30.5.14

Resultados da votación para o Premio Leixaprén 2014

Hoxe o IES Perdouro enviou os resultados da votación para o Premio Leixaprén 2014 convocado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística.

Participaron 109 alumnos e o número de votos para os candidatos deste ano foron: 
  • María Xosé Silvar Sés: 36
  • Esther García del Barrio: 35
  • Fernando Vázquez Pena: 23
  • María Mera Constenla: 16

29.5.14

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos - 4º ESO e 1º Bach.

Recibimos hoxe a visita de tres ex-deputados do Parlamento de Galicia, Sergio López García (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Emilio López Pérez (BNG) co propósito de achegar ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o funcionamento da principal institución política de Galicia.
Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia. Deste xeito, coñeceron de preto as funcións da cámara, a súa composición e órganos.

Fran Bueno nos VI Encontros - vídeo promocional

Vídeo promocional da Clausura dos VI Encontros de BD con Fran Bueno

Os Contos Peregrinos de Pedro Miguel Rocha chegaram a Burela

Sonia Parra

Na passada quinta-feira​,  22 de maio​, conseguimos -por fim- culminar o que até então era romântico relacionamento entre os alunos da turma de Língua Portuguesa do Instituto Perdouro de Burela e Pedro Miguel Rocha, “o escritor português de alma galega”. Felizmente, conseguimos reciprocidade, união especial.

A origem deste encontro é curiosa. Como dois destinos tão díspares como o do nosso centro de ensino e o de um reconhecido escritor português chegaram a confluir? Por puro acaso. O destino quis que o nosso professor descobrisse uma entrevista que o escritor tinha feito ao lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz. Deste acontecimento surgiu o interesse pela obra do senhor Rocha, facto que levou a uma cadeia de correspondência electrónica que finalizou com uma grande novidade: o escritor planeava uma viagem à Galiza e poderia fazer um percurso para nos visitar.

Isto tudo aconteceu em fevereiro e o grande evento celebrar-se-ia nos finais de maio. Tocava esperar. Mas não foi uma espera qualquer, foi um período carregado de especulações: como será ele?; poderemos compreender o seu sotaque?; será o evento do seu agrado? As perguntas rondavam as nossas cabeças -havia nervos, sim-, no entanto as semanas passavam e o dia grande chegou antes de que nos déssemos conta.

Não sabíamos onde nos iríamos reunir -não temos um auditório-, nem que perguntas fazer, nem quem assistiria. Não sabíamos nada, porém sim, tínhamos claro que não queríamos que fosse um evento convencional.

As sessões prévias ao dia grande foram dedicadas a falar da obra e da pessoa. Queríamos ter um plano escrito, com receio que tudo se descontrolasse, mas -ao mesmo tempo- desejávamos um encontro natural. Eis o nosso dilema.

Finalmente chegou o momento: os papéis estavam repartidos, as perguntas selecionadas e o professor em Burela. Tudo estava já pronto.

O evento começou com a apresentação do senhor Rocha feita pelas nossas colegas e continuou com uma série de perguntas a respeito dos seus inícios como escritor e das suas fontes de inspiração. Pedro Miguel Rocha respondia com fluidez; não havia problemas com o sotaque.

Mais tarde,  procedemos à leitura de fragmentos dos seus romances: O Eremita Galego e Chegámos a Fisterra (este foi o que me correspondeu). O senhor Rocha gostou do modo como soavam as suas palavras com o nosso acento do norte. Assim fez saber antes de nos falar um bocado a respeito desses livros.

A seguir perguntámos-lhe -com certo orgulho galeguista- pela fundamentação do seu amor à nossa terra. Soubemos também do seu trabalho como editor e, após a leitura de um fragmento dos seus Contos Peregrinos passámos a uma surpresa especial: a conexão Burela-Cabo Verde por Skype.

Embora a internet não se tenha revelado o nosso aliado especial, esta comunicação na nossa língua mundial acabou por ser a perfeita clausura para o esperado grande evento que se se foi como o vento e que nos deixou um magnífico sabor de boca.

28.5.14

Coñecer o labor dos parlamentarios

O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio no IES PERDOURO, de Burela que terá lugar o xoves 29 de maio destinada ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Neste acto participarán os exdeputados Sergio López García (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE), Emilio López Pérez (BNG).

Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os exparlamentarios relatan en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan as preguntas dos asistentes. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

Falan da clausura dos VI Encontros na prensa

Recorte na Mariña do Progreso (28/05/2014)


Recorte na Voz da Mariña (28/05/2014)

Visita dos alumnos de 6º do Virxe do Carme

Hoxe recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme. Foron acollidos polo director, Santiago Pérez, e polo xefe de estudos, Fasuto López. Visitaron as instalacións do centro e pasaron o recreo cos seus futuros compañeiros.

