29.5.15

Premio para Maka Ledo - Certame Letras Galegas 2015

Macarena Ledo, a nosa alumna de 1º de bach, acada o 1º premio do certame de narración e debuxo infantil "Letras Galegas 2015" convocado pola Biblioteca Municipal de Burela!!!!

Parabéns Maka!!!!!

28.5.15

Despedida 2º de Bach. 2015

O luns, día 25 de maio, celebrouse a cea de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato.

Unha promoción que non imos esquecer!!  Querémosvos!!

Paula, Estela, Cintia, Elena, Xoel, Saray, Andrea, Alexandra, Ángela, Aitor, Rodrigo, Sara, Andrea, Aitana, Gabriel, Carla, Cristina, Álvaro, José Carlos, Cristina, Xiana, Aitana, Alex, Denís, Andrea, Míguez, Miguel, Damián, Pita e María, moita sorte a tod@s!!


27.5.15

O Porto que visitamos - 3º ESO

O pasado 22 e 23 de Maio un grupo formado por alumnos de 3º ESO e acompañados polos profesores Toño Blanco, Fina Rodríguez Chao e Jose Díaz, viaxamos á cidade do Porto.

Foi necesaria unha boa madruga para chegar á Fundación Serralves ás 11:30 da mañá do venres, e comezar unha intensa pero proveitosa rolda de visitas.

A Fundación Serralves esténdese nunha gran finca de 18 Has. Nela visitamos dous edificios e os seus amplos espazos axardinados. Os edificios eran a antiga casa e o museo, obra do arquitecto Álvaro Siza Vieira. A casa trátase da vivenda orixinal do primeiro propietario, Conde de Vizela, construída arredor de 1930, unha obra modernista dun arquitecto francés do momento, Charles Siclis, que foi declarada Monumento Nacional. Nos espazos interiores baleiros, elegantes e sobrios, un grupo de bailaríns danzaban e formaban unha exposición de naturezas vivas.

Por outra banda, nas salas temporais do museo expúñanse obras e instalacións da escultora polaca Monika Sosnowska.

Xunto con outros grupos de mozos, xantamos nos espazos exteriores, rodeados dunha natureza coidada e esculturas vangardistas.

Pola tarde, divididos en dous grupos e sempre acompañados de dous guías locais (Tiago e Rita Rocha), puidemos entender e apreciar este espazo xeográfico xunto á foz do Río Douro.

Porto é unha cidade moderna que conserva e valora a cultura tradicional.

É cosmopolita, apreciamos a pegada que deixaron os ingleses no inicio do comercio da explotación dos seus viños. A cultura francesa é apreciable no trazado de avenidas e xardíns (Os Jardims e Parterres no Parque Serralves son un bo exemplo). E mesmo Rem Koolhaas irmandou as culturas portuguesa e holandesa na magnífica obra da Casa da Música.

O barroco de moitas das fachadas, toma aspectos coloristas cos azulexos que as decoran.

Chegamos a entrar na Librería Lello & Irmao, onde nos contaron que a súa escaleira Art Decó inspirou a JK. Rowling na descrición das escaleiras de Hogwarts da novela de Harry Potter.

Cruzamos camiñando a Ponte de Luis I, unha das seis que atravesan o Douro, para poder mirar desde o lado de Gaia a ribeira da Foz.

Pasámola noite na Pousada da Juventude de Espinho, sen perder moito tempo no durmir. É broma: os responsables agradeceron e felicitaron a nosa estancia.

Pola mañá acercámonos a Matosinhos. Alí nos esperaba ondeando polo vento a Anémona Xigante da artista americana Janet Echelman, unha escultura de redes sostida por aneles tubulares suspendidos a mais de 50 metros,  coa que se fixo homenaxe ao mundo da pesca.

E cara o medio día “aterramos” a carón do meteorito da Casa da Música, e que así o recoñecen en Porto: un meteorito poliédrico que caeu no medio do barrio Boavista. Trátase dun edificio singular que non vos deixará indiferentes cando o visitedes. Non é solo un gran auditorio, senón un universo de espazos dedicados a todo tipo de músicas. No seu interior, as paredes e solos inclínanse desafiando a gravidade, ata non poder distinguir uns de outros.

Xa de volta, pola tarde, reparamos forzas e relaxámonos coas augas termais nas pozas de Outariz en Ourense.

Dámoslles as grazas a José Luis e Carmen, os nosos motoristas na viaxe.

26.5.15

Viaxe á Coruña

Os alumnos de 2º ESO, acompañados de 3 profes, fomos o pasado mércores 20 de maio,  á Coruña.

Cando chegamos, visitamos o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología da Coruña). Alí o alumnado dividiuse en dous grupos (2º A e 2º B), para asistir a diferentes actividades: mentres uns asistían a un taller de manualidades relativo ao ano da luz (este 2015), os outros  iríamos visitar o museo. Na visita, podíanse observar diferentes obxectos que se foron inventando ao largo da historia. Ao principio, para explicar un pouco en que consistía o museo, déronnos unha charla uns robots que interactuaban co público. Logo de dar unha volta polo museo co respectivo guía, entramos nunha parte dun avión que estaba alí para que se visitara, nada menos que a cabina do Boing 747 Lope de Vega de Iberia que trouxo o Gernica  de volta a España. 

