24.1.25
Visita a Gadisa
22.1.25
Visita ao Parlamento de Galicia e á catedral de Santiago de Compostela
O martes 17 de decembro o alumnado de Formación Profesional de Servizos Administrativos do IES Perdouro realizamos una saída cultural e educativa a Santiago de Compostela. Os estudantes que fomos á excursión saímos de Burela ás 8:30 no autobús acompañados dos profesores do departamento de Administración: Yolanda, Patricia, María, Javier e Denís. Chegamos á Intermodal de Santiago de Compostela ás 11:15 e fixemos unha breve parada para ir ao aseo e despexarnos da viaxe, que foi bastante longa.
A primeira visita foi ao Parlamento, sobre as 12:00, onde fomos testemuñas dun grupo de persoas manifestándose no exterior. Alén diso, alí vimos a Xosé Ramón Gómez Besteiro, Secretario Xeral do PSOE. En primeiro lugar pasamos un control e logo accedemos por unhas escaleiras; na parte superior estaba agardando por nós un guía para comezar a visita.
O primeiro que nos ensinou foi a sala dos Reis, onde se fan a maioría dos actos, como por exemplo os actos de xura de cargo e outras moitas reunións; nesta sala había fotografías dos reis actuais e dos anteriores, así como imaxes dos antigos presidentes do Parlamento.
Saímos desta sala e fomos á entrada principal ver as obras de arte que conservan alí e a continuación deixáronnos ver un anaco da sesión. Tivemos a oportunidade de asistir a un pleno sobre orzamentos que dera comezo unhas horas antes e escoitamos falar a Ana Pontón (BNG) e logo a Paula Prado (PP). Despois diso xa saímos para que nos dese tempo a ver todo e non alongar moito a visita. Fomos á biblioteca na que había máis de 5000 libros dos cales uns 2000 eran libros sobre dereito.
Cando saímos da biblioteca seguimos coa visita, leváronnos a unha sala grande e puxéronnos un vídeo informativo sobre o funcionamento do Parlamento e a súa composición. Unha vez rematado o vídeo explicativo entrou na sala Alfonso Villares, Conselleiro do Mar, que veu visitarnos xa que el nos seus tempos mozos estudou no instituto veciño ao noso, no IES Monte Castelo. Despois diso, demos por rematada a visita ao Parlamento e regresamos ao autobús.
A parte lúdica foi cando nos diriximos ó centro comercial As Cancelas sobre as 14:00 h da tarde, onde nos deixaron tempo libre para xantar, pasear ou mercar o que quixésemos. Polas 15:30 xa estabamos todos subindo no bus para dirixirnos á Catedral de Santiago.
Ao chegar entramos polo Palacio de Xelmírez e alí dividímonos en dous grupos dunhas 20 persoas, cada grupo cunha guía e uns mp3 para escoitar mellor. Subimos as escaleiras que nos levaban ás terrazas e gozamos das vistas desde arriba ata que empezou a chover e tivemos que marchar. Desde alí seguimos coa visita sen nos importar ternos mollado. Vimos o altar maior, demos unha aperta ao apóstolo Santiago e visitamos tamén a capela do Horto dos Olivos, onde os estudantes adoitan ir rezar antes dos exames. Despois diso emprendemos a viaxe de volta a Burela.
Foi unha excursión entretida e non notamos nada de negatividade en todo o día, iso fixo que fose unha saída moi amena e tranquila. O alumnado en xeral, polo que nos dixeron, tivemos un bo comportamento e participamos en todo con moito interese. En conclusión, foi unha excursión tranquila pero divertida, na que todos o pasamos ben e aprendemos moito. Pasamos moi bo día!
Podedes ver algunha das imaxes da viaxe AQUÍ.
Karen da Costa Pérez e Lara Baltar Fernández - 1º CB Servizos Administrativos
17.11.24
Visita ao Salón Internacional XANTAR (Ourenses) e á empresa Jim Sports (Palas de Rei)
16.4.23
Visita á granxa A Peruyeira e a estaleiros Gondán
Ademais, explicáronnos algúns datos sobre a granxa, como que moxen as vacas dúas veces ao día e teñen unha produción anual de 2.400.000 litros de leite. Tamén contan con 116 hectáreas de terreo para que as vacas poidan pastar e colaboran con Central Lechera Asturiana, da que foron socios fundadores.
