos moi moi ben recibidos e onde nos contestaron moi amablemente a todas as nosas preguntas.

Accede ás fotografías no noso albúm.

25.5.17

Ciclos Formativos - Portas Abertas 2017 para o IES Monte Castelo

O 24 de maio, as aulas dos Ciclos Formativos do IES Perdouro abriron as súas portas ao alumnado do IES Monte Castelo para dar a coñecer a súa oferta educativa. 

Alumnos de 3º de ESO e 1º Bach do IES Monte Castelo acompañados pola súa profesora de Tecnoloxía e pola Orientadora foron recibidos na biblioteca Santiago Pérez, director, e pola nosa orientadora, Loly Chas, que lles programou un percorrido didáctico guiado polas instalacións das catro familias profesionais que ofrece o noso centro. Foron acollidos polos xefes de departamentos e por algún profesor das especialidades. O profesorado de FP explicoulles a carga horaria dos módulos impartidos, as actividades prácticas realizadas, a FCT e as posibles saídas laborais dos ciclos formativos de grao medio e superior. 

Accede ao noso álbum fotográfico aquí. 

2º FPB 16/17

Diego Rey González, titor de 2º de FPB, traballou ao largo deste ano cos seus alumnos nos módulos de:
  • Fontanaría e calefacción básica
  • Montaxe de equipamentos de climatización
  • Redes de evacuación
No video tedes unha mostra do traballo realizado por todos eles. Da fe dun bon traballo de equipo.

24.5.17

Fallo premio Concursos Os Matos 2017

O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:

"XI Concurso literario" da As. Cultural Os Matos - Tema "O leite é a vida”

CATEGORÍA 1º e 2º ESO:   
  • 1º premio: Diego Ferreira Martín (2º ESO A)
  • Accedits: Daniel Piqueras Valle (2º ESO A) e Alejandra Alonso Fernández (2º ESO A)
CATEGORÍA 3º e 4º ESO: deserto

CATEGORÍA 1º e 2º Bach.: deserto

"IX Concurso de Imaxe" da As. Cultural Os Matos - Tema "O leite é a vida”

CATEGORÍA 1º e 2º ESO:
  • 1º premio: Alba Geada Bernal (1º ESO A)
  • Accedits: Hugo Cobas Linares (1º ESO A) e Adrián Fernández Casas (2º ESO A)
CATEGORÍA 3º e 4º ESO:
  • 1º premio: Carmen Pernas Pernas (3º ESO B )
  • Accedits: Raisa Rivera Chonate (3ºESO B) e Laura Pernas Pérez (3º ESO B)
CATEGORÍA 1º e 2º Bach.:
  • 1º premio: Mario Cordido García (1º Bach. A)
  • Accedits: María Areán Maseda (1º Bach. A) e Itziar García Cruz (1º Bach. B)

23.5.17

Despedida 2º de Bach. 2017

O luns, día 22 de maio, celebrouse a cea de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato. Sorte para o que segue!


Andrea Alvite López, Andrés Andrade García, Antía Baño Rodríguez, Alicia Basanta Val, Angel Cerdeiro Rodríguez, Iria Cordido Fanego, Sara Cordido Requejo, Lara Escourido Rodríguez, María  Fernández Fernández, Ainoa López Abad, Paula López García, Artur Penabade Cociña, Marta Porto Rodríguez, Andrés Quiroga Rivas, Andrea Ramos Piñeiroa, Tamara Rico Berdeal, Enya Riveira López, Iago Rodríguez Hernández, Andrea Rodríguez Orol, Noa Vizoso López.

Marta Porto Rodríguez leva matrícula de honra. Parabéns!

Pica aquí para visualizar o albúm de fotos. 

Abrazo poético: Mercedes López Losada

Mercedes recita  "Gozo da lingua"

REIVINDICACIÓN AFORTUNADA

No pasado mes de marzo, o Presidente da República de Cabo Verde estivo de visita institucional na nosa terra. En Santiago de Compostela foi recibido polo Goberno Galego co Presidente Alberto Núñez Feijoo á cabeza e outro tanto ocorreu no Concello de Santiago coa corporación municipal presidida por Martiño Noriega. Ao día seguinte, acompañado pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana, Jorge Carlos Fonseca visitou Burela, onde tamén foi recibido na Casa do Concello e onde compartiu un encontro coa comunidade dos seus compatriotas asentados na Mariña.