Cando rematamos todos de facer as actividades, fomos a un centro comercial no que nos déron tempo para xantar e dar por alí un paseo.

A última visita foi ao museo de Belas Artes, no que se exponía una serie de obras de Pablo Picasso, da época na que estivo na Coruña, nas que explicaba tamén a historia dos inicios do artista.

Ao saír do museo, camiñamos ata a Praza de María Pita, onde nos explicaron un pouco quen era esa heroína. Alí tamén nos deixaron un pouco de tempo para pasear  por  ela e ver as diferentes cousas que había.

A min gustoume moito a viaxe, xa que pasei un día diferente,  e poiden aprender cousas novas e recordar outras que xa sabía.

Tania Valiña Eijo, 2º ESO B

22.5.15

Viaxe a Ferrol - 1º Bach + FP básica

Crónica de Aitor Eijo Oroza – 1º BAC

O pasado luns 27 de abril os alumnos de 1º de BAC e mais os de FP Básica fomos de viaxe de estudos a Ferrol.

Primeiro, fomos a un colexio da cidade ver unha función teatral na que se representaba unha adaptación do Quixote. A obra estivo interpretada por unha compañía de teatro de Hospitalet de Llobregat (Barcelona). A representación resultou moi entretida porque se escolleron os episodios máis divertidos do Quixote e os actores intentaron en todo momento darlle un toque humorístico. Con poucos elementos de ambientación escénica, transmitiron moi ben as aventuras de Don Quixote e Sancho Panza e a súa evolución ata chegar ao desenlace final, no que o cabaleiro andante é vencido e levado de volta ao seu fogar.

Ao redor das 12:30, e despois de ver a obra de teatro, fomos visitar Exponav, que é unha exposición onde se mostran as distintas etapas históricas da construcción naval. Explicáronnos o duro traballo dos homes que comezaron a construír grandes barcos en Ferrol, a minuciosidade das mulleres que, posteriormente, calcaban o planos, os primeiros ordenadores que se usaron no deseño das embarcacións etc. Tamén tivemos ocasión de participar nun breve taller no que nos ensinaron a facer algúns nós imprescindibles para os mariñeiros.

Despois, dirixímonos ao centro comercial “Odeón”, onde tivemos o noso tempo para xantar e facer algunhas compras.

Xa pola tarde os alumnos de 1º de BAC fomos ao museo de Historia Natural e os alumnos de FP Básica foron visitar Navantia.

En Navantia, varios profesionais mostráronnos o funcionamentos dos tornos, fresas etc que empregan para mecanizar as grandes pezas que se necesitan para construír embarcacións. Logo, percorremos en autobús distintos diques de construción e reparación. Explicáronnos como un barco se vai construíndo por compartimentos, como en grandes cubos, que se dedican a cociña, a camarotes, a comedor, etc e que se van colocando na embarcación no dique de construción. As instalacións de Navantia impresionan polo grandes que son e pola envergadura dos barcos que alí se fabrican.

Ao redor das 18:30 voltamos para Burela. Foi un gran día!

Final Olimpíada Matemática Galega 2015

Antón Mazaira López, alumno de 2º de ESO, participou o xoves 21 de maio na fase final da Olimpíada Matemática Galega, organizada por AGAPEMA. A proba final celebrouse en Lugo no Circulo das Artes. 

Mención honorífica para Antón Mazaira López. Parabéns Antón!!!!


21.5.15

José Díaz no IES Perdouro

O escritor Jose Díaz, autor do celebrado libro de relatos “Sesentaynueve”, doou este mércores ao IES Perdouro de Burela o material cultural e deportivo acadado como parte do premio concedido ao seu relato “El chico de oro” ao gañar o V Certame de Relatos Curtos “Le, escribe… entrena a túa mente!” posto en marcha pola LNFS en colaboración con Kelme e a Editorial SM para celebrar o Día Internacional do Libro co obxectivo de crear hábitos educativos - como o fomento da lectura e a escritura - ligados ao deporte.

IMG_3857 copia
Jose Díaz decidiu entregar ao Perdouro o material bibliográfico e deportivo incluido no galardón, polo fomento continuado do centro educativo a actividades de tolerancia e respecto á diversidade cultural entre a comunidade escolar.

Díaz declarou coñecer desde hai tempo a intervención educativa “Modelo Burela” e aproveitou agora esta ocasión para manifestar o seu recoñecemento explícito aos valores que transmite, totalmente coincidentes cos que subxacen no relato gañador do certame.

