28.11.18

Axenda Cultural

📌 AXENDA CULTURAL


Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

23.11.18

Acto 25 N no Concello de Burela

Esta mañá o alumnado de 4º de ESO participou no acto 25 N Burela en Negro convocado polo Concello de Burela coa lectura duns textos curtos. Ademais, Laura Rodríguez López de 2º de ESO que acadou o 1º premio do certame convocado polo CIM na súa categoría, leu o seu relato. Tamén houbo música e palabras das autoridades.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.

22.11.18

Relatos Curtos contra a violencia de xénero

O alumnado de 2º de ESO participou no concurso convocado plo Concello de Burela contra a violencia de xénero. E aquí a escolma:

Feria internacional de máquinas, equipamentos e servizos para a industria.

Alumnos dos Ciclos Medios de Mecanizado están en Oporto Portugal na 17ª edición de EMAF 2018 Oporto: Feria internacional de máquinas, equipamentos e servizos para a industria. Presenta a vanguardia das solucións e tecnoloxías do futuro durante 4 días. EMAF e o maior evento en Portugal do sector industrial.

Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero

Esta mañá tivo lugar o Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero sumándonos á compaña de sensibilización En Negro Contra as Violencias.
O acto foi conducido por Carla Fra, alumna de 1º de Bach. Lembrou que o vindeiro 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data para denunciar a violencia que se exerce sobre as mullleres en todo o mundo e para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. En nome dos seus compañeiros manifestou a súa repulsa contra calquera acto de violencia machista, que a día de hoxe, en pleno século XXI, aínda se produce na nosa sociedade.
Miguel Fernández foi o encargado de ler o seu Manifesto. Despois da lectura doutro texto feita por Raisa e Cristián de 1º de Bach, o alumnado de 3º de ESO cantou un rap "Non significa NON". Despois desta pausa musical, Álvaro Fernández e Alejandro Fernández de 2º de ESO, Manuel Paz e Iván Pernas de 1º de Bach. leron cada un os seus relatos que nos axudaron a reflexionar un pouco máis sobre este tema.
Para clausurar o acto o alumnado de 3º de ESO cantaron e bailaron a canción de Rozalén, La puerta violeta, todo un himno contra as agresións machistas. 
E finalmente pechouse o acto posando para unha foto con toda a comunidade educativa do centro e dicindo ben alto o Perdouro Respecta.
Contamos cunha pancarta co noso lema Perdouro Respecta feita en Plástica polo alumnado de 3º de ESO. Agradecemos a Laura Pernas a súa participación ao piano así como o dpto de Electrónica por encargarse da megafonía.  

Exposición Biblioteca : Día contra a violencia de xénero

Chegou o mes de novembro e con el a exposición de libros e cine temáticos sobre muller para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. 


21.11.18

Anunciando o noso acto do 25 N

Alumnas de 2º de Bach foron esta mañá por todas as aulas para anunciar que mañá, xoves, día 22 de novembro temos programado no recreo un acto  conmemorativo do 25 N. Elas trataron de sensiblizar os seus compañeiros na necesidade de respaldar esta importante mobilización.
Accede ás fotografías aquí.

Axenda Cultural

📌 AXENDA CULTURAL

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

20.11.18

Perdouro Respecta

Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero no IES Perdouro. Sumámonos á compaña de sensibilización En Negro Contra as Violencias.

Será o xoves 22 ás 11h. no recreo. Abrirase o acto coa lectura duns textos redactados por un grupo de alumnos/as. A continuación alumnos/as de 3º ESO van versionar un rap "Non significa NON". Tamén cantarán unha canción de Rozalén, La puerta violeta, todo un himno contra as agresións machistas. Se te animas, podes unirte a cantar o retrouso con nós. Para clausurar o acto faremos unha foto de grupo coa máxima participación da comunidade educativa do centro. A cor negra será a protagonista.

Vémonos o 22 ás 11h vestid@s de negro.