Precisamente neste encontro coa comunidade caboverdiana, mentres o Presidente coñecía a experiencia radiofónica de Silvera Vicente de Oliveira e Edilson Sanches Tavares, foille presentada a reivindicación de apoio para a divulgación da literatura do seu país entre a poboación da Mariña, especialmente entre os mozos e mozas en idade escolar. Sen maiores dilacións, Jorge Carlos Fonseca -recoñecido escritor nos países de ámbito lusófono- pediu ao seu agregado cultural -o tamén escritor Joaquim Arena- que tomase nota da reivindicación para tentar atendela.

Poucos días despois, o equipo do programa Proxecto Neo, de Radio Burela, xa tiña  diversas referencias de escritores e escritoras de Cabo Verde con disposición a colaborar na divulgación das súas creacións literarias a través das ondas. Así foi como se coñeceu na Mariña a recente publicación dun libro colectivo titulado Abraço Poético Cabo Verde-Galiza, unha obra impulsada desde Lugo por José Estévez e desde Praia por João P.C. Furtado.

A maxia das ondas permitu o primeiro contacto entre media ducia de mozas e mozos de entre 12 e 14 anos, estudantes no IES Perdouro, coa escritora Amália Faustino, quen lles deu a coñecer o seu perfil profesional e literario. No final da entrevista, recitoulles uns poemas, tanto na súa versión orixinal (en lingua caboverdiana) como na versión galego-portuguesa.

Nesa mesma entrevista, a Profesora Faustino tivo tamén a oportunidade de falar directamente con Álex Landim Correia, estudante do bacharelato de Artes no IES Monte Castelo e decurso da conversa surxiu espontaneamente a posibilidade de que o mozo caboverdiano se ocupase das ilustracións dun próximo libro da escritora do seu país.

Agora, entre os días 22 e 25, os alumnos e alumnas da radio escolar, o estudante de Artes e a escritora Amália Faustino van manter un encontro presencial en Burela.

A primeira das actividades públicas foi unha intervención poética que se celebrou o martes 23 de maio no patio do IES Perdouro, ás 11:45 da mañá. Ademais de Amália Faustino, recitaron os seus poemas Celestino Ben Barcia, Mercedes López, Ramón Reimunde e Carme Cociña.

O mércores, ás 20:00 horas, a escritora participará noutro acto público, desta vez no local de Batuko Tabanka (R/ do Río), onde gozará da música tradicional do seu país interpretada por Batuko Tabanka e Rabentola.

Accede ás fotografías no noso albúm.

19.5.17

Programa KTORCE-18 - Programa de prevención de condutas infractoras, lei do menor

Celebrouse o xoves, día 18 de maio, unha charla divulgativa para alumnos de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Chelu, Educador Social, impartíu o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores aos seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.

Coas charlas pretendense prever as condutas infractoras máis salientables nos adolescentes (o acoso escolar, o uso inadecuado das redes sociais ou das imaxes dos seus amigos e compañeiros, a violencia no ámbito doméstico,…), explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.

O educador tratou cuestións como a chegada a un xulgado de menores, as medidas xudiciais que se poden impoñer a un menor de idade, os delitos máis frecuentes cometidos entre menores de idade, entre eles explicou casos reais de bullying, ciberbullying, sextorsión, uso inapropiado de redes sociais, roubos, delitos relacionados coa seguridade viaria, delitos relacionados coas drogas, abuso e agresións sexuais,…etc, co obxectivo de concienciar ao alumnado das consecuencias que poden ter ditos actos. Faloulles do papel da familia, das consecuencias para os pais (responsabilidad civil) ou dos lugares a onde dirixirse en caso de problemas.

A Asociación ARELA leva 18 anos traballando no desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.

17 de mai - Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Nós tamén damos un gústame á diversidade! Rexeitamos o odio. Difundimos polas redes sociais o noso respecto á diversidade sexual e a nosa tolerancia. 

3º ESO - 17 maio Contra a Homofobia e a Transfobia


A Xunta de Galicia lanza en redes sociais a campaña Like pola diversidade, con motivo da conmemoración do Día internacional contra a homofobia e a transfobia e do Día mundial de internet. 
A iniciativa consistirá na escrita de posts en favor da diversidade sexual durante a semana do 16 ao 21 de maio. O servizo Quérote+ lanzará as mensaxes e traballará cos centros educativos para que o equipo docente e o alumnado se convertan nun axente activo na súa difusión.