20.5.15

Final de Xadrez 2015

Finalmente soubemos quen resultou gañador do Torneo de Xadrez 2015 do IES Perdouro. O duelo era entre dous veteranos, ambos compañeiros e alumnos de 2º de Bach, Alex Liñan e Álvaro Crego. Logo dunha intensa final cheo de tensión que tivo lugar o mércores 20 de maio no recreo, Alex foi o vencedor deste primeiro torneo de xadrez. 

A organización quere agradecer o bo facer dos participantes e do público. 

18.5.15

Gran final - Torneo de Xadrez

Atención , atención!!! Gran final do torneo de xadrez do IES Perdouro
Mércores 20/05/15 ás 11h na biblioteca.


Xoguetes de madeira - Xogos matemáticos

A raíz da visita, en colaboración coa Asocicación OS MATOS, á exposición do xoguete que organizou a asociación ALTAIR de Burela decidimos tratar o tema cos alumnos de 2º ESO dentro da unidade de madeira na asignatura de Tecnoloxía.

Os alumnos recopilaron xoguetes da infancia dos seus avós e elaboramos no taller xogos matemáticos en madeira, sendo todos eles deseñados e construidos polos alumnos que traballaron en parellas ó longo da segunda avaliación.

Espero que despois desta exposición vos animedes a XOGAR!.

15.5.15

Día das letras galegas 2015

O nosa pequena contribución para celebrar o día das nosas Letras: Traballos elaborados polo alumnado de 1º de Bach. de TIC e coordinado por Miruca Parga.


Proxecto Terra - 3º ESO

O Plan Proxecta é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo.

Dentro do programa Terra do Plan Proxecta o instituto ten concedido o intercambio territorial a Porto.
 

Este Proxecto interdisciplinar foi integrado na programación xeral anual e nas programacións de dous departamentos: Por unha banda a da Ed. Plástica e Visual, por outra a da Xeografía e das Ciencias Sociais. As actividades propostas, por tanto están enfocadas a complementar o currículo de ámbalas dúas materias no curso de 3º ESO.

Integrado no apartado "O lugar onde vivimos" do proxectoterra, para o curso 2014-2015 propúxose a actuación "O lugar onde vivimos: Os nosos barrios e as nosas parroquias", coa que se pretende un achegamento pormenorizado aos espazos de convivencia no contorno próximo nos que habita o noso alumnado, fomentando a súa análise e visión crítica e propositiva.
Considerouse os seguinte ámbito de reflexión:

O alumnado do IES Perdouro procede na súa práctica totalidade do nucleo urbán de Burela. Sen embargo, unha parte significativa do mesmo, ten tamén vínculos co medio rural dado que procede de familias que manteñen unha segunda residencia no entorno rural da vila. Por tanto, resulta interesante que o alumno/a reflexione sobre o seu lugar de residencia; servíndose, de ser o caso, da comparación co medio rural ao que estiveron vinculados os seus pais e avós.

Por outra banda nas vindeiras datas 22-23 de Maio participaremos na viaxe a Porto como actividade do Proxecto.

Aquí vos mostramos unhas imaxes de maqueta e propostas plásticas que nos acercaron a un dos edificios que imos visitar en Porto: a Casa da Música, do arquitecto holandés Rem Koolhaas.


14.5.15

Obradoiro Mosaïcos romanos


Os romanos eran, entre outras cousas, auténticos artistas e así o demostaron coas construccións que aínda perduran na actualidade. Unha das mostras desta capacidade artística son os MOSAICOS . 

No  obradoiro que realizamos en 2º da ESO,  os rapaces souberon as técnicas para confeccionalos e as dificultades que podía entrañar a súa elaboración, xunto coa súa utilidade. Toda unha clase de Historia desde o punto de vista  práctico.

13.5.15

Final de consolidación no torneo de Xadrez

Hoxe tivo lugar a final de consolidación entre Jacobo Moreda de 1º de Bach e Efrén Rouco de 3º ESO.

Resultados da clasificación:
  • Jacobo Moreda - 3º posto
  • Efrén Rouco - 4º posto
Mañá no recreo celébrase a final entre Alex Liñán e Álvaro Crego, ambos de 2º de Bacharelato.