#BurelaEnNegro#PerdouroEnNegro#ContraAsViolencias

16.11.18

Axenda Cultural

📌 AXENDA CULTURAL

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

12.11.18

Mes da ciencia en galego - Obradoiro

Con motivo do mes da ciencia en galego, o EDLG contou coa axuda dun equipo interdisciplinar de profesoras  (Física, Bioloxía e Ciencias Sociais). O proxecto deste ano ía destinado ao alumnado de 2º de ESO, 3º PMAR e 4º de ESO Aplicadas e consistiría nun obradoiro de resolución de fenómenos relacionados coa flotabilidade. A finalidade desta actividade que se desenvolveu no laboratorio de Bioloxía é fomentar nas rapazas e rapaces o desenrolo de habilidades cognitivas, pensamento crítico, concentración, aprendizaxe continuo e creatividade.
En resumiadas contas, pasáronno moi moi ben!  E moitos parabéns a Maribel pola introdución histórica a Arquímedes, e a Ana e Virginia polas dinámicas dos experimentos. Grazas.
Accede ao noso albúm de fotografías aquí.

8.11.18

Mes da ciencia en Galego


O alumnado de 2º de ESO, 3º PMAR e 4º de ESO Aplicadas será o que teña que resolver uns cantos enigmas. Para iso temos preparados uns experimentos no laboratorio para intentar comprender o concepto de flotabilidade.
Deixámosvos unha pista: Arquímides.

Visita á unha granxa de corais

O pasado luns 5 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO, xunto con algúns mestres, fomos de excursión a Viveiro dentro da campaña de educación ambiental MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR, promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.

A primeira parada foi no barrio de Magazos, onde o grupo de alumnos foi acollido nunha casa indiana para descubrir no seu vestíbulo un magnífico acuario de arrecife asi como unha granxa de cultivo de corais ubicada nun bungalow. Reef Water é o nome desta empresa pioneira dedicada ao cultivo, á reprodución e a distribución destes delicados animais mariños. Aí soubemos máis da acuarofilia mariña

Eramos moitos, así que nos dividimos en dous grupos. O primeiro grupo foi ver un acuario moi grande xunto cunha guía chamada Vanesa Rodríguez. Explicounos diversas aspectos sobre os corais e os peixes que habitaban nese ecosistema. Cando acabou a explicación fomos con outra guía, Ana, ver outros 20 acuarios máis. Tamén nos contou curiosidades diferentes que para todos nós eran descoñecidas. Logo, deunos un tempo para observar de preto todos os seres vivos que habitaban cos corais en cada acuario, entre eles: estrelas de mar, peixes paiaso, cogombros de mar.

Mentres nós faciamos todo isto, no centro sociocultural de Magazos un biólogo chamado Carlos Gil deulle ao grupo dous unha charla sobre a contaminación que hai no mar e no océano, explicou qué son os corais, qué lles fai falta para poder vivir… e ata lles puxo uns cuantos vídeos para poder entendelo ben. Cando ambos grupos acabamos, reunímonos para tomar a comida de media mañá. De seguido, cada grupo fixo o que fixera antes o outro. Aprendemos moitas curiosidades novas e moi interesantes!!

Por desgraza, como todas as excursións, nalgún momento tiña que acabar. Volvémonos reunir todos e fomos para o autobús. Cando chegamos ao instituto descansamos e lemos os folletos informativos que nos deran á saída. Foi unha excursión da que aprendemos moito e á que nos gustaría volver, só que sen chuvia, claro, puxémonos pingando.

Accede ao álbum de fotos aquí.