18.5.17

Abrazos poéticos no IES Perdouro

A escritora caboverdiana Amália Faustino estará de visita en Burela entre os próximos días 22 e 25 de maio. Con este motivo -tal vez a primeira ocasión en que un escritor ou escritora caboverdiano residente no arquipélago visite a comunidade de compatriotas aquí asentados desde 1978-, o IES Perdouro organizou unha intervención educativa coa poesía como elemento de relación fraternal entre os pobos.

Ás 11:45 da mañá do próximo martes, día 23 de maio, o alumnado reunirase no patio do centro escolar, onde coñecerá a escritora convidada e con ela compartirá un recital de poesía. Ademais das composicións propias de cada unha das persoas que recite, tamén está prevista a declamación conxunta do poema "Irmáns!, co que Celso Emilio Ferreiro defendeu a convivencia entre os diferentes pobos do mundo ("Por encima de muros e valados, como un irmau che falo").

Dado que entre o alumnado do IES Perdouro existe unha porcentaxe elevada de mozos e mozas de procedencia inmigrante, nos últimos anos o centro escolar realizou un grande esforzo humano e económico para o fomento dunha educación inclusiva. Por esta iniciativa innovadora, tanto colectivamente o centro como individualmente varios alumnos e alumnas recibiron diversos premios outorgados por entidades públicas e privadas.

Nacida na Calheta de San Miguel (na Illa de Santiago, a mesma en que está Praia, a capital), Amália Faustino é licenciada en Estudos Caboverdianos e Portugueses e ampliou estudos coa licenciatura en Educación (Na Universidadade do Miño, en Braga) e co Mestrado nesta área (na Universidade Clásica de Lisboa). Profesionalmente, ten experiencia educativa en todos os niveis: do ensino primario (en diversos puntos da Illa de Santiago), pasado polo secundario para chegar á docencia universitaria. 
No referente á literatura, aínda que confesa ter escrito poesía desde os 14 anos, Amália Faustino di que a seguridade para publicar chegoulle tardiamente, con motivo dun curso de especialización realizado na Universidade de Cabo Verde por volta de 1990. En 2015 obtivo mención no Premio Internacional da Poesía Nosside (Alianza Global para a diversidade cultural) celebrado na rexión italiana de Calabria, onde foi a única representante das terras africanas.

Informacións complementares:

1.- Entrevista con Amália Faustina, feita no programa de Radio Escolar: http://www.ivoox.com/proxecto-neo-192-6-quique-roxios-amalia-faustino-audios-mp3_rf_18235274_1.html (minutos 42:00 a 60:00)

Daniel Piqueras Valle, 3º premio Olimpíada Matemática Galega

O noso alumno Daniel Piqueras Valle de 2º de ESO acadou o 3º premio da Olimpíada Matemática Galega convocada pola Asociación Galega do profesorado de Educación Matemática.
A fase final da Olimpíada Galega tivo lugar esta mañá no Círculo das Artes de Lugo. Os 40 finalistas tiveron que facer valer as súas maiores destrezas na resolución de problemas.


Ao estar entre os tres primeiros, Daniel clasifícase para a Olimpíada Matemática Española que se xogará en Valladolid a finais de xuño.

O 1º premio foi para Brais Rodríguez Rodríguez do IES Río Cabe de Monforte, e o 2º premio, para Lara López Suárez do IES Xulián Magariños de Negreira.


17.5.17

Alumnas de 1º de Bach na Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo

Expedición á cavidade cárstica máis importante de Galicia: a Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo

Un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela acompañadas por Lucía Martínez, a súa profesora de Bioloxía, desprázouse ata Mondoñedo o martes 16 de maio co propósito de ampliar o seu coñecemento en materia de Xeoloxía na Cova do Rei Cintolo, o maoir complexo cárstico de Galicia, con máis de 6.500 metros de galerías. Alí realizaron un percorrido en forma de U sobre un tramo de uns 300 metros. Son dúas galerías paralelas e unha baixada pronunciada que leva á sala de choivas.

Da man de María Luisa Barros Rodríguez, directora da Escola Galega de Espeleoloxía, as alumnas descubriron o encanto que encerra este tesouro da xeoloxía galega. A guía explicoulles o gran número de formacións cársticas que se ven dentro: estalactitas, estalagmitas, columnas, coladas, bandeiras, gours, o ollo de fechadura entre outras asi como o seu lago.

