Mostrar mensagens com a etiqueta Fundación Eu Son. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Fundación Eu Son. Mostrar todas as mensagens

5.3.16

V Xornadas de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

Por quinto ano consecutivo o Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro de Burela acolleu nas súas instalacións aos usuarios da Fundación "Eu Son". Ao longo dos dous días destas xornadas de convivencia, os alumnos e alumnas do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar realizáronlles diferentes prácticas de afeitados, arranxos de barbas, cortes de cabelo, hixienes e coloracións capilares, cambios de forma no cabelo e tratamentos estéticos de mans. Ademais os usuarios da Fundación Eu Son tamén aprenderon de forma fácil e divertida a proceder ao arranxo da súa imaxe.

Unha grande experiencia para todos, en especial para un futuro máis empático e tolerante do alumnado no sector profesional.

Javier Rouco, Xefe do Dpto de Imaxe Persoal

14.4.15

IV Xornadas de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

Os días 24, 25 e 26 de Marzo celebráronse, un ano máis, as xornadas de convivencia cos usuarios da fundación “Eu Son” de Burela coa colaboración das alumnas do C.M. de Perrucaría do IES Perdouro. 

Os usuarios/as do Centro Ocupacional e Centro de día da Fundación Eu Son asistiron e participaron no obradoiro de Asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal. Nestas xornadas déronse pautas e consellos par manter e coidar a imaxe persoal no día a día. Foron días moi intensos no que se fixeron moitas actividades (afeitados, manicuras, masaxes, peiteados, cortes, etc) nas que os usuarios participaron nos traballos adoptando o papel de modelos e tamén o papel de profesionais, ninguén quedou sen traballar!!
Esperamos que pronto volva a ser o ano que ven e telos aquí outra vez con nós. Grazas pola vosa visita.

Mariser San Lorenzo. Xefa do Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro.

15.5.14

Plan Acción coa Fundación Eu Son

Este mércores 14 de maio, o departamento de Mecanizado do IES Perdouro recibiu a visita dos usuarios da Fundación Eu Son. Esta visita ao taller de Mecanizado enmárcase dentro das actividades do Plan Acción promovido pola Fundación Alcoa. Os alumnos de PCPI foron os encargados de fabricar un corrimáns para a Fundación Eu Son a partir de materiais reciclados. Gregorio Echevarría, o titor do grupo, explicou todo o proceso  de fabricación dos pedidos aos representantes de Alcoa asi como aos da Fundación Eu Son dende a recepción do material reciclado ata a elaboración do pedido. 


20.3.14

III Xornadas de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

Os días 18, 19 e 20 de Marzo celebráronse, un ano máis, as xornadas de convivencia cos usuarios da fundación “Eu Son” de Burela coa colaboración das alumnas do C.M. de Perrucaría do IES Perdouro.
Durante estes tres días traballamos codo con codo para mellorar a sua estética, e sobre todo, e quizais o máis importante, reforzar os lazos que nos unen desde fai tres anos.
As alumnas realizaron traballos de corte de cabelo, manicuras, depilacións faciais, cor, masaxes, limpezas de cutis, peiteados...
Eles, pola súa parte, colaboraron en todo momento para axudar a realizar peiteados e recollidos, e practicar técnicas de maquillaxe de unllas....
A última sesión adicámola a mostrarlles as técnicas de barbeado. Para iso, cada un deles trouxo o seu propio material. Quizais foi o momento mais divertido. Todos o fixeron baixo a supervisión dunha alumna do 1º ano.
Penso que estas xornadas son moi positivas, xa que, por unha parte sirven como práctica ás alumnas - sobre todo no módulo de “Peiteado e Estilismo Masculino” - e por outro lado saímos un pouco da rutina dos nosos clientes habituais.
O grupo que nos visitou estaba integrado por 26 persoas das cales 11 viñan nun primeiro turno de 10h a 11h45, e 15 persoas no turno de 12h a 13h45.
Tan só, polo cariño que nos ofrecen, a ilusión coa que reciben os nosos coidados e o agradecidos que se mostran con nos, xa merece a pena seguir con este proxecto.
Quero agradecer aos monitores da Fundación “Eu Son” a sua axuda, ás miñas compañeiras de Departamento e sobre todo ao alumnado do Ciclo o esforzo destes tres días. Grazas tamén á Dirección do IES por facer posible este proxecto.

E, como din os nosos amigos, cando se despiden..... “Vémonos o ano que ven” 

Begoña Rodríguez Muñiz. Xefa do Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro

22.3.13

Xornadas de convivencia cos usuarios da Fundación Eu Son de Burela

Ao longo desta semana recibimos a visita da Fundación "Eu Son" para a protección de persoas con discapacidade intelectual de Burela. Foron un total de 31 rapazas e rapaces os que puideron realizar diversas tarefas de imaxe persoal dende hixiene capilar, peiteados ata manicura, todo iso baixo a supervisión das alumnas e alumnos de 2º do Ciclo Medio de Perrucaría.

Begoña Rodríguez, xefa do Departamento de Imaxe e coordinadora das xornadas, sinala que disfrutaron moito con estas tarefas e agarda poder contar con repetir a experiencia un ano máis.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...