12.5.15

Proxecto mocidade contra a violencia de xénero

A actividade de mocidade contra a violencia de xénero, consistiu nun obradoiro para os alumnos de 4º de ESO e Ciclo medio de xestión administrativa, onde se fixo unha mesa redonda sobre distintos aspectos. Fundamentalmente foron, o proceso de socialización na formación da identidade de xénero. O problema da violencia de xénero, as distintas fases que ten e os perfís masculino e feminino cando se da esta situación. Abordaron tamén o tema da explotación sexual femenina. Actitudes sexistas que inconscientemente damos por normalizadas. E acabaron por desmontar o mito do amor romántico que tanto daño fixo e está a facer na sociedade.
No que se refire ao primeiro punto a tratar produciuse unha exposición moi interesante sobre as diferencias de representación dos sexos na vida pública, nos altos cargos da administración, nos postos relevantes do consello de administración de multinacionais, nas xefaturas dos gobernos das nación e en xeral nas institucións e organismos dos estados.
Reflexionouse tamén sobre as diferencias salariais existentes, sen que haxa ningunha causa basada no desempeño profesional ou na formación, só exclusivamente polo feito de ser muller.
Debateuse cos alumnos as medidas de discriminación positiva. Invitoúselles a facer unha reflexión o porqué da existencia dunha lei de igualdade e de medidas de discriminación positiva hacia a muller. Tivo que ser así porque os condicionantes históricos, ata fai relativamente moi pouco tempo, implicaban discriminacións de todo tipo na liberdade e nos dereitos das mulleres. No caso de España por exemplo nun matrimonio a muller necesitaba o consentemento do seu marido para calquera actuación, mentras o home podía decidir ata dar os fillos/as en adopción sen o consentimento dela. O marido ata a década dos 70 podía dispoñer dos bens comúns sen o consentimento da súa muller, so coa excepción de inmuebles e establecementos mercantís. A muller por contra tiña que pedir ao seu marido permiso para traballar, cobrar o seu salario, ejercer o comercio, abrir contas correntes en bancos, sacar o seu pasaporte…
Historicamente tamén ata a década dos 70 había profesións e estudios restrinxidos á muller como podían ser: a carreira xudicial, o ministerio fiscal. So podían realizar estudos relacionados co ensino primario, enfermería, correos ou comercio.
O tema da sociedade androcéntrica onde a muller e considerada como unha propiedade do pai e logo do marido, e que sempre ten que estar baixo a súa tutela e protección. A asignación de roles e reparto de tarefas, onde a vida pública e laboral queda reservada o rol masculino e a vida doméstica e asignada a muller. Os valores que se desprenden desta organización social están reflexados nos rasgos de personalidad atribuidos a muller: docilidade, volubilidade, ansiedade. Mentras que os masculinos son racionalidade, frialdade, ausencia de emotividade, competitividade.
Non so a muller foi vitima desta organización, senon que o home se lle privou de poder realizarse emocinalmente ao ter vedado a expresión de afectos ou facer mostras públicas de afecto. Ramón un dos ponentes falaba dos grupos de autoaxuda que están a facer en moitos lugares para paliar todos estos procesos de socialización dos que fomos vítimas todos. Concretamente facía referencia a casos de homes que lles sirve de axuda para compensar o duelo que experimentaron cando na súa infancia non puideron dicirlle ou amosarlle ao seu pai cariño, ou darlle un abrazo. Falaba tamén de cómo ata certos profesionais do mundo da educación acuden a estas sesión para corrixir a forma que poden ter de dirixirse aos alumnos, condicionados por esos prexuizos que se instalaron no noso subconsciente e que influen a nosa conduta sin darnos conta.
Fíxose fincapé tamén no tema da corresponsabilidade no fogar, nas tarefas domésticas. A necesidade de articular fórmulas que fagan efectiva a conciliación familiar. Análizaronse cifras de mulleres que teñen que abandonar as súas profesións ou carreiras laborais para asumir en solitario o cuidado dos seus fillos, cando este problema que debería ser compartido en igual proporción apenas condiciona as carreiras profesionais dos homes.
O traballo doméstico da muller supón un traballo non recoñecido e non remunerado.
Unha vez encuadrado o porqué dunha lei orgánica para igualdade efectiva entre homes e mulleres (lei 3/2007 de 22 de marzo). O seguinte tema foi o da violencia de xénero. Volveuse a repetir a explicación do ciclo da violencia (acumulación de tensión, violencia, arrepentimento ou lúa de mel).