27.5.14

Acto de entrega dos premios do Concurso de creación de banda deseñada - VI Encontros de BD na Mariña

A continuación da conferencia do debuxante Fran Bueno, procedeuse á entrega dos premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías no concurso de creación de banda deseñada que se convoca cada ano. 


Abriu o acto de entrega o director do IES Perdouro, Santiago J. Pérez. O Tenente Alcalde do Concello de Burela, Manuel Fernández, a edila de Cultura, Mónica Pedre, xunto co debuxante foron os encargados de entregar os premios e diplomas aos gañadores do certame de Banda Deseñada que nesta ocasión foron para os alumnos e alumnas do CEIP de Cervo, do IES María Soliño de Cangas do Morrazo, do IES Xunqueira I de Pontevedra e, na categoría libre, para participantes de Pontevedra e A Coruña. Pechou o acto o Tenente Alcalde felicitando e agradecendo iniciativas educativas de índole creativa como esta.

Acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña 2014

O martes 27 de maio tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.

O debuxante santiagués Fran Bueno foi o invitado de excepción na clausura dos sextos Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se celebraron no IES Perdouro de Burela.

Fran Bueno é un debuxante con gran proxección internacional xa que foi o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense. Ademais ten no seu aval o prestixioso premio Castelao de cómic 2013 convocado pola Deputación da Coruña.
Durante a súa intervención, Fran Bueno falou do seu día a día como debuxante de cómic e explicou ao seu público a importancia da lectura da imaxe. Falou da relevancia do trazo, do grosor das liñas, das sombras. Repasou o proceso de creación dunha viñeta dende o debuxo, o entintar, o feito de colorear e sen esquecer os globos, ferramenta que intensifica en moitos casos os tonos en que falan os personaxes. En resumidas contas, unha imaxe é un conxunto de curiosidades que ten como único obxetivo emocionar os lectores de banda deseñada. O artista soupo captivar a atención de todo o público que se viu inmerso no apaixoante mundo da viñeta. Como broche final, o recoñecido debuxante fixo un simpático debuxo dedicado ao alumnado do centro.


Despedida de 2º de Bach. 2014


23.5.14

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada 2014

franbueno2.jpgContaremos para clausurar os encontros de BD na Mariña con Fran Bueno, recoñecido debuxante con gran proxección intercanional, o primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense e recentemente galardonado co Premio Castelao 2013 de Banda Deseñada da Diputación da Coruña.  

O martes 27 de maio ás 12h20 na biblioteca abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a Vicedirectora, Karina Parga, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre e o tenente alcalde, Manuel Fernández.

Fallo do xurado do concurso de Banda Deseñada 2014

Foron fallados os premios do concurso de creación de BD no marco dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña.

CATEGORÍA ESCOLAR ATA 14 ANOS

    o 1º premio foi obtido por Carolina Cordido García do CEIP de Cervo coa obra "Piricadas"

    o 2º premio foi para Laura Herbello Piñeiro do IES María Soliño coa obra "Anna nunha aventura submarina"

CATEGORÍA ESCOLAR ATA 18 ANOS

    o 1º premio recibiuno Daniel Noya Pintos do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra pola banda deseñada "Fálame do Mar"

    o 2º premio foi para unha obra titulada "Albor" presentada por Alicia Martínez Abal, alumna do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra.

CATEGORÍA ABERTA

    o 1º premio foi obtido por Inés Vázquez Ramallal coa obra "Sempre Abril"

   o 2º premio foi para José Miguel Martínez García (Guionista) & Óscar López Gómez (Debuxante) coa obra "A eternidade dun intre"

A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por estes Encontros.

22.5.14

Libroforum Modelo Burela co escritor lisboeta Pedro Miguel Rocha

O alumnado de 1º de Bach. asistiu na biblioteca do centro a un encontro literario “Modelo Burela”. Nesta ocasión, o protagonista da promoción da interculturalide foi o profesor luso Pedro Miguel Rocha, tamén coñecido como “o escritor portugués de alma galega”. Este chegou á Mariña para presentar en primicia a súa nova obra Contos Peregrinos, para a que contou coa colaboración de tres escritores galegos: Armando Requeixo (o ensaísta especializado na obra de Xosé María Díaz Castro), Carlos Quiroga (docente da Facultade de Filoloxía da USC) e Séchu Sende (o narrador Made in Galiza). Tras este acto celebrado en Burela, Pedro Miguel Rocha continuará coa súa apretada axenda que o levará á Escola de Idiomas de Ferrol e unha libraría de Santiago de Compostela. Na xornada do día 23 protagonizará un encontro de semellantes características na cidade da Coruña.

