Trátase dunha actividade máis dentro da Semana da Muller, arredor do 8M.
9.3.23
Encontro con Antía Yáñez: a muller en Senlleiras
7.3.23
Cartel 8M do IES Perdouro
Temos cartel Especial 8M!! Grazas a Zoe Arias, alumna de 4º ESO, por achegarnos a súa proposta tan axeitada para a ocasión. Lembra: IGUALDADE!
6.3.23
O xogo da zoca: camiñando cara á igualdade
18.11.22
Obradoiro de poesía con Carlos Negro
30.1.22
Mulleres Premios Nobel da Paz
15.1.21
"O sexismo no día a día. Cousa do pasado?" - Obradoiro de Antía Yáñez
O pasado venres 20 de novembro Antía Yañez veu impartir un obradoiro sobre o sexismo e o machismo.
Que é o sexismo?
A diferenza entre o sexismo e o machismo é a ideoloxía, comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas ou do seu sexo. Tamén é a ideoloxía ou estratexia que sustenta o machismo. Este é máis sutil e invisible.
Maioritariamente este termo aplícase ás mulleres, xa que case non existen en homes.
O machismo e o sexismo están moi presente na nosa sociedade.
O machismo engloba as formas de levar a cabo esa discriminación. Normalmente o machismo asóciase ao maltrato físico pero o que non se ve é que tamén está no maltrato psicolóxico, ao que se lle dá menos importancia. O maltrato físico é máis directo e sinxelo de detectar e pode chegar a ser máis radical.
O xerme de todo isto son cousas tan básicas como: a distinción de cores por sexo; asociar as cores a
xoguetes como bonecas para as nenas ou motos e coches de xoguete para os nenos; as películas infantís asociadas ás princesas; libros ou películas de adolescentes e adultos nas que os homes toman a iniciativa sexual; nas novas e nos telediarios tamén intentan disfrazar o home cando é o autor dun presunto crime ou violación; na publicidade denígrase a imaxe da muller pola superioridade dos homes nos anuncios e en moitos deles a muller está asociada á promiscuidade.
Fundamentalmente, os roles de xénero son os principais causantes desta sociedade sexista e machista.
Por último, falounos un pouco do seu libro titulado Senlleiras. Este empezou sendo algo máis misterioso ata que cambiou a súa temática e enfocouno máis nas relacións con violencia machista. Para a elaboración deste libro Antía tivo que buscar información noutros libros e xornais polos que se deixou influenciar e dos que recolleu ideas.
Accede ao álbum de fotos aquí.
Martín González Cabanas, 1º BAC B
13.1.21
"Tódalas mulleres que coñezo"
CINEFÓRUM FEMINISMO
Esta película trata sobre vivencias e experiencias contadas por mulleres nas que se sentiron incómodas por culpa do machismo. Contan experiencias moi fortes que seguen pasando cada día e reivindican o pouco que se fala de todo o que lle pode pasar a unha muller, só polo feito de ser muller. A película desenvólvese en tres escenarios distintos que están enlazados: o primeiro é un grupo de amigas, o segundo é como unha asociación onde tamén hai mulleres de máis idade e o terceiro é unha aula dun instituto.
Cando acabamos de ver a película puidemos conectarnos por videoconferencia coa directora, Xiana do Teixeiro. Ela explicounos que se lle ocorreu a idea de facer a película ao decatarse de que non se falaba nada de todas estas situacións que seguen sendo tan frecuentes. Tamén nos explicou a idea que quería transmitir e ensinar e deunos pé a debater sobre en cal dos tres escenarios que se mostran nos sería máis fácil falar e expresar as nosas ideas e por que.
Accede ao álbum de fotos aquí.
Antón Expósito Campo - 4º ESO B
8.1.21
Doce mulleres galegas na ciencia
Este ano o alumnado de 4º da ESO foron os encargados de elaborar as fichas informativas de 12 mulleres galegas que destacaron na ciencia e que protagonizan o noso calendario anual.
Unha vez recollida e resumida a información de cada científica, o alumnado de TIC maquetou os carteis informativos que aquí achegamos.
Damos as grazas e parabéns a Lidiana de Pina Sanches polas impresionantes ilustracións feitas por ela e a Cecilia García López pola súa caligrafía no título do proxecto.