Despois, fomos ver como muxían as vacas e fomos á corte, onde nos deixaron acariñar as vacas e os tenreiros. Así mesmo, explicáronnos que a algunhas póñenlles un aro con picos no nariz para que non lles vaian aos tetos a outras vacas, o que dana a calidade do leite. Tamén nos comentaron que hoxe en día os xatos son moi baratos (sobre 40 euros cada un) polo que a súa crianza non sae rendible, xa que o penso é moi caro.
Para rematar esta visita, leváronnos á antiga granxa, que agora está restaurada e utilízase para celebrar a botadura dos barcos, xa que os donos da granxa tamén están á fronte dos estaleiros Gondán. Logo, deixáronnos comer a merenda de media mañá alí antes de ir ver os estaleiros.
Podes ver as fotos AQUÍ.
Zoe Arias Lamelas - 4º ESO B1
Tamén nos comentou que, dende hai dez anos, son expertos na creación de barcos híbridos e que en dous anos o estaleiro ía cumprir un século dende a súa apertura, polo que se foi adaptando ás novas necesidades co paso do tempo. Despois disto, o guía expúxonos como era a construción dun barco e que eles a realizaban por bloques, ademais de comentarnos que a planificación e a coordinación eran esenciais para a fabricación deste.
Para finalizar, ensinounos os almacéns de pintura, as naves de chorreo e pintura, os guindastres (moi importantes para mover os bloques), o cableado necesario para o barco e o barco que estaba en fabricación no porto.
Todo o visto anteriormente, foinos tamén explicado cunha ampla presentación de diapositivas por un dos comerciais da empresa, Luis Mourelle, que é ex-alumno do IES Perdouro e estudou Enxeñería Aeronáutica e tamén idiomas, o que o converteu nunha persoa idónea para traballar no estaleiro e vender barcos por diferentes lugares do mundo. En conclusión, foi unha viaxe moi interesante coa que aprendemos moito sobre este mundo e sen dúbida repetiriamos.
Podes ver as fotos AQUÍ.
Laura Paleo Ramos - 4º ESO B1
25.10.22
Visitas empresariais de 2º CS Administración e Finanzas
20.10.22
Viaxe a Palas de Rei e Vigo de 2º CM de Xestión Administrativa
“Esta experiencia gustoume moito, vin empresas de diferentes culturas, descubrín lugares e comidas de distintas partes do mundo polo que foi moi gratificante”. (Alba Barreira Rodríguez)
“Conxemar para min foi una inspiración, ver executivos reunidos na realidade e non nunha película e encontrarte con persoas que che explicaban o que facían con esa paixón e ganas. Tamén me gustou a experiencia de probar comida e coñecer un rincón doutros países ou simplemente pasar dunha esquina a outra e estar nun país dintisto. É unha experiencia que lle recomendaría a todo mundo. Ademais, que aumenta a túa creatividade. Podes coller ideas para o futuro”. (Eunice Sanches Monteiro - Eli)
“Jim Sports gustoume un montón. Encantoume entrar e poder ver como estaba a xente traballando nos seus postos, notábase que os traballadores estaban contentos de estar alí. Impresionoume moito que parte do material deportivo que coñecía era deles e nunca oíra falar de Jim Sports. Tamén que a todos lles gustaba facer deporte e que contaban cun ximnasio propio que podían usar en calquera momento. Respecto a Conxemar, tamén me gustou moito. Non me imaxinaba que todo era tan “profesional”. Os stands eran alucinantes. Chamoume moito a atención que todos eran superdiferentes e que cada un tiña a súa idea e a súa forma de facer publicidade. Descubrín novos produtos e sabores, non só da nosa terra, senón de diferentes culturas. Probei cousas que nunca antes probaría e resulta que me gustaban como o salmón afumado, o té marroquí, espaguetes de pescado…” (Adriana Polo González)
“Todos os stands que alí había estaban moi ben montados e decorados tanto que estes parecían ser negocios que tiñan a súa tenda establecida nese mesmo edificio. Á parte de haber postos de empresas de España, había moitísimos que viñan de fóra, tanto de Europa como doutros continentes polo que tivemos a oportunidade de ver diferentes culturas e como o mostraban nos seus stands polo que ofrecía cada un. Unha cousa que me sorprendeu moito foi que non había música en ningún momento e que coa cantidade de xente que alí estabamos non había un ruído excesivo”. (Damaris Popovici)
Podedes acceder ao álbum de imaxes AQUÍ.