Pedro Miguel Rocha (Vouzela, Viseu, 1973) combina tres actividades: profesor de ensino secundario, editor e escritor. Licenciado en Ensino do Portugués e Inglés pola Universidade do Minho, especializouse en Ciencias Documentais e Escrita Literaria –nesete caso no Instituto de Criatividade, Artes e Novas Tecnologias da Universidade Nova de Lisboa. Tras tomar contacto co estudo da nosa cultura na Universidade do Minho (2000), asistiu en 2013 ao curso de Lingua e Literatura Galega ministrado polo profesor Isaac Lourido en Lisboa.

Alén da súa obra narrativa (Juntos Temos Poder (2009); Chegámos a Fisterra (2010); O Eremita Galego (2011); Contos Peregrinos (2014)), Pedro Miguel Rocha mantén o blogue “Português de Alma Galega”  co que pretende “Dar a conhecer a Galiza aos países de Língua Portuguesa (e vice-versa), através da partilha de informações, notícias, entrevistas e sugestões culturais”.

21.5.14

Obradoiro de BD por Primitivo Marcos - sesión 2

O debuxante e guionista lucense, Primitivo Marcos, impartiu a segunda sesión do obradoiro de Banda Deseñada iniciado no pasado mes de abril ao alumnado de 1º de ESO.

Primitivo deixoulles unha tarefa que desenvolver por equipo, reto que supervisou  o seu profeosr de debuxo, José Díaz. Os alumnos tiveron que recrear unha historieta a partir dun guión, duns diálogos e  duns debuxos. O primeiro paso era ordenar as viñetas segundo o guión e colocar os bocadillos. En cada equipo, cada quen tiña determinada unha función. Logo de consensuar entre eles a ordenación da historieta, cada quen tiña asignado a tarefa de ordenación das viñetas, colocación dos diálogos, colorear os debuxos. Unha vez terminado este primeiro paso, se lles propuxo aos alumnos rematar a historia con un par de viñetas segundo a súa imaginación. Houbo de todo, o clásico final feliz ata o final máis vingativo!! Foi un obradoiro de moito proveito!!

Agasallos dos premios do Concurso de creación de BD - VI Encontros de BD





20.5.14

Fallo xurado Concursos convocados pola A.C. Os Matos

Nos concursos de poesía e relato curto, e debuxo convocados pola Asociación Cultural "Os Matos" resultaron gañadores os seguintes traballos:

VIII CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO - Tema: “As plantas da nosa paisaxe”

Categoría 1º e 2º de E.S.O. - Poesía 
  • Primeiro Premio: “Flores de Primavera” - Itziar García Cruz (2º ESO A) 
  • Segundo Premio: “As laranxas da laranxeira”Arancha Basanta Otero (2º ESO A)
Categoría 1º e 2º de E.S.O. - Relatos Curtos 
  • Primeiro Premio: “Non me esquezas, amapola” -  Pedro Artai Fernández Padrón (1º ESO A)
  • Segundo Premio: “Casquiña” - Mario Cordido García (2º ESO B)
Categoría 3º e 4º de E.S.O. - Relatos Curtos
  • Primeiro Premio: “As plantas da nosa paisaxe” - Laura Sofía Semedo Brito (4º ESO)
  • Segundo Premio: “Un novo gran líder”Mario Nieto Fraga (4º ESO PDC)
VI CONCURSO  DE IMAXE  - Tema: “As plantas da nosa paisaxe”

Categoría Bacharelato, P.C.P.I. e Ciclos Formativos
  • Primeiro Premio: Alexandra Granda Márquez (1º Bach. A)
  • Segundo Premio: María Prieto Casares (1º Bach. B)

Reunión do xurado do Concurso de Banda Deseñada - 2014

Continúan as actividades relacionadas coa Banda Deseñada organizadas polo IES Perdouro de Burela.

O xurado do concurso reuniuse hoxe para comezar a valoración das obras participantes nesta sexta edición. 

Farase público o fallo do xurado o vindeiro venres 23 de maio.

Acto literario "Modelo Burela"

NOVO ENCONTRO LITERARIO “MODELO BURELA”

O escritor lisboeta Pedro Miguel Rocha presenta no IES Perdouro o seu novo libro titulado Contos Peregrinos

A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:15 horas do próximo xoves, día 22 de maio, un novo encontro literario “Modelo Burela”. O programa de promoción da interculturalidade terá nesta ocasión como protagonista o profesor Pedro Miguel Rocha, tamén coñecido como “o escritor portugués de alma galega”, que chega á Mariña para presentar en primicia a súa nova obra Contos Peregrinos, para a que contou coa colaboración de tres escritores galegos: Armando Requeixo (o ensaísta especializado na obra de Xosé María Díaz Castro), Carlos Quiroga (docente da Facultade de Filoloxía da USC) e Séchu Sende (o narrador Made in Galiza). Tras este acto a celebrar en Burela, Pedro Miguel Rocha continuará coa súa apretada axenda que o levará á Escola de Idiomas de Ferrol e unha libraría de Santiago de Compostela, onde a cita será ás nove da noite dese mesmo día. Na xornada do día 23 protagonizará un encontro de semellantes características na cidade da Coruña.