Logo de dúas horas de exploración, as rapaces quedaron encantadas coa visita que lles permitiu concienciarse do perigo que corre o deterioro do medio cárstico en Galicia e sensibilizarse pola conservación deste medio.

A cavidade é obxecto de distintas lendas como, por exemplo, a que lle da nome á cova. Esta lenda conta que o Rei Cintolo, dono e señor do Val de Brea, tiña unha fermosa filla chamada Xila, que estaba namorada dun conde. Pero un bruxo estaba celeso dese amor e sepultou o reino de Cintolo no interior da terra. Segundo a lenda, a fermosa princesa aínda espera que un cabaleiro valente a volva á vida.

Accede ás fotografías no noso albúm.

Feliz Día das Letras Galegas


16.5.17

Roteiro arqueolóxico por Burela

O pasado 30 de marzo, unha parte do alumnado de 3º ESO e todos os de 1º de FP básica participaron nun roteiro arqueolóxico local promovido polo Concello de Burela e guiado por Manuel Miranda, presidente da Asociación Mariña Patrimonio. O percorrido iniciouse no hipocausto, restos dun sistema de calefacción dunha casa romana, recentemente escavado e posto en valor, así como o castro situado na mesma zona do Castrelo.
De seguido, o grupo achegouse ao Cabo Burela, onde poideron coñecer a ubicación dos dous castros que hai nesa zona: o máis grande, os dos Castros, do que xa non se aprecian vestixios a simple vista debido ás edificacións levantados sobre el;  e o máis pequeno, situado na punta do cabo, onde pode aínda apreciarse os posibles torreóns de entrada, coñecidos popularmente como “Tetas da Vinculeira”, así como unha curiosa pía rectángular que se pode atopar nos penedos graníticos que hai xunto ao paseo marítimo.
A xornada rematou dentro deste castro, con algúns alumnos vestidos ao xeito castrexo, con reproducións do torques, puñais de antenas e panos prendidos con fíbulas.

Antonio Blanco - profesor de Xeografía e Historia

Accede ás fotografías no noso albúm.

"O Espantallo Amigo" de Neira Vilas, a nosa versión

Contribución do alumnado de 2º ESO B de Oratoria para celebrar o día das letras galegas:


15.5.17

Charla sobre espeleoloxía

María Luisa Barros Rodríguez, directora da Escola Galega de Espeleoloxía, impartíu esta mañá na biblioteca unha charla divulgativa sobre espeleoloxía, unha mistura entre deporte e aventura no centro da terra, co propósito de preparar o alumnado de 1º de Bach. á visita á Cova do Rei Cintolo.

Faloulles da formación das covas en xeral, da súa exploración así como do equipamento esencial dun espeleólogo.

Accede ás fotografías no noso albúm.

A ESPELEOLOXÍA É UN DEPORTE que ten por obxeto a exploración e o estudio das cavidades subterráneas, reunindo toda unha serie de características que fan de ela “máis que un deporte”.

O ESPELEÓLOGO TRABALLA EN EQUIPO, con coraxe deportiva, desexo de explorar estas paisaxes únicas, respectalas e dalas a coñecer.

UNHA AVENTURA NUN MUNDO DISTINTO dende o primeiro momento. A cavidade desenvólvese dun xeito totalmente distinto ao que o home está acostumado: escuridade absoluta, humidade, frío, auga, xeo, grandes galerías, salas, pozos, pequenos e estreitos pasos.

A FORMACIÓN DAS CAVIDADES desenvólvense principalemente en rochas calcáreas coa axuda da auga e máis o dióxido carbónico. Tamén hai covas de yeso, sal, xeo, granito e covas volcánicas pero son menos frecuentes que as covas de caliza. En Galicia teñen gran importancia as cavidades graníticas e as “furnas” que son as cavidades que se forman na costa.

HAI VARIOS TIPOS DE CAVIDADES NATURAIS, segundo o seu desenvolvemento as cavidades pódense agrupar en dúas categorías: a vertical, chamada furada ou sima e a horizontal que chamamos pala, cova ou espenuca. Furada ou sima é unha cavidade esencialmente vertical onde a progresión faise por corda. Se poden atopar galerías horizontais pero predominan os pozos. Pala, cova ou espenuca, é unha cavidade onde predomina o desenrolo horizontal, no seu interior se poden atopar galerías, salas e pequenos pozos.