19.10.22
Viaxe a Palas de Rei e Vigo de 2º de CB de Servizos Administrativos
5.7.22
Xornadas técnicas de soldadura robotizada no IES Perdouro
A petición da empresa Ángel Vizoso S.L., Binzel presenta no IES Perdouro un robot de soldadura con visión artificial capaz de detectar as pezas que ten que soldar, corrixir a traxectoria se hai algún erro, limpar o cabezal para que o cordón de soldadura quede uniforme etc. O operario non ten máis que introducir no programa unha serie de parámentros e o robot fai o resto.
Á parte disto, conta con aspiración, o que protexe a saúde do soldador e das persoas que poidan estar ao seu redor, algo que será obrigatorio en breve en calquera posto de traballo no que se precise soldar.
Contan tamén con robots imantados que permiten soldar amplas superficies en barcos ou instalacións nas que teñan que traballar en paredes verticais.
As empresas ou persoas interesadas poden inscribirse no seguinte enlace da páxina https://angelvizoso.com/.
O horario das xornadas é de 9:00 a 19:00h durante o martes 5 e o mércores 6 de xullo.
1.12.19
Visita formativa do alumnado de Administración

A mesma empregada explicounos como a empresa estaba concienciada coa reciclaxe e a Responsabilidade Social Corporativa.
Despois de ver o almacén, visitamos as oficinas centrais. Vimos toda a parte administrativa, modelos con roupa das futuras campañas, as salas de reunión que utilizan cos seus provedores... Visitamos tamén as áreas de descanso dos traballadores así como unha réplica da tenda de Pull and Bear a tamaño real, onde colocan os produtos de xeito adecuado para que despois en todas as tendas da cadea teñan a mesma imaxe corporativa.
Ao finalizar a visita, e despois de dedicarnos máis de dúas horas do seu tempo, fixéronnos un obsequio que trouxemos encantados con nós.
Foi un día completo e ambas as dúas visitas foron de interese para a nosa formación.
9.5.19
Visita do alumnado de Administración à Torre de Núñez e Quescrem

No percorrido polas instalacións viron como se producen os lacóns e os chourizos dende o primeiro paso ata o último. O procedemento de afumado chamou moito a súa atención xa que se realiza con madeira de carballo, apostando así polo aproveitamento de especies autóctonas. Tamén é salientable a gran capacidade de almacenamento da fábrica, destacando unha sala de grandes dimensións con xamóns esperando para ser enviados ás grandes superficies distribuidoras ou directamente aos clientes finais que os adquirían alí mesmo. Así mesmo, destacan tamén as innovadoras máquinas que empregan e que, a pesares de seren obxectos que favorecen a industrialización da marca, manteñen a base artesanal do produto.
Durante a visita, comprobaron que o persoal ten a súa labor diferenciada, é dicir, que se trata dunha empresa que opta pola especialización, na que cada persoa que forma parte do seu organigrama é especialista no traballo que realiza.

É salientable tamén como Quescrem participa na formación dos novos profesionais do sector culinario coa organización de concursos que premian as mellores receitas elaboradas con produtos da súa fabricación.
En xeral, ambas visitas foron moi interesantes e nas dúas recibiron produtos como xamón, queixo natural en crema e a súa variedade ChocoBó.
13.12.18
Visita a cafés Candelas e Quescrem

Chegamos a Cafés Candelas sobre as 11:00h, entramos por unha porta anexa e dirixímonos, con batas e gorros, á zona de almacenaxe dos grans, onde nos contaron que eran o produtor número 1 de café en España e que comezaban a exportar a Europa e Norteamérica. Nesa parte da visita foi tamén onde nos dixeron que existían dúas variedades de café diferentes e que os países produtores se situaban nas rexións intertropicais de África, Asia e Suramérica. Despois seguimos o proceso de forneado, embalaxe e distribución.