Pedro Miguel Rocha (Vouzela, Viseu, 1973) combina tres actividades: profesor de ensino secundario, editor e escritor. Licenciado en Ensino do Portugués e Inglés pola Universidade do Minho, especializouse en Ciencias Documentais e Escrita Literaria –nesete caso no Instituto de Criatividade, Artes e Novas Tecnologias da Universidade Nova de Lisboa. Tras tomar contacto co estudo da nosa cultura na Universidade do Minho (2000), asistiu en 2013 ao curso de Lingua e Literatura Galega ministrado polo profesor Isaac Lourido en Lisboa.

Alén da súa obra narrativa (Juntos Temos Poder (2009); Chegámos a Fisterra (2010); O Eremita Galego (2011); Contos Peregrinos (2014), Pedro Miguel Rocha mantén o blogue “Português de AlmaGalega”  co que pretende “Dar a conhecer a Galiza aos países de Língua Portuguesa (e vice-versa), através da partilha de informações, notícias, entrevistas e sugestões culturais”).

Máis información:

Prevención en Lesións medulares, Cogami


19.5.14

Charla sobre prevención de lesións medulares - 4º ESO

O alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe na biblioteca a unha charla impartida pola Confederación Galega de Minusválidos de Lugo COGAMI-LUGO

Cada ano miles de persoas morren e máis de 40000 quedan con lesións irreversibles (lesións medulares – traumatismo craneoencefálico) como consecuencia de accidentes de tráfico, laborais, deportivos, domésticos e agresións. Tódolos días podemos observar como os novos rapaces (sobretodo entre 16 e 25 anos) son os fatais protagonistas en accidentes de tráfico e deportivos, que poderían ser facilmente evitados se se cumpriran unhas mínimas medidas de precaución. 

Por este motivo, dende o centro IES Perdouro, queremos sensibilizar con esta campaña informativa da COGAMI-LUGO, os rapaces que son en definitiva as persoas máis vulnerables neste tipo de sucesos,  coa fin de que poidan evitar estas situacións.

Testemuña en vivo: Ángel e Iván con discapacidade debido a unha lesión medular explicáronlles aos alumnos as consecuencias dun accidente así como as medidas de precaución para evitalo.

Ler a nota da actividade no blogue de Cogami.

17.5.14

Abalar Móbil

O noso centro foi seleccionado para participar na 3ª fase da implantación de AbalarMóbil. 
Abalar Móbil é unha aplicación gratuita que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
As familias do alumnado xa poden descargar a App en GooglePlay e AppStore. No caso de algún problema coa descarga, podrán acudir ao centro solventar o problema.

Ruta da enerxía - 2º ESO

O pasado 13 de maio, un grupo de alumnos de 2º de ESO participou na ruta da enerxía, actividade deseñada por Fausto, o seu profesor de Ciencias Naturais. Viaxaron primeiramente ata As Pontes para realizar unha visita guíada pola central térmica onde lles explicaron o seu funcionamento. E remataron a ruta da enerxía visitando a planta regasificadora de Reganosa de Mugardos. 

16.5.14

Correlingua Foz 2014

Os rapaces de 3º de ESO B acodiron á convocatoria anual do Correlingua na Mariña baixo o lema "Galego, o paso adiante". A camiñata a prol da lingua celebrouse, nesta ocasión, en Foz. Isabel Risco presentou o acto final. Houbo a lectura do manifesto gañador deste ano. Os nosos alumnos tamén aportaron o seu pequeno gran de area, participaron nun recital poético da obra Nimbos de Xosé M. Díaz Castro. Houbo outras actividades, unha delas foi o concurso de pancartas e animación da marcha. E para rematar,  o grupo gañador do Cantalingua pechou o acto coa súa actuación.


Visita á fábrica de Alcoa - 2º ESO

Os alumnos de 2º de ESO visitaron a planta de Alúmina de Alcoa San Cibrao acompañados do seu profesor de tecnoloxía, Javier Villaverde. 
Foron recibidos por Abel e Manuel. Primeiro, explicáronlles a maqueta da fábrica. Logo viron un vídeo explicativo das actividades desenvolvidas na planta de fabricación do aluminio. E para rematar a visita, o grupo fixo un percorrido en autobús para ver toda a instalación. De agasallo unha camiseta de Alcoa.