EQUIPAMENTO BÁSICO DE EXPLORACIÓN As covas se caracterizan por as condicións interiores de humidade, auga, falta de luz, acumulación de terra, barro e pasos estreitos. Daquela, o primeiro a ter en conta é o uso dun casco protector con iluminación para protexer a cabeza, o resto da
equipación, mono exterior, roupa interior térmica, botas de auga e luvas serven para protexernos da humidade e do entorno abrasivo.

A FEDERACIÓN GALEGA DE ESPELEOLOXÍA é a entidade que reúne e coordina tódalas Entidades e Seccións de Espeleoloxía radicadas na Comunidade Autónoma. O colectivo de espeleólogos está agrupado en clubes espallados por toda a xeografía cun desexo xeral: explorar covas e simas por todo o mundo.

Acrosport

Figuras de Acrosport. Que é o acrosport?
É un deporte que combina acrobacia e coreografía. Trátase dunha modalidade deportiva incluida na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Gimnasia desde 1999.
No acrosport existen tres elementos fundamentais:
a) Formación de figuras ou pirámides corporais.
b) Acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións entre as figuras.
c) Elementos de danza, saltos e piruetas gimnásticas.
En todo momento debe existir harmonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Valorase a dificultade, a técnica e a dimensión artística da composición.

Así pois o alumnado de 1º de Bach. estivo ensaiando nas clases de Educación Física e aquí temos mostra do seu bon facer. 

Grupo de 1º Bach. A: Mario, Iria, Rocío, Lara, Efrén, David e Pablo



Grupo de 1º Bach. B: Aitana, Hugo, Iria, Jorge, Floricia, Álvaro e Sara



Grupo de 1º Bach. B : Itziar, Andrés, Ana, Claudia Olaya, Lavilson, Claudia, Falvio e Andrea



Os vídeos foron montados por eles mesmos en clase de TIC.

13.5.17

Finalistas do IIIº Torneo de Xadrez do IES Perdouro

Xa temos os tres finalistas que loitarán na fase final do Torneo de Xadrez. Eles son :Paula, Luís Carlos e Éfren. Sorte!!! 
En breve confirmaremos as datas de celebración da fase final do torneo.
Tamén queremos felicitar aos 42 participantes desta terceira edición asi como aos axudantes que supervisaron en todo momento que todo se desenvolvera con total normalidade e deportividade. Grazas!!!

1º ESO - Acroescalada

Jesus Fernández programou unha clase de Educación Física moi divertida: tacaba facer Acroescalada, é dicir unhas figuras por grupo de 5 ou 6 alumnos.  A acroescalada é unha actividad física que consiste en formar nas espaldeiras figuras en grupo. É herdeira do popular acrosport e polo tanto se trata dun traballo cooperativo que desenvolve o equilibrio e a forza resistencia mais con unha sustancial ventaxa respeto ao propio acrosport: ninguén ten que cargar con ninguén. 
Fixádevos no creativos que son os alumnos de 1º de ESO. Uns artistas!!!!

12.5.17

Iniciación ao surf na praia de Esteiro de Bares

Jesús Fernández, profesor de Educación Física, organizou coa escola de Surf de Viveiro unha xornada de iniciación ao surf na praia de Esteiro de Bares o pasado mércores 3 de maio. Tiveron unhas condicións moi favorables para prácticar este deporte acuático. Os monitores da escola de surf  partiron o grupo de alumnos de 1º de bach en dous. Mentres uns aprendían a subirse a unha táboa de surf outros foron facer unha ruta de sendeirismo ata os acantilados de Loiba. Logo mudaron as tornas. Un día moi divertido ademais de físico e cheo de grandes emocións !!!

Accede ás fotografías no noso álbum.

‘Descubre o fútbol sala’ no IES Perdouro

Como cada ano o CD Burela FS Pescados Rubén promove a práctica deportiva en igualdade a través do seu programa "Descubre o Fútbol Sala" nos centros educativos da zona. A actividade foi destinada ao alumnado de 1º ESO e 2º de ESO coa colaboración do seu profesor de Educación Física, Jesus Fernández.
O mércores 10 de maio o alumnado de 1º ESO B e de 2º ESO A compartíu unhas divertidas sesións cos xogadores, Juanma Marrube e Iago Miguez do equipo masculino e coa xogadora, Helena García e coa porteira do equipo feminino, Ana Romero.
O xoves 11 de maio tocoulle o turno ao alumnado de 1º ESO A e 2º ESO B.  Estiveron co técnico, Julio Delgado e co porteiro, Edu do equipo masculino, e con Cilene Pereira e Shiori Nakajima do equipo feminino. Un luxo poder compartir entreno coas nosas estrelas do fútbol sala. Grazas.