27.10.19
Mulleres negras na ciencia
Estas mulleres revolucionaron a Historia grazas á súa determinación, esforzo e valentía pero aínda hoxe non son coñecidas por unha inmensa maioría da poboación.
Algunhas destas mulleres eran astronautas, químicas, enxeñeiras ou inventoras.
Só cinco delas seguen vivas na actualidade.
8.3.19
Celebración do Día da Muller
7.3.19
Carteis Día da Muller por 3º ESO
11.2.19
Día da muller e da nena na Ciencia no IES Perdouro
10.5.18
Discurso de clausura das xornadas "A Mariña pensando en feminino" da Microrrede de bibliotecas escolares
Nas nosas bibliotecas escolares naceron moitas iniciativas durante o curso. A Mariña pensando en feminino é o resultado dunha delas. Unha exposición de traballos escolares cun claro componente de xénero.
Neste proxecto colaborativo das B.E. PLAMBE da Mariña os traballos dos escolares coas súas familias son os protagonistas e o obxectivo principal é o fomento do hábito lector no alumnado. Pero o hábito lector, coma moitos outros hábitos e afeccións hai que alimentalo; hai que mantelo vivo. Todos os recursos son benvidos para este fin e este proxecto é un máis.
Consideramos que estes espacios de aprendizaxe fora do colexio son un compoñente importante dentro do seu proceso de formación integral.
Queremos rendir homenaxe á labor silenciosa e abnegada da muller que asumeu secularmente moitas das función masculinas dada a ausencia dos homes mariñáns en ocupacións lonxe da terrra ademais das tarefas domésticas, da educación dos fillos, dos traballos do campo, de xestión e finanzas… Son mulleres fortes, valentes, decididas, con espíritu emprendedor como o das escritoras que hoxe coas súas obras literarias nos acompañan neste evento.
Pretendemos dar visibilidade á muller e empoderar a súa figura. Nesta exposición vimos mostras preciosas de profesións ligadas ao mar como as mariscadoras, as conserveiras, as redeiras, e outras como as costureiras ou as lavandeiras; vimos traballos sobre mulleres mariñás das letras, da cultura e da música. Lemos interesantes entrevistas ás mulleres de hoxe que destacan en sectores esencialmente masculinos. Lembramos as cancións das nosas avoas e das nosas madriñas. Elas continúan a ser as superheroínas dos nosos alumnos e alumnas.
Neste 2018 en que celebramos o ano do patrimonio cultural, non quixemos esquecernos do patrimonio e da historia local da Mariña. Así temos traballos como o da Mariña en 100 palabras, as nosas alfombras florais, romarías, lendas e festas. E viaxamos ao pasado a través da recompilación de fotografías antigas do século pasado. Descubrimos que a Mariña como o seu propio nome indica ten moito de feminino. E temos que estar orgullosas e orgullosos do noso: da nosa fala, da nosa terra, da nosa cultura.
Tamén queremos agradecer moi expresamente a participación voluntaria das familias nestes traballos de creación literaria e/ou plástica. Neste sentido, recollo as palabras da nosa compañeira Belinda felicitándovos : «vaia se son artísticos, e creativos, e orixinais… cada ano nos sorprende a imaxinación e creatividade das nosas familias, a calidade dos traballos, o cariño con que os fan, a súa participación...»
O resultado deu moito que pensar. Grazas a esta actividade colaborativa conseguimos empoderar a palabra, a figura, a cultura, as profesións, as voces, as letras, a historia dende o punto de vista máis feminino.
Os nenos e nenas, os rapaces e rapazas son o noso máis valioso tesouro para garantir un futuro mellor, un mundo máis respectuoso, máis equitativo, máis solidario, máis empático, máis honrado. máis compromido e máis intercultural.
As bibliotecas escolares son un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formular preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.
Para ir acabando nós, compañeiras e compañeiros da Mircorrede da Mariña, queremos agradecer a todas as persoas que fan posible este proxecto xa que a labor que se desempeña dende as B.E. é unha labor silenciosa pero tremendamente entusiasta, e actividades coma esta supoñen un recoñecemento e impulso importantes para continuar con esta tarefa con máis ilusión. Esta humilde labor hoxe máis que nunca vese recompensada.