Vídeo promocional da entrega de premio Letras Gañegas 2014

Penélope, X.M. Díaz Castro en Ruso

Tradución: Daria Bakteeva (alumna de 4º ESO)

Пенелопа

Один шаг вперёд и другой назад, Galiza,
И кружево твоих снов даже не дрожит.
Надежда в твоих глазах уже подтянулась,
Кто-то землю пашет и дождь идёт.

Зов далёких кораблей,
Губит твой сон словно как виноград,
Но ты укутываешься в столетний постели,
И сново слышишь шум дождя.

Поедят дороги в какой-нибудь день
Людей каторых увели. Бог для всех один.
Кто-то придёт и сново уйдёт,
И все заплатят за свои долги.

Луга беспокоят как сны,
Время бежит с одного места в другое.
Осень постепенно зарывается в землю.
Один шаг вперёд и другой назад, Galiza. 

Перевод Дарьи Бактеевой

Penélope, X. M. Díaz Castro en inglés

Penélope, X. M. Díaz Castro

One step forward and one step back, Galiza,
And the web of your dreams does not move.
The hope in your eyes stretches out.
The oxen plough and it rains.

A roar of very distant ships
Interrupts your sleep, which is as smooth as silk.
But you wrap yourself in thousand-year-old sheets,
And in your dreams you hear the rain again.

Someday the paths will bring back
The people they stole away. God is the same.
One furrow after another. Holy God!
And everything must pay its tithe.

Drying the drizzle in the fields like a dream,
Time moves on from Parga to Pastoriza.
Autumn slowly buries itself, furrow after furrow.
One step forward and one step back, Galiza!

Tradución de Nícola Berminghan (investigadora irlandesa) e Antonio Galdo (profesor de inglés)

Penélope, X.M. Díaz Castro en alemán

Penélope. X. M. Díaz Castro

Ein Schritt nach vorne und ein Schritt zurück, Galicien,
und der Stoff aus dem deine Träume sind, bewegt sich nicht.
Die Hoffnung in deinen Augen erweckt.
Die Bullen pflügen und es regnet.

Der Lärm von weit entfernten Schiffen,
der deinen weichen Schlaf wie eine Traube erdrückt.
Du bedeckst dich mit tausendjährigen Bettlaken
Und in deinem Träumen hörst du wieder den Regen.

Die Wege werden eines Tages die Leute schlucken,
die auf ihnen gingen. Gott bleibt Gott.
Furche hinauf, Furche hinab, Jesus Maria.
und jedes Ding muss sein Zehnt bezahlen.

Die Felder entnebeln sich wie im Traum,
die Zeit vergeht von Parga nach Pastoriza.
Der Herbst begräbt sich Furche nach Furche.
Ein Schritt nach vorne und ein Schritt zurück, Galicien.

Tradución de Amalia Rivas (profesora de FP)

Penélope, X.M. Díaz Castro en francés

Penélope, X. M. Díaz Castro

Un pas en avant, un pas en arrière, Galice,
et la toile de tes rêves reste immobile.
L’espoir se réveille gentiment dans tes yeux.
Les bœufs labourent et il pleut.

Un mugissement de navires très lointains
vient écraser ton doux sommeil comme un raisin.
Mais tu t’enveloppes dans des draps de mille ans,
et en rêve tu écoutes à nouveau la pluie.

Un jour les chemins ramèneront les personnes
qu’ils ont emmenées. Dieu est le même ou qu’on aille.
Sillon après sillon, mon bon et doux Jésus!,
de la récolte chacun payera sa dîme.

La rosée perle dans les prés comme dans un rêve,
le temps s’en va de Parga à Pastoriza.
Peu à peu, à chaque sillon, l’automne s’enterre
Un pas en avant, un pas en arrière, Galiza!

Tradución de Karina Parga (profesora de Francés)

15.5.14

Premio Letras Galegas 2014 - acto de entrega do galardón

Recibimos hoxe da man do secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García Gómez a acreditación do Premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2014. No acto conducido por Neves Cando, o secretario estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería en Lugo, José Jesús Ramos Ledo, polo rexedor municipal, José González Barcia, e polo noso director, Santiago Pérez Docobo. Tamén asistiron ao acto Xulia Márques Valea, a coordinadora técnica central dos equipos de Dinamización da Lingua Galega, a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, Elvira M.ª Casal García, o noso inspector, Jesús Pablo González Moreiras, e o coordinador provincial dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de Lugo, Xosé Luis Ansemil Moreira.