Accede ás fotografías no noso albúm.

Daniel Piqueras na Fase Final da Olimpíada Matemática 2017

Por terceiro ano consecutivo un alumno do IES Perdouro na final da Olimpíada Matemática. 

O noso alumno Daniel Piqueras Valle de 2º de ESO está entre os 4 mellores de Lugo e os 40 finalistas clasificados/as para a fase final galega da Olimpíada Matemática que se celebrará en Lugo o xoves 18 de maio. Parabéns Daniel!!

Equipo Maruxía - treito final

O equipo de redación de Maruxía composto por Zaira, Laura, Andrea, Damaris, Yaiza e liderado por Miruca Parga está ultimando o seu número 23 do xornal antes da súa próxima entrega a Escola de Prensa de El Progreso. Foron moitas as noticias cubertas, as entrevistas feitas, as reportaxes de interese e tamén moitas as tardes de maquetación. Un traballo ben feito sempre leva o seu tempo mais esta vez sospeitamos que será un excelentísimo traballo. As alumnas sempre moi motivadas traballaron arreo.  


10.5.17

Avaliamos Quérote Máis

http://xuventude.xunta.es/querote-maisAviso ao alumnado de 3º ESO que estivo traballando ao longo do curso con Quérote Máis. Chegou o momento da avaliación do proxecto. 
Pregámosche que entres na seguinte ligazón e cubrar ao formulario de avaliación.

9.5.17

Correlingua 2017

Os rapaces de 1º de ESO acodiron á convocatoria anual do Correlingua na Mariña baixo o lema "En Galego, sen cancelas". A camiñata a prol da lingua celebrouse, nesta ocasión, en Viveiro. Isabel Risco presentou o acto final. Os nosos alumnos tamén aportaron o seu pequeno gran de area cunha pancarta co lema da convocatoria menstres outros, preparados polo seu profesor de Educación Física, participaron na carreira. Fíxose lectura do manifesto gañador deste ano e houbo actuacións de alumnado dos centros da Mariña así como a entrega de premios aos gañadores da carreira. E para rematar, o grupo de Roberto Sobrado pechou o acto coa súa actuación. Unha xornada de ledicia e deportiva!!!

Accede ás fotografías no noso albúm.

8.5.17

Ruta da auga - 3º ESO

Alumnos de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados dun técnico da empresa Espina e Delfin e da súa profesora de bioloxía Lucía Martínez visitaron este luns as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

Logo da charla teórica impartida no centro educativo sobre o ciclo da auga, tocaba ver in situ os procesos esenciais de potabilización e depuración da auga. Juan Moreno, o inxeñeiro de augas, empezou a ruta da auga ao revés. O grupo de alumnos deplazouse ata Alfoz para visitar a depuradora (Estación de Depuración de Aguas Residuales - EDAR) construída en 2002. Alí viron o funcionamento dunha depuradora biolóxica. A auga  depúrase antes de ser enviada aos ríos e o mar.


A continuación o inxeñeiro faloulles do embalse de Río Cobo onde se almacena a auga antes de ser tratada na potabilizadora da Senra. (Estación de Tratamento de Auga Potable - ETAP), estación moi moderna inaugurada en 2011. A potabilización é a conversión da auga non potable en auga apta para o consumo humano. Explicoulles os tratamentos que se realizan e os distintos controis de calidade da auga para adecuala ao consumo. Filtrase para eliminar a materia orgánica e as partículas que leva en suspensión e desinféctase con cloro. Os tratamentos empregados nunha pranta potabilizadora para reducir as impurezas poden ser de natureza física, química ou biolóxica.

Para abastecer en auga potable o pobo de Burela hai 2 cuvas de almacenamento temporal para evitar a escasez. A auga lévase ata as casas a través de grandes condutos, a rede de distribución.

En resumo, os rapaces fixeron o seguinte percorrido da auga : Almacenamento, Potabilización, Distribución, Depuración.

Con esta visita guiada preténdese concienciar ao alumnado da importancia do uso sostible e responsable da auga, do ciclo da auga e da depuración como clave para o mantemento dos ecosistemas.