Os tópicos que se abordaron foron os seguintes: son realmente enfermos mentais os maltratadores? Pódese cambiar a conduta dun maltratador? Cales son os indicios nas primeiras relacións que teñen os mozos, de que unha parella é un potencial maltratador.
As respostas foron, todo maltrato amosa unha serie de rasgos comuns nas súas primeras etapas de noviazgo, que son: celos infundados, desexo de controlar a vida da parella, imposición de criterios sobre a forma de vestir, as amizades ou o que está permitido ou non permitido nas relacións sociais.
Alertaron as rapaces que un control enfermizo e un intento de illamento da parella son os síntomas claves que detectan unha relación que vai a rematar en maltrato.
Os maltratadores non son enfermos mentais posto que esa agresividade so vai dirixida á muller. Non soen ser violentos en outros contextos. Sempre cando hai unha morte dunha muller, os testimonios dos coñecidos son que era unha persoa encantadora. Esa violencia polo tanto e froito dunha mentalidade machista distorsionada (influenciada por esas pautas de socialización patrialcal) e non se xeneraliza ni ao traballo nin noutros contextos.
Respecto ao tema de si se pode cambiar a unha persona, foron categóricos. Unha persona ten unha serie de valores e prexuizos que rixen a súa conduta. Se nos queremos cambiar a alguén, e que non o estamos aceptando como tal. Iso está condenado ao fracaso posto que implica a non aceptación da naturaleza dunha persoa.
Respeto ao ciclo da violencia, empezaría cun sentimento de frustración ou complexo de inferioridade, esta falta de confianza é canalizada en forma de violencia hacia a parella, unha vez que se produce a violencia o agresor trata de recuperar a relación, prometendolle que non o vai a facer nunca mais e chorando. Este ciclo repítese no tempo, so que en adiante se suprime a fase de lúa de mel, agravándose a violencia que soe desembocar na morte da parella.
Abordouse tamén un debate sobre si é fácil ou difícil sair dese círculo. Desmontouse o prexuizo sobre si a muller busca esa situación. Os rapaces tiveron que poñerse no lugar dunha muller maltratada para entender que si o control ao longo de moitos anos, acabou coa súa vida social, o seu illamento, a súa dependencia extrema do home en todos os aspectos, esto fai imposible prácticamente afrontar a situación.
Abordamos tamén o tema das actitudes sexistas nos medios de comunicación. Como as empresas collen patrones de belleza que nin siquera existen ou a través de photoshop crean imaxes que nin siquera se corresponden coa figura feminina. Vimos como se distorsionaba un rostro retocando a lonxitude do cuello, os angulos da cara…
No que se refire ao amor romántico, analizouse esa invención tan reciente que distorsiona a percepción da realidade. Había un vídeo no que as protagonistas, sempre acababan xustificando cousas desagradables que ían claramente no seu perxuicio, porque a explicación última que se daba era: se o fai e porque te quere. Esto enlaza coa idea romántica de que o amor implica sufrimento. Déronlle a volta a situación e acababan dicindo: si o fai e porque non te quere.
Outros mitos do amor romántico son: o amor todo o pode (falacia de cambio por amor, o amor o perdona todo). O amor verdadeiro predestinado (mito da complementariedade e da perdurabilidade. O amor como entrega total (mito da despersonalización, a renuncia a propia intimidade…) e o amor como posesión y exclusividad (mito da felicidade so a través do matrimonio…
O tema das actitudes sexistas tamén se abordou a través dun video, no que se trata o tema do piropo. Resultaba simpático ao principio, pero despois de velo e analizalo, daba moito que pensar.
Foi moi impactante tamén o tema da explotación sexual feminina. Nun video que fixeron en Lugo proxectaron a unha muller nun escaparate ao estilo dos burdeis europeos. Esa imaxen que nun principio pode inducir a búsqueda de pracer, vai transformándose cando a modelo que está dentro do escaparate saca carteis que falan de escravitude, explotación, cadeas, dor… Impactaba ver como era a reacción nos rostros dos espectadores que pasaban dun sorriso a unha cara de preocupación.
Para finalizar os alumnos fixeron co seu teléfono móvil, un video onde lle dan unha solución positiva a algún das cuestións plantexadas que poderían aparecer na súa vida. Aprenderonnos a empregar determinadas aplicacións para realizar os vídeos e páxinas onde podemos descargar bandas sonoras para o mesmo.
Estes vídeos que mandaron os nosos alumnos competirán con outros socios do proxecto: Cabo Verde, Brasil, Italia, Rumanía…
Están colgados na páxina do proxecto e agora hai que apoialos a través do voto.
Na ligazón onde podemos votar dando a “gústame” é: http://www.facebook.com/pages/Concurso-YO_Espa%C3%B1a/6542398006111?fref=ts