Logo dos agradecementos institucionais, houbo un acto poético que recolleu poemas da figura homenaxeada nas Letras 2014, Xosé María Díaz Castro. Na representación combináronse proxeccións de videopoemas realizados polos alumnos 1º Bach de TIC e uns recitados multilingües. Para celebrar a faceta de políglota de Díaz Castro, e como indicador do noso Modelo Burela, recitouse o poema "Penélope" en crioulo (Diana Gonçalves e Claudia Gomes, alumnas de 4º PDC ), en ruso (Daria Bakteeva, alumna de 4º ESO) , en inglés (Nícola Berminghan, investigadora irlandesa e Antonio Galdo, profesor de inglés), en francés (Karina Parga, Vicedirectora, e Loli Prieto, profesora de inglés) e en alemán (Amalia Rivas, profesora de Ciclo Formativo). Todo un exemplo de convivencia, de enriquecemento e de interculturalidade!

Van os nosos parabéns a :   Alexandra, Andrea, Cintia, María, Sara, Damíán, Gabriel, Iván, José Carlos, Rodrigo, e Miruca Parga!!!!!!

Ligazón os carteis premiados.

Ver nota de prensa do gabinete de Política Lingüística

Plan Acción coa Fundación Eu Son

Este mércores 14 de maio, o departamento de Mecanizado do IES Perdouro recibiu a visita dos usuarios da Fundación Eu Son. Esta visita ao taller de Mecanizado enmárcase dentro das actividades do Plan Acción promovido pola Fundación Alcoa. Os alumnos de PCPI foron os encargados de fabricar un corrimáns para a Fundación Eu Son a partir de materiais reciclados. Gregorio Echevarría, o titor do grupo, explicou todo o proceso  de fabricación dos pedidos aos representantes de Alcoa asi como aos da Fundación Eu Son dende a recepción do material reciclado ata a elaboración do pedido. 


Videopoemas: Nimbos e Esmeralda

A Consellería de Cultura vén de presentar dúas pezas audiovisuais realizadas a partir dos versos do escritor, ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

As dúas pezas que se emitirán na Televisión de Galicia durante o mes de maio baséanse en versos de dous poemas de Díaz Castro, pertencentes ao seu poemario ‘Nimbos’: o propio poema homónimo, “Nimbos”, e “Esmeralda”, ao que se lle deu un enfoque máis infantil para dirixilo á poboación máis nova.



Noticias sacada da Carta Xeométrica

14.5.14

Crónica "Viaxe a Rianxo"

Chegamos ao IES Félix Muriel sobre as 11 da mañá despois de aproximadamente tres horas de viaxe. O centro estaba situado no Rianxiño.

O primeiro foi visitar o instituto, que destaca polas súas dimensións xa que é moi grande. Acto seguido, fomos ao salón de actos onde fixemos unha serie de actividades.

Primeiro proxectaron unha presentación de Rianxo: a súa localización, historia, personaxes ilustres, monumentos, etc. Despois, vimos unha presentación do IES e do labor do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. Son os mesmos alumnos os que preparan todo o traballo no seu tempo de recreo. De seguido, pasamos ás actuacións musicais por parte dos alumnos do Félix Muriel e, por último, presenciamos un recitado de poemas entre estudantes do Perdouro e do Félix Muriel.

Acabadas as actividades no salón de actos, fomos visitar Rianxo.

Primeiro, dirixímonos á praia de Tanxil onde vimos a imaxe da Virxe da Guadalupe e o chalé dos Baltar. Tamén vimos o monumento en homenaxe aos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo. E a Praciña, coas súas casas que teñen a anchura dun remo. Despois, fomos visitar a Praza da Manuela. Neste lugar eríxese un monumento dedicado á embarcación que gañou cinco anos consecutivos as regatas e que recibía o nome de Manuela. Ao lado, está situado o que eles chaman o Parlamento, uns bancos colocados en forma de S e cubertos por un tellado metálico onde sentan os xubilados para conversar.

Visitamos tamén a rúa de Abaixo onde se encontran as casas de Castelao, Dieste e Manuel Antonio. Percorremos logo o Paseo da Ribeira, no que vimos o porto e a capela de San Bartolomeu e continuamos ata chegar á praia da Torre. Para chegar a ela, cruzamos unha ponte co piso de madeira e os laterais metálicos e desde o alto contemplamos o que queda do Castelo da Lúa, que ten a súa propia lenda. Na praia da Torre foi onde comemos e tivemos o noso tempo de lecer. Algúns descansaron e outros xogaron ao fútbol na area.

Pola tarde, fixemos un recitado no monumento a Rafael Dieste, visitamos a Casa-museo de Manuel Antonio e, por último, fotografámonos co alcalde diante do Casa do Concello.

A atención dos rapaces de Rianxo foi inmellorable. Estariamos encantados de volver coincidir con eles.

Foi un bo día, sen dúbida.