Ao acabar esta visita dirixímonos a un polígono industrial, un pouco máis afastado, onde se situaba Quescrem.
Esta empresa nace a partir dun proxecto de investigación universitaria e, por esa mesma razón, os seus traballadores teñen unha media de idade moi baixa, só 35 anos. Aquí leváronnos ata as oficinas, onde nos mostraron un vídeo sobre a empresa e os seus produtos, para despois baixar ata a cadea de produción e embalaxe; a mágoa da visita a esta empresa foi que estaban en período de limpeza e non tivemos a oportunidade de ver as máquinas en funcionamento.
Accede ao albúm de fotos aquí.
4º ESO
Viaxe a Asturias

18.2.18
Visita a Inditex

Continuou a visita pasando por un túnel que comunica a sede cunha das 11 fábricas de confección do grupo téxtil. Estas fábricas comunícanse a través de raíles manuaís e automáticos, 250 km en total, mediante códigos e lectores de códigos. Aí viron o centro de produción onde se realiza o corte, acabado e control de calidade dos artígos.
Finalmente rematou a visita no centro loxístico de distribución para todas as fábricas e tendas do grupo, uns 300.000 metros cadrados de instalacións. Contan con dous tipos de carruseles, uns que distribúen 10.000 unidades/hora e outros que teñen unha distribución aínda maior, 30.000 unidades/hora. A distribución faise de dúas maneiras. Se o transporte vai tardar menos de 30 horas en chegar ao seu destino, faise por camión, e senón por avión.
Dende que a mercancía sale dos centros de distribución ata que chega á tenda, o tempo máximo que pasa son 50 horas. Normalmente sale o camión ata a plataforma do país donde vai levar a mercancía e unha vez aí, contratan camións máis pequenos que podan entrar nas cidades a deixar a mercancía.
Foi unha visita de grande interese para o alumnado do Ciclo de Administación onde puideron ver o funcionamento dunha das empresas máis importantes do mundo e a impresionante plataforma loxística que mellor funciona en España.
Artigo de interese: El interior de Zara: un viaje a la sede central de Inditex en Arteixo
16.11.17
MetalMadrid
26.5.17
Visita formativa a Dielectro
O mini-load recolle e deposita as cargas individuais en caixas de almacenamento dentro dos estantes. Hai unhas 16.500 caixas de 80x60x20 cm. onde se almacenan artigos de tamaño mediano. Os robots-carousel optimizan o espazo e poñen as caixas que máis saen adiante e as que menos atrás.
Accede ás fotografías no noso albúm.
12.11.16
Ruta xeolóxica por Burela
XEORUTA BURELA - O PERDOURO
Esta xeoruta permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade, así como os fermosos arcos naturais do Castrelo, que contrastan coas materiais da chamada rasa cantábrica, superficie achairada que comeza en Burela e que se estende por boa parte do Cantábrico.
Duración: 3 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa
Nesta xeoruta as rochas graníticas son sen dúbida algunha as protagonistas, un percorrido litoral que permitirá descubrir a orixe das formas tan caprichosas que adquiren estas rochas co paso dos anos. Do mesmo xeito observaranse as pegmatitas, unhas rochas que en ocasións son portadoras de minerais semipreciosos e que mostran un aspecto moi chamativo.
Duración: 3 h. Distancia: 6 km. Dificultade: Baixa
DATOS. Durante a visita vanse achegando diversos datos xeolóxicos. O primeiro dato que nos sinalan é que a idade da Terra é de 4.600 millóns de anos, e que as rochas máis antigas que podemos atopar agora están en Canadá.
Centrando os datos en Burela, Canosa explica que "a historia xeolóxica de Burela empeza fai 500 millóns de anos. E o que hoxe coñecemos por Burela, as súas orixes estarían no Polo sur". Na seguinte parte da ruta, Canosa indica que "fai 350 millóns de anos en Burela poderiamos atopar montañas que terían a altura do Himalaya". Con todo, sinala que "cando se formaron os Alpes, a zona xeolóxica onde se atopa Galicia, rexuveneceuse e quedouse coa altura que ten hoxe en día".