Queremos agradecer a nenos e nenas, mozas e mozos, o seu esforzo. Pasiño a pasiño faise o camiño, así que fagamos todas e todos, acompasadamente, o camiño en prol da igualdade!!
Moitas grazas.
8.3.18
Eu paro - 8 de marzo
A concentración feminista tivo lugar no patio do IES Monte Castelo de 12h a 14h e interviñeron varias rapazas de bacharelato de ambos institutos lendo textos, poemas, recitados propios e fragmentos de obras literarias en prol da muller. Por parte do IES Perdouro, María Areán, Iria Fernández, Andrea Rivas, Romina Pereira, Clara Iglesias, Floricia dos Santos, Claudia Olaya e Maka Ledo, e por parte do IES Monte Castelo, Pilar Romero, Aida Maside, Mari Luz Abad, Elvira Luna, Nausica, Ruth, Carla Braña, María Camaño, Sara Teijeira, foron parte de moitas das protagonistas de hoxe.
Deuse tamén lectura ao manifesto da Comisión 8M co acompañamento musical de Laura Pernas de 4º ESO ao violín.
As integrantes do grupo de rapazas caboverdianas Moreninhas cantaron Txica Bunita de Elida Almeida.
A profesora Neves Cando leu un fragmento de Todos deberiamos ser feministas da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie quen se afirma como "feminista feliz africana que non odia aos homes e a quen lle gusta levar pintalabios e tacóns altos para si mesma e non para os homes”.
E para claususar o acto conducido marabillosamente polas alumnas cantouse ao unísono a canción MATRIARCAS de Guadi Galego.
A mobilización estudantil feminista estivo moi ben organizada polas alumnas de ambos institutos de Burela. Os nosos parabéns para todas elas e as organizadoras: Sara Teijeira, Elvira Luna, Aida Maside, Pilar Romero e María Areán. Hai futuro.
Se paramos TODAS, paramos TODO.
Accede ao albúm de fotos aquí.
Moreninhas no 8M
Discurso de Andrea Rivas Villarquide no 8M
Porque vivín, porque vivirei.
Vivo por min, por todas as que foron, polas que seguen.
Son muller porque me educaron coa frase “así non se comporta unha señorita”.
Porque non poido falar mal, porque debo sentarme coas pernas pechadas
Porque as persoas senten a necesidade de opinar sobre como elixo comportarme.
Son muller porque me molesta ser chamada “FEMINAZI” por querer unha lei contra o acoso Sufrido nas rúas.
Porque quero un aborto libre sen ser sinalada.
Porque nos mutilaron os xenitais, fomos propiedade dos nosos pais e das nosas parellas;
Porque nos asasinaron por bruxas, por putas, por monxas, por histéricas, e máis.
Por usar anticonceptivos, por manter relacións sexuais ou por non mantelas.
Son muller porque nos humillaron: por querer estudar,traballar e gañar o mesmo.
Porque “son culpable” dunha violación, por mor da miña vestimenta.
Porque a xente é ignorante, feminismo non é igual a feminino.
Feminismo significa IGUALDADE
Son muller e son presa dun sistema patriarcal.
O meu periodo é un tema tabú, o meu vello dá asco, debo esperar o meu principe azul...
E quizais deba, pero NON QUERO!
Non son feminazi como dixo o norteamericano Rush, ao compararnos co holocausto de Hitler. Nin creo que o feminismo sexa a oposición ao machismo.
Actitudes particulares non lle son competencia a un sistema en que económica, social e culturalmente prevalece a supremacía masculina.
Son muller e os estereotipos importanme unha merda.
Podo dicir groserías, comer o que queira, sentarme como me apeteza ,podo estar con quen desexe, contar os meus logros e ter o meu propio patrimonio.
Son muller porque me visto para min;
porque non espero o meu príncipe xa que non necesito ser rescatada.
porque non aguanto humillacións, porque non quero ser tua nai senón a túa compañeira, porque non nacín da túa costela para ser inferior, porque non necesito que me paguen a conta nin moito menos que me gañen como trofeo.
Son muller porque isto é ser muller.
Polo que vivín, polo que vivirei.
Polas que foron, polas que virán.
Inconformistas, para ser libres transformamos a realidade.
Para ser libres somos feministas!
21.11.17
Fondos sobre igualdade recomendados polo CIM
Contacontos pola igualdade
Accede ao noso albúm fotográfico aquí.