Laura González, 1º ESO B

Novembro: mes da Ciencia en Galego

Este ano a celebración da Ciencia en Galego céntrase na cultura científica e na cultura galega como patrimonio cultural europeo.
cartazElíxese Arquímedes como científico europeo pola súa indiscutible importancia para a cultura científica,  tal como dá conta o feito de que a súa imaxe foi a elixida para figurar na medalla Fields, a medalla internacional para descubrimentos sobresaíntes en matemáticas
Arquímedes brinda múltiples posibilidades; pódese falar de espellos ustorios, da panca para “mover o mundo”, da coroa de ouro trucada, de Pi, da área e o volume da esfera a partir da do cilindro, do parafuso de arquímedes, do palimpesto, etc.
No relativo á cultura galega destacou ao Mestre Mateo pola  arquitectura e escultura, especialmente na catedral de Santiago, no pórtico da Gloria, Santa Tegra, O dolmen de Dombate, os petróglifos, os labirintos, pero hai un cento máis... Desde  logo a arquitectura tamén é unha ciencia aínda que tamén sexa unha arte.
Tedes información adicional sobre o Pórtico e Arquímedes en cienciaengalego.org, por exemplo en http://www.cienciaengalego.org/node/444

Axenda Cultural

📌 AXENDA CULTURAL

Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

2.11.18

Samaín na biblioteca

O alumnado de 2º ESO PMAR preparou coa axuda da súa profesora Eva Fernández unhas lecturas dramatizadas para o día de Samaín. Escolleron dous relatos terroríficos recollidos do folclore norteamericano por Alvin Schwartz. O relato titulado "Ruidos" foi gravado coa axuda da profesora Marga López para distorcionar a voz de Rafa e engadir música tenebrosa e efectos especiais  terroríficos. O outro relato foi lido por Andrea en directo e titulábase "A cousa". En ambas dúas representacións os alumnos fixeron de actores dramatizando a lectura dos textos. O público que se achegou ata a biblioteca durante o recreo do pasado mércores 31 de outubro pasou moito moito medo. Mergullado na total escuridade, o público foi sorprendido por un monstruo que lle saltou encima o que ocasionou a histeria total. 
Podemos felicitar este primeiro traballo destes alumnos esperando que volvan outro día a sorprendernos na biblioteca. Parabéns Andrea, Bruna, Érica, Isaura e Rafael!


Accede aquí as fotografías.



Proxecto Neo

L’image contient peut-être : 10 personnes, personnes souriantes, personnes assises et intérieur Non deixes de escoitar o noso programa semanal radiado por Radio Burela.
Os mércores de 5 a 6 da tarde emitimos en directo.
Tamén podes escoitarnos cando e onde queiras na radio á carta.

Proxecto Neo

1.11.18

Paixón por Sorolla e portos naturais asturiáns

O pasado día 26 de outubro, todo o alumnado de 2º ESO, coas profesoras dos departamentos de Xeografía e Historia (Maribel), Relixión (Begoña) e Plástica (Teresa), fomos pasar o día a Asturias para visitar algúns portos pesqueiros e o Centro Niemeyer. 
Pola mañá fomos a Cudillero (unha pequena vila turística e pesqueira na que as casas, de colores, están situadas de forma descendente cara ao centro da localidade). Alí, realizamos unha actividade en grupos, fotografando sitios importantes desta poboación e explorando o lugar. Tomamos o almorzo e fomos directamente ao Centro Niemeyer, en Avilés, para facer unha visita guiada pola exposición de Joaquín Sorolla e traballar no obradoiro pintando un dos seus cadros máis importantes “Corriendo por la playa”.
Comemos no centro e, pola tarde, fomos a Puerto de Vega (outra localidade turística e pesqueira chea de fermosas rúas que antigamente tivo un porto no que atracaban os seus barcos baleeiros). Alí repetimos a actividade feita pola mañá. Despois diso, voltamos cara a Burela facendo xogos no autobús e divertíndonos todos xuntos, profesoras, alumnas e alumnos.

Accede a reportaxe fotográfica aquí.