Crónica de Aitor Eijo Oroza-4º PDC

Viaxe pola Mariña oriental

O día 7 de maio o alumnado de 1º de ESO  desprazouse ata os concellos de Barreiros e Ribadeo para coñecer varios aspectos da Mariña Oriental. A actividade foi organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica. 

A primeira parada da ruta fíxose no concello de Barreiros, na Praia da Anguieira, onde os alumnos contemplaron a desembocadura do río Masma, que forma a ría de Foz, e escoitaron as explicacións de temas  históricos, económicos, e a influencia da man do home na natureza.

A viaxe continuou percorrendo os areais do concello, pasando por diante da casa-museo do pintor Celso Dourado, antes de chegar ao entorno da Praia de Augas Santas, máis coñecida como Praia das Catedrais.

Seguidamente, o grupo achegouse á ribeira asturiana, no concello de Castropol, para ver a Ría de Ribadeo e a Ponte dos Santos

De volta a Ribadeo, a primeira parada foi na área do Cargadoiro,onde os alumnos puideron ver esta zona, recibindo información deste lugar, facendo referencia ao antigo tren mineiro de Vilaodrid a Ribadeo. O Forte de San Damián e o Albergue de Peregrinos son outras construcións que tamén viron os rapaces, xa que se encontran no mesmo lugar. 

A seguinte parada foi no entorno da Illa Pancha atendendo o alumnado ás explicacións sobre as funcións e as características dos faros. 

Logo dun tempo de lecer no centro de Ribadeo, a visita continuou na Praza de España, onde o grupo escoitou as explicación sobre os edificos desta zona: A Casa do Concello, antigo Pazo do Marqués de Sargadelos, a Torre dos Moreno e o Convento de Santa Clara.

Acto de entrega de premios concurso-exposición Letras Galegas 2104

O IES Perdouro de Burela recibe o premio do concurso-exposición Letras Galegas 2014, convocado por Cultura e Educación. 

O secretario xeral de Política Lingüística entregará o xoves 15 de maio o galardón nun acto que se celebrará na biblioteca do centro a partir das 11h30. 

O traballo titulado “Sombras radiantes” foi o traballo gañador do certame na modalidade de ESO, bacharelato, FP e ensinanzas especiais. A través de 10 paneis, Edelmira Parga, coordinadora do proxecto e os seus alumnos de 1º de Bach. divulgaron a vida e obra do autor das Letras Galegas deste ano, Xosé María Díaz Castro

13.5.14

Viaxe a Londres

O pasado martes 29 de abril, un grupo de 24 alumnos acompañados por dous profesores, puxéronse rumbo a Londres, co fin de permitirlles aos rapaces coñecer outro país e outra cultura totalmente distinta á súa e tamén co obxectivo de poñer en práctica as dúas destrezas orais na lingua inglesa.

Á hora da saída da estación de autobuses de Burela podíase observar a emoción e os nervios que tiñan a maioría dos rapaces. Saíron do aeroporto de Asturias e, despois dun voo moi tranquilo, aínda que especial para moitos que subían a un avión por primeira vez, empezaron a desfrutar dun día soleado na capital británica. Sen embargo, á súa chegada, enteráronse de que non poderían utilizar o metro debido a unha folga, o cal tamén lles afectou ao día seguinte.

A pesar diso, e da choiva dun dos días, tanto os alumnos coma os profesores desfrutaron de distintas visitas na cidade, coma o Natural History Museum, o Science Museum e, como non pode ser doutra forma, o British Museum. Ademais, fixeron outros moitos percorridos de interese por esta cidade tan cosmopolita e os rapaces puideron ver landmarks que tanto desexaban coma o Big Ben, Tower Bridge, a Torre de Londres e outros moitos, sen olvidar a emocionante volta no London Eye, desde o cal gozaron dunhas marabillosas vistas da cidade.

Tamén tiveron a oportunidade de escoitar a un excelente músico entre o bulir dun venres pola tardiña en Covent Garden e somerxerse no típico ambiente de compras dunha mañá de sábado no famoso mercado de Camden Town.

Á volta, as familias foron quen de apreciar a emoción coa que chegaron os alumnos despois de todas estas vivenzas e a satisfacción do profesorado polo exitosa que resultou esta viaxe.

Toni Galdo

12.5.14

Tarefa de limpeza da ribeira - Día dos océanos - 4º ESO e PDC

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO e PDC coidaron da nosa ribeira. Por motivo de calendario, tivemos que adiantar dita convocatoria mundial da limpeza simultánea das praias, iniciativa á que seguimos sumados. Acompañados por Begoña e Mª José Cao, as monitoras de Gaia e por Montse e Karina, os alumnos limparon o tramo da ribeira dende o porto de Burela ata a igrexa de Coedo.
Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral ata se desenterraron 16 neumáticos.

