Mostrar mensagens com a etiqueta Londres. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Londres. Mostrar todas as mensagens

7.6.19

Viaxe a Londres

O pasado 29 de abril, un grupo de alumnos de 4º da ESO do I.E.S Perdouro de Burela, acompañados por dous profesores, Charo Fernández e Toni Galdo, emprenderon viaxe de cinco días rumbo á capital británica co fin de apreciar distintos aspectos socioculturais relacionados coa materia de inglés, poñer en práctica as destrezas orais e coñecer o modo de vida dunha capital tan cosmopolita como Londres. Unha vez alí tiveron a oportunidade de ver os distintos lugares de interese da cidade, como o Big Ben, o London Eye, a City, Tower Bridge e outros puntos icónicos así como diversos museos como o Británico ou o de Historia Natural. Ademais, tiveron ocasión tamén de ver o estadio de fútbol do Stamford Bridge, viaxar en barco polo Támesis entre outras actividades. Tanto os profesores como o alumnado tiveron unha estancia estupenda en Londres, da cal lles quedará un gran recordo.
Accede à reportaxe fotográfica aquí.

Toni Galdo, profesor de Inglés.

5.5.17

Viaxe a Londres 2017

O pasado 26 de abril un grupo de 24 alumnos do IES Perdouro, acompañados polo profesor de Inglés, Toni  Galdo, e a profesora de Lingua Castelá, Cristina Rivero, emprenderon unha viaxe rumbo a Londres que durou 5 días, coa finalidade de coñecer unha capital de fala inglesa e poñer en práctica as súas destrezas en comunicación oral.
Durante a súa estancia en Londres, puideron coñecer os lugares e monumentos máis emblemáticos e disfrutar do seu ambiente, como dos espectáculos dos típicos street buskers. Fixeron distintas visitas culturais, como o Museo Británico e o Natural History Museum ou o Science Museum. Tamén percorreron as súas rúas coñecendo landmarks como Buckingham Palace, Piccadilly Circus, Trafalgar Square e un largo etcétera, tras o que remataron verdadeiramente agotados, pero con bo sabor de boca e ganas de repetir a experiencia.
Ademais, á súa chegada, as familias comprobaron o bo ambiente e o compañeirismo que durante eses días se forxou entre o grupo, que formou unha auténtica piña.

Accede ás fotografías no noso álbum.

25.5.16

Viaxe a Londres 2016

Do 11 ao 16 de maio, 48 alumnos de 4º de ESO e 1º de bacharelato realizaron unha viaxe de interese lingüístico-cultural a Londres co obxectivo de poñer en práctica as súas destrezas orais na lingua inglesa.
Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da capital: Buckingham Palace, Westminster Abbey, The Parliament e Saint Paul´s Cathedral. Tamén formaron parte das actividades da viaxe as visitas ao Natural History Museum, ao Science Museum e, como non pode ser doutra forma, ao British Museum.
Ademais, fixeron outros moitos percorridos de interese por esta cidade tan cosmopolita. Os rapaces puideron ver "landmarks" que tanto desexaban coma o Big Ben, a emblemática torre do parlamento británico, Tower Bridge, a Torre de Londres, a ponte máis famosa sobre o Támesis, entre outros moitos.
Para terminar, a expedición burelá asistiu ao cambio de garda de Buckingham Palace, atracción turística das máis importantes de Londres que non podía perder. E como guinda, os rapaces desfrutaron dunhas vistas únicas sobre a capital británica subidos a bordo da noria do London Eye. Tamén tiveron a ocasión de sentir o bulir dun venres pola tardiña en Covent Garden e somerxerse no típico ambiente de compras dunha mañá de sábado no famoso mercado de Camden Town.
Foron cincos días de convivencia harmónica, de intensas visitas e descubrimentos varios e sobre todo cinco días de total inmersión lingüística.





13.5.14

Viaxe a Londres

O pasado martes 29 de abril, un grupo de 24 alumnos acompañados por dous profesores, puxéronse rumbo a Londres, co fin de permitirlles aos rapaces coñecer outro país e outra cultura totalmente distinta á súa e tamén co obxectivo de poñer en práctica as dúas destrezas orais na lingua inglesa.

Á hora da saída da estación de autobuses de Burela podíase observar a emoción e os nervios que tiñan a maioría dos rapaces. Saíron do aeroporto de Asturias e, despois dun voo moi tranquilo, aínda que especial para moitos que subían a un avión por primeira vez, empezaron a desfrutar dun día soleado na capital británica. Sen embargo, á súa chegada, enteráronse de que non poderían utilizar o metro debido a unha folga, o cal tamén lles afectou ao día seguinte.

A pesar diso, e da choiva dun dos días, tanto os alumnos coma os profesores desfrutaron de distintas visitas na cidade, coma o Natural History Museum, o Science Museum e, como non pode ser doutra forma, o British Museum. Ademais, fixeron outros moitos percorridos de interese por esta cidade tan cosmopolita e os rapaces puideron ver landmarks que tanto desexaban coma o Big Ben, Tower Bridge, a Torre de Londres e outros moitos, sen olvidar a emocionante volta no London Eye, desde o cal gozaron dunhas marabillosas vistas da cidade.

Tamén tiveron a oportunidade de escoitar a un excelente músico entre o bulir dun venres pola tardiña en Covent Garden e somerxerse no típico ambiente de compras dunha mañá de sábado no famoso mercado de Camden Town.

Á volta, as familias foron quen de apreciar a emoción coa que chegaron os alumnos despois de todas estas vivenzas e a satisfacción do profesorado polo exitosa que resultou esta viaxe.

Toni Galdo

8.5.14

Trip to London - 4º ESO

Xa podemos ver a reportaxe fotográfica da viaxe a Londres realizada polo alumnado de 4º de ESO. Exhíbese estes días no hall de entrada. Excelente traballo profes!

30.4.14

Alumnos en Londres

E aquí os alumnos de 4º de ESO disfrutando de 4 días en Londres con Toni Galdo, o seu profesor de Inglés.
Natural history museum

23.5.13

4º ESO - reportaxe fotográfica por Londres


Xa podemos ver a reportaxe fotográfica da viaxe a Londres realizada polo alumnado de 4º de ESO. Exhíbese estes días no hall de entrada. Excelente traballo profe!

19.5.13

Novas dende Londres - 4º de ESO

Durante a súa estancia en Londres, o alumnado de 4º de ESO percorreu os principais monumentos da capital británica guiado por Toni Galdo, o seu profesor de inglés, co propósito de reforzar a súa aprendizaxe da lingua e ampliar a seu coñecemento cultural. Foron cincos días de intensas visitas. O grupo descubriu a Torre de Londres, a ponte máis famosa sobre o Támesis, o Teatro de Shakespeare e tamén o Big Ben, a emblemática torre do parlamento británico. O seu profesor deseñoulles un completo itinerario pola vila chegando ata visitar a Abadía de Westminster, Leicester Square e o Museo Británico. Para terminar, a expedición burelá asistiu ao cambio de garda de Buckingham Palace, atracción turística das máis importantes de Londres que non podía perder. E como guinda, os rapaces desfrutaron dunhas vistas únicas sobre a capital británica subidos a bordo da noria do London Eye.

16.5.13

Viaxe a Londres - 4º ESO

E aquí os alumnos de 4º de ESO disfrutando de 4 días en Londres con Toni Galdo, o seu profesor de Inglés.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...