Mostrar mensagens com a etiqueta pariroflexia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta pariroflexia. Mostrar todas as mensagens

1.11.20

Samaín no Perdouro

O alumnado de 1º ESO C fixo figuras de papiroflexia para adornar o centro para celebrar Samaín. 

Para fomentar a concentración e a paciencia, na aula de Edución plástica Natalia levou a cabo unhas sesións de Origami, é dicir a arte do doblado de papel de forma organizada para crear figuras. Algúns aproveitaron para mellorar a súa motricidade fina. Fixeron cabazas, morcegos, pantasmas e caveiras.

Na aula de David, tamén houbo adornos especial Samaín feitos por el.

O alumnado de Imaxe Persoal elaborou unhas barras de bálsamo labial para ter os beizos ben hidratados durante estas noites de lúa chea. 

Accede ao albúm de fotos aquí.

23.5.16

Exposición de Alex Landim

O noso alumno de 4º ESO PDC, Álex Landim Correia, expón pezas de creación propia na mercearía “O ArMarinho da Fátima” en Burela. A mostra componse de obxectos artísticos realizados en papel e/ou cartulina.

Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara de Burela, e ao deporte (está disputando a última fase da liga de ascenso á División de Honra coa S.D. Porto de Burela na liga de fútbol xuvenil).

A exposición estará aberta desde o 23 de maio ao día 10 de xuño e poderá ser visitada durante o horario comercial (de luns a venres, durante a mañá e a tarde; e os sábados só polas mañás).

4.6.15

Obradoiro de papiroflexia

Continuando coas actividades para celebrar o día das matemáticas, levouse  a cabo o mércores 20 de maio un obradoiro de papiroflexia destinado ao alumnado de 1º de ESO e dirixido por Antón Cortizas.

Antón Cortizas empezou o obradoiro definindo a papiroflexia como a arte de crear figuras fácilmente recoñecibles a partir dunha folla de papel, sen cortar nin pegar, simplemente dobrándoa. Os alumnos de 1º de ESO tiveron que armarse de paciencia para dominar esta nova disciplina que estimula a habilidade manual, a concepción volumétrica, e a coordinación de movementos e a psicomotricidade fina. Tamén lles ensina aos rapaces a seguir instrucións e axuda a desenvolver a sociabilidade e o traballo en equipo.
En 2 sesións, os alumnos tiveron tempo de facer un soplamosca, un comecoco, unha frauta e unha bandeixa.
No tocante as matemáticas, axuda ao uso e comprensión de conceptos xeométricos e á visualización de corpos xeométricos. O proceso de creación e execución dunha figura de papiroflexia tridimensional é un exercicio único para o razonamento espacial. Fomenta a axilidade mental e desenvolve estratexias para enfrentarse e para resolver problemas de lóxica ou matemática. 

A papiroflexia nace en Oriente a principios da nosa era. Estaba reservada orixinalmente á nobreza e aos samurais xaponeses. Grazas aos contactos comerciais, introduciuse lentamente en Europa e posteriormente en América, tomando un novo impulso no século XIX. Actualmente utilízase a papiroflexia como medio de representación de obxetos xeométricos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...