9.5.14

Intercambio dos ENDL - visita a Rianxo

A comitiva burelá viaxou ata Rianxo para ser acollida no IES Félix Muriel como propósito do intercamnbio dos ENDL iniciado este curso cos alumnos de 4º de ESO e PDC.



8.5.14

Trip to London - 4º ESO

Xa podemos ver a reportaxe fotográfica da viaxe a Londres realizada polo alumnado de 4º de ESO. Exhíbese estes días no hall de entrada. Excelente traballo profes!

Visita á Capitanía Marítima - 3º ESO

Os alumnos de 3º de ESO visitaron o edificio da Capitanía Marítima de Burela co fin de observar a  súa arquitectura. Foron atendidos por Marco Rego Fernández. Logo de consultar con detalle os planos e documentos técnicos de execución da obra do edificio, subiron á cuberta Para completar a visita, Javier Villaverde, o seu profesor de Tecnoloxía, preparoulles unhas fichas de medición da obra segundo a escala. Unha visita moi interesante!!

7.5.14

Viaxe a Lugo - 2º ESO

O patrimonio histórico-cultural da cidade de Lugo é, desde o punto de vista do ensino, unha fonte inesgotable de recursos. Esto puideron comprobalo os alumnos de 2º de ESO nun percorrido histórico pola cidade, unha viaxe polo tempo.
Iniciamos co Lugo romano, resumido no Centro de Interpretación da Muralla, logo o Lugo medieval, con parada no Centro de Interpretación do Camiño de Santiago, sen esquecernos da impresionante catedral, mestura de estilos arquitectónicos e unha xoia para o estudo, contemplación  e admiración da arte.
Rematamos a viaxe coa visita a pintoresca paisaxe de Penas de Rodas, en Outeiro de Rei. 

Ruta da Auga - 3º ESO

Un grupo de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados polas monitoras do Centro de Educación Gaia, dun técnico da empresa Espina e Delfin e de profesorado, visitaron este mércores as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

Desde Gaia explican que “os cidadáns debemos responsabilizarnos de non derrochar a auga e usala de maneira racional”. Nos conceptos que barallaron diante dos rapaces figuran que “para converter a auga non potable en auga apta para o consumo é necesario potabilizala (entendemos por auga potable a auga apta para o consumo humano, a que é apta para beber e para usos domésticos). Os tratamentos empregados nunha pranta potabilizadora para reducir as impurezas poden ser de natureza física, química ou biolóxica”.

Os rapaces escoitaron que a auga antes de chegar ás casas ten o seguinte percorrido:
- Almacenamento: a auga almacenase nun embalse.
- Potabilización: A auga trátase nas prantas de potabilización para adecuar a súa calidade ao consumo humano. Filtrase para eliminar a materia orgánica e as partículas que leva en suspensión e desinféctase con cloro.
- Distribución. A auga lévase ata as casas a través de grandes condutos.
- Depuración: A auga depúrase antes de ser enviada ao mar.

Desde Gaia engaden que “con esta visita guiada preténdese concienciar ao alumnado da importancia do uso sostible da auga, do ciclo da auga e a depuración como clave para o mantemento dos ecosistemas mariños”.

5.5.14

Letras Galegas 2014 - Xosé María Díaz Castro


Recompilación de materiais de uso didáctico e recursos de utilidade para coñecer a figura das Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

 - Coordinadora ENDL: Letras Galegas 2014
 - Botóns: Portal Galego de Educación

 - Presentación Prezi de Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Curtis, 



Portal das Palabras

Penélope


Nimbos


Léxico da súa poesía


1.5.14

Reto Alcoa - Xornada "Habilidades para o éxito"

No marco do Reto Alcoa 2014, os alumnos dos ciclos formativos do IES Perdouro asistiron, o pasado 30 de abril en San Cibrao, a unha xornada de fomento do emprendemento patrocinada pola Fundación Alcoa e Junior Achievement.

Ademais da convivencia con alumnos doutros centros da provincia, puideron coñecer as instalacións de Alcoa na localidade e asistir as seguintes actividades:

Acollida a cargo de,

- Rubén Bartolomé González, Director de Alcoa San Cibrao.
- Manuel Corredoira, Director Xeral de Educacion, Formación Profesional e lnnovación Educativa de Galicia.

Conferencias:

    "Liderazgo nas empresas" a cargo de Aquilino Lousa, Consultor de Habilidades.
   "Conseguir un emprego. A entrevista de traballo" a cargo de Manuel Estevez Diaz, Gestion de Personas, Logistica.
   "¿Qué habilidades buscan as empresas? O compromiso dos empregados", a cargo de Pilar Verdeal Garcia, Xefa Recursos Humanos Planta de Aluminio, Alcoa



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...