José Ramón Leiva

Habilidades para o éxito

Habilidades para o éxito- Casa da Cultura de San Ciprián

O mércores 22 de abril os alumnos de 1º de Bacharelato participaron na xornada “habilidades para o éxito” 2015 dentro do programa de actividades de Reto Alcoa e Junior Achievement.
O obxectivo destas xornadas foi fomentar o autocoñecemento dos alumnos, desenvolver habilidades de traballo en equipo e establecer plans a corto e medio prazo para conseguir metas propostas.
A primeira charla foi a cargo de Aquilino Lousa (formador en crecemento personal). Falou da importancia do autocoñecemento. Dixo que as habilidades e rasgos de personalidade non teñen porque coincidir ou axustarse a un patrón determinado. Puxo unha táboa de dobre entrada en que se podía observar os seguintes rasgos: racional-emocional, introvertido-extrovertido. As posibles combinacións a que daba lugar podían axustarse a distintos perfís que buscan as empresas. Fixo un comentario a cerca de como reaccionamos as persoas. Nunha dinámica dixo aos participantes que cruzasen os brazos e algúns membros do grupo fixeron observacións aos seus compañeiros que o fixeran mal, posto que non se correspondía co modo en que eles os cruzaran.
Outra das claves das que falou foi a resiliencia, a habilidade de crecer a partir da superación de situacións negativas. Viktor Frankl foi unha vítima da persecución dos xudeos polos nazis. Estivo nun campo de concentración, e durante a súa estancia, a maior preocupación que tiña, era a sorte que puideran correr a súa muller, pais e irmáns que estaban recluídos noutro campo. Unha das frases máis importantes que dixo foi o erro que cometemos ao xulgar os demais. A partires desa situación de crueldade extrema, a máxima que aplicou á súa vida foi “non xulgar a menos de que tiveses a certeza absoluta de que nunhas circunstancias iguais ás da persoa xulgada, non actuarías do mesmo xeito".
Foi moi interesante tamén o tema da comunicación e a emoción. Recalcou moito a idea de que a comunicación sen vinculación emocional non consegue a recepción e a memorización da mensaxe. Invitounos a examinar os nosos recordos e analizar que acontecementos vitais recordamos e que papel xogou a vivencia dunha emoción para que pervivan na nosa memoria a través do tempo.
Tocou o tema da emoción, da fluctuación da mesma - non somos exclusivamente racionais - e enfatizou a importancia de incluír entre as nosas habilidades a intelixencia emocional. Nunha dinámica moi sinxela foi capaz de que as nosas emocións se disparasen e oscilasen entre distintos polos, só exercendo a imaxinación. Se imaxinamos algo que non fomos quen de resolver no traballo, experimentamos unha emoción vinculada. Se pensamos no que imos facer na próxima ponte, a emoción asociada é de felicidade e pracer. E se pensamos en como será o momento da nosa morte: sufrirei ou non sufrirei, como quedarán economicamente os meus fillos…Todo isto evidentemente, pertúrbanos. E o relator, satisfeito, dixo que dende o estrado puido ver como variaban as nosas expresións faciais en menos de cinco minutos, pasando dun polo a outro.
Foi moi interesante tamén o tema da imaxinación: non podemos controlar o funcionamento da nosa mente, moitas veces diríxese ata lugares escuros e que nos perturban. Invitounos a que fixésemos o experimento de deixar de pensar, ou borrar algún acontecemento da nosa memoria.
No que se refire ao tema da entrevista, dixo que o momento crítico nunha entrevista de traballo prodúcese cando se fai a pregunta: ti que estarías disposto a facer ou aportar á nosa empresa se te contratásemos. O momento no que se ten que concretar toda esa lectura positiva de aptitudes, intereses e valores. Se non o facemos e non resulta convincente sucede como nunha entrevista clínica na que un pai di que os seus fillos son o máis importante, pero cando se lle di canto tempo pasa con eles, sempre hai algo que lle impide compartir o seu tempo. Polo tanto é necesario na entrevista de traballo demostar interese, e que ese interese amosado se corresponda con actitudes e actuacións concretas que estaríamos dispostos a levar a cabo.
O segundo ponente foi Jaime Mosquera (Delegado da zona de Lugo y Ourense) da empresa Thyssenkrupp. Esta persona falou da necesidade de comunicar eficazmente.
Algunhas das dinámicas que se fixeron, foron os distintos estilos de comunicación (asertivo, pasivo e agresivo). Nunha dinámica cos rapaces tiñan que traballar grupalmente para decidir a celebración dunha festa de fin de curso. El adoptou un estilo agresivo, facendo que os rapaces que participaban se sentisen intimidados e desvalorizados. Despois analizou as consecuencias dos distintos estilos na aceptación ou rexeitamento por parte dos outros.
Fixo unha introducción a propósito da intervención do primeiro ponente, dicindo que o seu momento de gloria que nunca esquecerá foi unha actuación cun grupo musical de xuventude en Lugo. Nunca sentira unha emoción de ser adorado polos fans como esa, posto que eran teloneiros de Formula V e foran confundidos polas fans dese grupo.
A súa ponencia abordou tamén a impotancia da incorporación da muller a determinados postos de traballo nos que antes non estaba representada. E a sua testemuña da evolución do mercado laboral dende os anos 80, serviu para convencernos que os estereotipos sexistas en la elección de la carrera profesional están tendo menos presencia que antes. Dixo que a súa empresa demanda a incorporación de mulleres en postos de tecnicos de mantenemento.
Tratou tamén o tema da comunicación non verbal. A comunicación non verbal e o elemento mais auténtico que temos. Utilizamos a linguaxe verbal para aparentar o mentir, pero eso non o podemos facer coa linguaxe non verbal, a cal non podemos manipular e mostra a autenticidade das emocións e do que dicimos.
O último ponente foi o responsable de contratación e formación de PSA - Peugeot-Citroën.
Deu unha pequena introducción dos resutados de producción no sector da factoría. Despois falou do curriculum e da entrevista. Dixo que un dos erros mais frecuentes e facer currículums demasiado farragosos con moitas follas de información. Dixo que si a información non e concisa e éstá ben estructurada, eses curriculos no captaran a atención do personal de recursos humanos e o final non serán seleccionados. Recomendou organizar a información en catro corpos: Datos personais, formación académica, experiencia profesional e formación complementaria. Dixo que o curriculum non era un instrumento para aburrir e facer a información pesada. A finalidade da entrevista e aclarar e desenvolver todo eso que ti previamente puseches no curriculum.
Fixemos un pequeno estudo de casos no que se analizaba unha entrevista persoal por un candidato que pretendía traballar como mestre nun colexio.
Analizamos aspectos formais da entrevista. Forma de presentarse, forma de dirixirse ao entrevistador, importancia de non interrumpilo, forma de dirixirse a él. Abordou tamén os aspectos relacionados cos contidos na entrevista. Si falamos dos nosos logros académicos, ter a capacidade de recordar as asignaturas e os contidos que superamos. Mostrar coñecemento pola empresa na que queremos traballar. E importante previamente ter información sobre o sector, a política de producción, a forma de organización productiva…
Pódennos durante a entrevista, solicitar que fagamos algun rol playing no que apliquemos un programa (nese caso o candidato tiña que improvisar unha actuación dirixida a promocionar os hábitos saudables nun centro educativo). Improvisou algunhas actividades como podían ser darlle información os rapaces sobre a pirámide dos alimentos e a frecuencia con que se deben consumir e os aportes que fan ao organismo, a charla dun profesional sanitario que pode falarlles dos hábitos saludables e as consecuencias de hábitos nocivos en enfermedades cardiovasculares, ou oncológicas…
Este ponente resaltou tamén a necesidade que ten a factoria de cubrir postos de técnico e doutras categorías, pero especialmente desta, dentro da súa plantilla.
Outro dos consellos que se deron aos estudiantes foi a necesidade da competencia en idiomas estranxeiros (especialmente francés). Sen duda hai que mentalizarse que é un requisito que é imprescindible no mercado laboral.
En definitiva, foi unha oportunidade moi interesante para reflexionar sobre as habilidades e competencias que poden ser claves para lograr un emprego e que comenzamos a desenvolver na escola e no instituto a edades tempranas. Algunhas rapazas preguntaban si podían incluir as actividades complementarias  nas que participan, como os programas de radio, dentro do curriculum. Si pensades no que nos dixeron os ponentes especialistas no mercado laboral, creo que a resposta está clara.