Estes minerais, que se poden ter varias cores, caracterízanse polo seu gran tamaño e son moi valorados no ámbito da xoiería. Hai outros minerais, coñecidos como aplitas, que son moi numerosos na costa, pero polo seu menor tamaño teñen menos valor económico.
A última parte do percorrido, xa na Marosa, permítenos coñecer outro fenómeno xeolóxico. Trátase das fisuras producidas polo choque de fallas. Neste caso, as fisuras que se aprecian na zona, enchéronse con cuarzo, un material máis resistente á erosión, e que permite observar sobre as rochas liñas de cuarzo. Esta zona de Burela, sinala Francisco Canosa para asombro de moitos, "foi declarada en 1983 lugar de interese xeolóxico".

Ao comezo da ruta dáselles xa unha información polo menos sorprendente, porque segundo Francisco Canosa, "a lousa e a cuarcita orixínanse por un proceso de metamorfose. Nas súas orixes a lousa foron lodos, e a cuarcita areas de praia". Seguindo o percorrido da ruta, as seguintes paradas permítenlles coñecer polo exterior das rochas a súa resistencia, porque as rochas poden ser dáctiles ou fráxiles, segundo se rompen pola calor ou polo tacto.
Na última parte da ruta, pasando os arcos do Perdouro, vemos un novo proceso de substitución. Neste caso é o depósito de material que se produciu pola erosión dos materiais de zonas próximas, como os do Monte Castelo. Estes depósitos, cunha antigüidade dun millón de anos, producen unha estrutura xeolóxica distinta que favorece a presenza de arbustos.
Coa ruta apunto de finalizar, aprendemos a medir as rochas. Neste caso cun compás poderemos saber a desviación da rocha, e tamén é posible medir a inclinación das mesmas cun inclinómetro.
11.11.16
Visita do tecido empresarial de Lugo
Primeiro visitaron Cafés Candelas, unha empresa familiar con máis de 40 anos de experiencia no sector do café. Contáronlles que foron os irmáns Ramón e Manuel Alonso Alonso os que fundaron o tostador que hoxe dirixen os fillos Enrique y Ramón. Faláronlles do crecemento progresivo e sustentable da empresa, evolucionando de pequena empresa familiar a compañía con implantación internacional na distribución alimentaria e hostaleira. É unha compañía líder como torradora e fornecedora de café no sector da hostalaría. Viron os mecanismos de torrefacción e envado automático por cintas transportadoras. Ao finalizar a visita, o grupo recibiu unha bolsa con agasallos e produtos da marca de café.
A segunda visita foi xa na rotativa do xornal El Progreso. Aí coñeceron a historia do xornal lider da provincia. Fundado en 1908 por Purificación de Cora e Más Villafuerte está hoxe nas mans dos herdeiros. Explicáronlle como se fai un xornal dende o momento en que se produce a noticia ata o xornal en formato papel. (traballo de redación, noticias, eleción da portada, nº de páxinas, fabricación, papel, tinta, cor, planchas de impresión, distribución, etc...). Cada alumno foise co xornal do día asi como outros agasallos.
Xa pola tarde en Castro Riberas de Lea o alumnado xunto ás súas profesoras de Tecnoloxía e Física, coñeceron unha empresa innovadora e moi nova, Quescrem. Visitaron as instalacións da fábrica de queixo para coñecer a súa infraestructura industrial. Tras unha breve presentación da empresa, os escolares baixaron á planta para ver o desenrolo do proceso de fabricación. A continuación, realizaron un completo percorrido por toda a fábrica do almacén ata o laboratorio I+D. Para finalizar a visita, puideron probar produtos Quescrem, entre os que se atopaba o ChocoBó, dirixido precisamente ao público máis novo, Quescrem Algas e Quescrem Natural, entre outros. Entregáronlles tamén unha bolsa cunha tarrina do ChocoBó.
Unha xornada completísima e chea de agasallos máis non houbo tempo para sacar fotos de grupo!!!!
Aquí algunhas fotos da visita pola rotativa.