Crónica de Laura Rodríguez López, 2º ESO A

Avistamento de aves en Estaca de Bares - 4º ESO

Os alumnos/as de 4º ESO saímos o día 15 de outubro ás 8:30 do instituto rumbo a Estaca de Bares e coa esperanza de pasar unha mañá entretida. A actividade enmárcase dentro da campaña “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” promovido polo GALP A Mariña Ortegal.

Chegamos a Estaca de Bares e fomos recibidos por unha guía que nos ensinou o faro. Puidemos observalo e preguntarlle curiosidades sobre el. Soubemos que tiña dúas lámpadas pero que só funcionaba unha delas (a outra é de recambio), explicounos que alcanzaba os 50 quilómetros aproximadamente e que emitía dous tipos de escintileos, os cales lles permitían aos barcos identificar a zona en que se atopaban. Antigamente, o faro tamén o empregaban os primeiros avións que existiron e era manual xa que había que tirar dunhas cordas para que xirara o faro arredor da lámpada.

Despois fomos á Punta de Estaca de Bares acompañados por un biólogo, que nos explicou que nos atopabamos no punto máis ao norte da Península Ibérica. Dende alí, puidemos observar as aves mediante un telescopio. Ninguén sabía o porqué daquela cantidade tan grande de aves pero o noso guía aclarounos todas as dúbidas cando dixo que nos atopabamos na mellor época do ano porque as condicións meteorolóxicas eran idóneas para a migración das aves de Oceanía e Asia cara a terras americanas. Isto explica que puideramos ver pasar 100 aves por minuto aproximadamente, sen parar, excepto cando se agrupaban e se somerxían na auga coma mísiles en busca de comida.

Por último, fomos a un pequeno embarcadoiro na Ría de Ortigueira onde puidemos merendar o noso bocadillo gozando dunhas vistas bucólicas da ría sobrevoada polas aves.

Accede aquí á reportaxe fotogrófica.

Crónica de Jorge Quelle - 4º ESO

Obradoiro de Reanimación Cardiopulmonar

O día 16 de outubro recibimos a noticia de que, en lugar de asistir ás últimas dúas clases da mañá, iriamos a un obradoiro na Praza do Concello.
Era o Día Europeo da Reanimación Cardiopulmonar e o Concello de Burela, xunto co 061, organizaron un obradoiro de RCP.
Alí, tras unha presentación de profesionais médicos e o testemuño dalgunhas vítimas, empezamos coa práctica.
A nosa especialista-monitora explicounos como se podía recoñecer cando se produce unha parada cardiopulmonar e, obviamente, como tratala mentres que os servizos de emerxencia están en camiño. Facendo distintas quendas, acabamos (un pouco cansos) por salvarlle a vida a un boneco (algún grupo tamén puido practicar cun desfibrilador portátil) e rematamos vendo parte do interior dun vehículo de rescate.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Crónica de Daniel Piqueras Valle - 4º ESO

Obradoiro de kaiak e surf do programa Mares de Cultura

O martes 9 de outubro, ás 8:30, fomos a unha saída en autobús ata Foz para facer kaiak e surf na ría de Foz e na praia da Rapadoira, dentro do programa "Mares de Cultura". Ao chegar alí, recibíronnos uns monitores de Maremasma que nos dividiron en dous grupos para facer as actividades e logo repartíronnos uns traxes de neopreno.

Despois diso, baixamos ata a praia, e alí déronnos as táboas, os kayak e as palas, e antes de comezar a usar o material, déronnos unha breve charla de como funcionaba todo aquilo. Seguidamente, cada grupo comezou a actividade que lle correspondía e ao cabo dun tempo cambiamos. 
Ao rematar as actividades, démonos unha ducha,  devolvemos o material e limpamos as táboas de surf; deixamos os nosos neoprenos, vestímonos e os profesores déronnos un tempo para comer a nosa merenda e ir dar unha volta. Ás 13:30 volvemos ao autobús para retornar ao instituto. Foi unha viaxe moi divertida.

Accede aquí ás fotos.

Crónica de Dámaris Carballo Dorado - 2º ESO B
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...