José Ramón Leiva - Orientador

Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo por Xurxo Mariño

Dentro da programación anual da A.C. “Os Matos”, visitou hoxe o I.E.S. Perdouro o científico Xurxo Mariño Alfonso para impartir unha charla sobre “Ciencia, aventura e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”. O Doutor en Ciencias Biolóxicas da Universidade Compostelá relatou a súa viaxe de once meses polos cinco continentes. O alumnado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato puido ver imaxes e escoitar comentarios sobre desertos, glaciares, volcáns, ríos, selvas e montañas, que serviu de complemento ao estudado nas aulas. Os nomes de Kalahari, Atacama, Cabo de Fornos, Amazonas, Os Andes, Illas Galápagos… deron pé a diversos comentarios que lograron captar atención dos alumnos e profesores asistentes, saíndo da Biblioteca do centro agradecidos pola exposición do Profesor Mariño.

http://vagamundeando.com/

12 de maio - Día escolar das matemáticas

“Xogando coas Matemáticas” é o lema do XVI Día Escolar das Matemáticas. Recén celebrado o centenario do nacemento de Martin Gardner, o gran divulgador de Matemáticas Recreativas, parecía natural que dedicáramos o 12 de Maio a desfrutar coas matemáticas lúdicas.

Na biblioteca está exposta unha relación de libros divulgativos e divertidos (xogos, trucos de maxia, etc...), biografías e historias noveladas en torno aos números e outras enigmas.

Para celebrar o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas, a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA), organiza unha feira matemática no Hall de Proa de Palexco na Coruña, o vindeiro 16 de maio de 2015.

9.5.15

Correlingua 2015

O martes 5 de maio os alumnos de 1º ESO viaxaron a Ribadeo para participar no Correlingua.
O percorrido partía, nesta edición, da illa Pancha para rematar nun dos pavillóns polideportivos cubertos de Ribadeo, para previr que a festa final, inicialmente preparada no Cantón, fose estragada pola chuvia.
A partir das 11:00 da mañá comezou a carreira. Este ano existía a posibilidade de inscribirse e participar correndo nesta actividade. En primeiro lugar, saíron os corredores e, a continuación, os camiñantes.
O paseo durou aproximadamente 45 minutos e durante eles un milleiro de rapaces de toda a comarca percorreron o traxecto a pé pasando por debaixo da Ponte dos Santos e polas principais rúas de Ribadeo ata chegar ao pavillón arredor das 12:00.
Alí, repartiuse un tentempé e comezou a festa final, presentada e animada por Xurxo Souto, que consistiu no seguinte:
- Lectura do manifesto da edición 2015 por parte do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.
- Entrega de premios aos gañadores da carreira nas diferentes categorías.
- Actuación dun grupo musical composto por rapaces do IES Marqués de Sargadelos.
- Lectura dun poema escrito por Mara Gato, alumna do IES San Rosendo de Mondoñedo.
- E, finalmente, actuación musical do grupo Monoulious DOP.
Foi unha mañá diferente na que parte do alumnado da Mariña conversou, compartiu camiñata e participou nun acto a prol do galego que xa se converteu nunha cita obrigada na nosa comarca.