4º ESO - charla afectivosexual coa sexóloga Beni Martínez

Esta tarde desenvolveuse un Obradoiro sobre Educación Sexual, destinado o alumnado de 4º ESO.

A experta en sexualidade, Benita Martínez García, e tamén matrona  - que durante moitos anos axudou a traer o mundo a maioría dos nenos da zona - foi a encargada de impartir este obradoiro coa finalidade de promover entre os nosos mozos a asociación entre sexualidade e afectividade (unha visión diferente do sexo no que este non apareza desvinculado dos afectos e dos sentimentos), así como reforzar os coñecementos sobre os Métodos Anticonceptivos.

Foron dúas horas nas que os nosos alumnos/as puideron aclarar conceptos e disipar dúbidas coa sexóloga que se mostrou próxima e comprensiva coas súas preocupacións e demandas.

5.5.17

Xanela Carlos Casares

Na xanela de BiblioPerdouro deste mes de maio tedes á disposición a colección de Carlos Casares, escritor homenaxeado das Letras Galegas 2017.


Viaxe a Londres 2017

O pasado 26 de abril un grupo de 24 alumnos do IES Perdouro, acompañados polo profesor de Inglés, Toni  Galdo, e a profesora de Lingua Castelá, Cristina Rivero, emprenderon unha viaxe rumbo a Londres que durou 5 días, coa finalidade de coñecer unha capital de fala inglesa e poñer en práctica as súas destrezas en comunicación oral.
Durante a súa estancia en Londres, puideron coñecer os lugares e monumentos máis emblemáticos e disfrutar do seu ambiente, como dos espectáculos dos típicos street buskers. Fixeron distintas visitas culturais, como o Museo Británico e o Natural History Museum ou o Science Museum. Tamén percorreron as súas rúas coñecendo landmarks como Buckingham Palace, Piccadilly Circus, Trafalgar Square e un largo etcétera, tras o que remataron verdadeiramente agotados, pero con bo sabor de boca e ganas de repetir a experiencia.
Ademais, á súa chegada, as familias comprobaron o bo ambiente e o compañeirismo que durante eses días se forxou entre o grupo, que formou unha auténtica piña.

Accede ás fotografías no noso álbum.

4.5.17

O surf non é imposible

Alumnos de varios cursos do IES Perdouro reciben clases de surf nas aulas e no mar .

O luns 27 de marzo, dous profesores da escola de surf de Viveiro viñeron achegar este deporte un pouco máis aos rapaces. Comentaron diversas curiosidades sobre o surf: que é un deporte que se practica no mar que consiste en intentar poñerse de pé nunha táboa específica para este e aguantar o equilibrio nela. No medio da charla mostráronlles dous exemplos de como poden ser as táboas. Hai dous tipos especiais: a de iniciación e a avanzada. A primeira fabrícase con goma para que así sexa máis branda e correr menos risco de danarse con ela. Soe ser máis grande para ir collendo mellor o equilibrio. No caso da avanzada, é máis pequena e está feita dun material máis duro. A ambas táboas engádeselles un “invento”  para que así a non escapen e  para non danar a xente que se estea bañando no mar. Tamén lles amosaron un traxe de neopreno, o que se soe usar para practicar este deporte. Ten a vantaxe de que os días de frío poidamos surfear igual, xa que cando lle entra auga quéntaa e fai que o noso corpo manteña unha temperatura estable.
Esta escola está situada na praia de San Román en Viveiro, xa que alí as ondas son ideais para iniciarse no surf e tamén porque está nun sitio onde apenas hai rochas. Os máis afortunados foron os alumnos de 1º de Bacharelato, que foron onte surfear co profesor de Educación Física.

Andrea Santos, 3º PMAR

Accede ás fotografías no noso albúm.

Charla sobre a auga

O alumnado de 3º ESO recibiu esta mañá a visita do especialista e técnico de Espina y Delfín, Juan Moreno, para falarlles da auga. 

A profesora Lucía Martínez, como medio de chamar a atención sobre a importancia da agua e da xestión sostible dos recursos da auga, organizou esta charla para sensibilizar aos seus alumnos de 3º de ESO sobre un uso sostible deste ben tan preciado e imprescindible para a vida. Juan Moreno explicoulles con datos contundentes o consumo moitas veces excesivo, os tratamentos para potabilizar ou para depurar, os impactos dunha simple fuga de auga co obxetivo de promover en eles unha boa práctica da súa utilización no día a día. O aproveitamento da auga empeza pola participación de todos nós.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...