6.5.15

Crónica do paso de Pepe Carreiro pola nosa biblioteca

O pasado luns 27 de abril veu o famoso autor de “Os Bolechas”, Pepe Carreiro, a darnos unha charla sobre os seus coñecementos como debuxante e escrito ao alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Perdouro, que tivo lugar na biblioteca.
Para comezar, os alumnos Antón Mazaira (2ºB) e Teresa Crego (2ºA) falaron sobre a carreira do debuxante. De seguido el mesmo ensinounos o seu método de debuxo para os seus personaxes máis coñecidos. Tamén nos aportou máis información sobre os diferentes tipos de elementos que caracterizan á banda deseñada.
A continuación puidemos facerlle algunhas preguntas que nos axudaron a resolver dúbidas respecto á banda deseñada e ás súas explicacións.
Dedicou ao centro un debuxo do seu primeiro personaxe para expoñer na biblioteca do instituto. Firmou despois libros que trouxeron os alumnos da súa obra máis coñecida, a que como libro marcou a nosa infancia, “Os Bolechas”.

Crónica de María Iglesias Níñez e Tania Valiña Eijo

5.5.15

Percorrido pola Mariña Occidental - 1º ESO

O dia 29 de Abril, alumnas e alumnos de 1º de ESO, xunto con PDC de 3º,  viaxamos pola Mariña Occidental, ata os límites do Sor e O Barqueiro. Voltamos por Vicedo e fixemos parada en Viveiro para  saber un pouco máis da súa historia,  a través da Porta  de Carlos V e da Igrexa de Santiago- S. Francisco, Tamén observamos elementos da súa xeografía.
Gustoume esta viaxe porque souben detalles que non sabía e ademais entendín que non fai falla ir lonxe para ver cousas interesantes e fermosas porque as temos ao noso carón.

CRISTIAN REQUEIJO FRAGA (1º B)

4.5.15

Día da nai

Para celebrar o Día da Nai, os alumnos de 4º ESO redactaron, cunha ferramenta chamada Notegraphy, unha serie de mensaxes dirixidos ás súas respectivas nais.
Trátabase de elaborar unha tarxetiña dixital que a eles lles gustara cunha frase na que demostraran o recoñecemento do labor de súa nai e na que lle amosaran o seu agarimo.
Estas son algunhas das imaxes que os rapaces enviaron por whatsapp a súas nais o domingo  3 de maio.
Esperamos que ás mamás lles gustaran e que tiveran un día moi feliz.

3.5.15

Alumnos do IES Perdouro de Burela en Londres

Unha expedición de 24 alumnos de 4º ESO viaxaron á capital británica

24 alumnos de 4º de ESO do IES Perdouro realizaron unha viaxe de interese lingüístico-cultural e puxeron rumbo a Londres para coñecer outro país e outra cultura totalmente distinta á súa co obxectivo de poñer en práctica as súas destrezas orais na lingua inglesa. A expedición foi coordinada polo profesor de Lingua Inglesa, Antonio Galdo, e pola docente de Bioloxía, Charo Fernández.

Os estudantes tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da capital: Buckingham Palace, Westminster Abbey, The Parliament e Saint Paul´s Cathedral. Tamén formaron parte das actividades da viaxe as visitas ao Natural History Museum, ao Science Museum e, como non pode ser doutra forma, ao British Museum.

Ademais, fixeron outros moitos percorridos de interese por esta cidade tan cosmopolita. Os rapaces puideron ver "landmarks" que tanto desexaban coma o Big Ben, a emblemática torre do parlamento británico, Tower Bridge, a Torre de Londres, a ponte máis famosa sobre o Támesis, entre outros moitos.

Para terminar, a expedición burelá asistiu ao cambio de garda de Buckingham Palace, atracción turística das máis importantes de Londres que non podía perder. E como guinda, os rapaces desfrutaron dunhas vistas únicas sobre a capital británica subidos a bordo da noria do London Eye. Tamén tiveron a oportunidade de escoitar a un excelente músico entre o bulir dun venres pola tardiña en Covent Garden e somerxerse no típico ambiente de compras dunha mañá de sábado no famoso mercado de Camden Town.

Foron cincos días de convivencia harmónica, de intensas visitas e descubrimentos varios e sobre todo cinco días de total inmersión lingüística.

Ruta da enerxía: As Pontes e Reganosa

 O pasado mércores 29 de abril os alumnos de 2º ESO participaron na ruta da enerxía, actividade deseñada por Fausto, o seu profesor de Ciencias Naturais. Visitaron as instalacións da central de ciclo combinado das Pontes, asi como o contorno do lago creado na antiga explotación de carbón. E remataron a ruta da enerxía visitando a planta regasificadora de Reganosa de Mugardos. 
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...