31.10.17

Catrinas, a maquillaxe para Samaín e triunfar nesta noite dos mortos

Para celebrar o Samaín as alumnas de 1º de CM Peiteado e Cosmética Capilar encarnaron á figura da Catrina

A orixe das Catrinas ven da cultura popular mexicana e son a representación caricaturesca de calaveras vestidas con roupas de gala, pertencentes à alta sociedade pensadas para retratar a miseria, os erros políticos, a hipocresía da sociedade, etc...

Mirade os consellos que nos dan as rapazas de Imaxe Persoal para lograr un perfecto look Catrina mexicana. Maquíllate cunha boa base branca (facultativo), uns ollos coloreados, un pequeno nariz marcado e uns debuxos como telas de araña, liñas curvas ou florais e unha cicatriz prolongada da boca. Logo hai que adornar o contorno dos ollos con cristais. E para terminar coloca unha coroa de flores de chamativas cores na cabeza. E listo para pasar unha noite dos mortos terrorífica!

Accede aquí ás demáis fotos no noso albúm. Moi bon traballo rapazas! Parabéns á profe, Ángeles!

30.10.17

Obradoiro sobre autocontrol emocional - Crónica de Irina e Andrés

Esta mañá, Javier Rocha, coach, impartiu un obradoiro destinado ao control das emocións e a mellora das relacións interpersoais destinado ao alumnado de 3º de ESO. 

Se queres coñecer o seu perfil pica na súa web. 

Accede ás fotos no noso albúm.

XESTIÓN EMOCIONAL

O luns 30 de outubro visitounos Javier Rocha. El é adestrador persoal (tamén coñecido como “coach”), pero Javier non é un adestrador persoal referido ao exercicio físico: adícase a ensinar á xente a ser feliz e durante toda a charla demostrounos que el era feliz.

Primeiro, para romper o xeo, falounos sobre os elefantes e os cabalos; explicounos que os elefantes eran usados na guerra e, actualmente, no circo, pero que un elefante non vai para o circo dar un espectáculo por gusto. Dende que son crías, a estes elefantes, ou aos cabalos, adéstranos atados a unha árbore e, por moito que tiren, non teñen forza e non poden escapar; téñenos así tres ou catro meses e, cando os elefantes son desatados, aínda que os aten a unha cadeira, eles van crer que non poden fuxir porque teñen unha atadura mental que fai que pensen que non poden (cando, para eles, mover esa cadeira é tan fácil como mover a pata). E igual que os elefantes ou cabalos, as persoas tamén se poñen barreiras e din que non poden cando si poden, pero lévano intentando tanto tempo e fracasando seguido que a súa única frase é “NON PODO”. O que deben de facer esas persoas é queimar esa idea e empezar de novo: dicir “eu podo con todo, son forte, son lista” e, a partir de aí, ti serás unha persoa nova.

Despois de falarnos sobre isto, pediu un voluntario e Irina ofreceuse. O exercicio que había que facer consistía en empurralo, pero á súa vez el tiña que enraizarse co chan; é dicir, tiña que pensar que era capaz de que Irina non o movera pensando que tiña os pés enterrados no chan. Ao empuxalo, aínda que se tivese moita forza, era dificil movelo xa que el cría de verdade que estaba atado ao chan e que Irina non podía movelo; ao final conseguiu movelo pero con esforzo. A outra parte do exercicio consisitía en que el tiña que estar relaxado, sabendo que Irina o ía empurrar, pero como se non lle importara: el cargaba con todos os seus problemas e convertíase nun hipnotizado (durmido), mentres que, se loitaba para que non o moveran, era un aprendiz (esperto).

Mandounos formar parellas e facer este exercicio coa nosa parella. Despois de intentalo varias veces, volveu chamar a Irina e ensinounos como facer para que o “problema” (ou sexa Irina, que se cargaba enriba del) deixara de ser unha carga. Isto consistía en que nos cargaramos encima dese problema e nos desenvolvésemos de forma que o problema quedase atrás; volvimos intentalo coas nosas parellas e finalmente mandou que nos sentaramos.

No resto da charla ensinounos a non queixarnos por todo e que, se o facemos, colleramos unha pulseira que tivésemos sempre na man e que, cada vez que nos queixaramos, a cambiaramos de man; desa forma, o día que non a tivésemos que cambiar de man seriamos felices. Entón, regalounos  unhas gomas para poder cambialas de man ao queixarnos.

Foron dúas horas de charla na que puidemos participar activamente e aprender a maneira de enfrontarnos  aos problemas e superalos.

IRINA GALDO e ANDRÉS PARDO
3º ESO

29.10.17

24 de outubro: Día das bibliotecas Escolares

Celebramos a xornada das bibliotecas escolares coas portas abertas de par en par para que as lectoras e lectores se acheguen e rexouban entre os libros e as novidades. 
Ademais recibimos doazón dunha compañeira ben querida. Grazas María. 



26.10.17

Crónica sobre a charla Di K Non

O martes 3 de outubro visitáronnos os membros da Unidade Terapéutica Educativa do cárcere de Teixeiro.
A xefa do grupo comezou presentándonos o seu traballo e despois deu paso a unha curta, pero moi emocionante, representación teatral. Nela, sen falar e só con movementos, vimos o moi feliz que podes ser e o rápido que se vai esa mesma felicidade cando te unes a un círculo pechado do que é moi difícil saír e do cal dependes. Os actores ían vestidos completamente de negro; un era o protagonista e catro aparecían tumbados no chan e tapados por completo cunha tea tamén negra. O protagonista aparecía coa faciana tapada cunha careta e na súa representación daba a entender o que podes perder e o mal e confuso que poder chegar a estar se entras no mundo do alcohol e das drogas.

Unha vez rematada a representación teatral, cada un  dos seis presos relatou, con total sinceridade e amabilidade (ata cun certo toque de humor), a súa propia historia neste círculo vicioso. Algunhas das experiencias que nos contaron poñían os pelos de punta. Todos eles coincidían no mesmo: comezaron probando a droga por diversión e saíron prexudicados. Aconselláronnos que non seguiramos os seus pasos e que pensaramos o que faciamos para non rematar no cárcere coma eles.

Finalmente, nós fixémoslles preguntas sobre o tema e eles respondéronnos, polo que resultou unha experiencia moi interesante e todo o que nos contaron foi moi importante. Agradécese que estas persoas dean charlas contando a súa experiencia xa que hai que ter moito valor para admitir os fallos e despois estar diante doutras persoas, contalo e tratar de que non se volva a repetir.

PAULA NEIRA e CARLA FRA - 4º ESO A

Recomendacións BiblioPerdouro: Especial Samaín

Se queres pasar medo, terror e espanto, pásate pola biblioteca e lévate un dos libros ou filmes da nosa selección. Buuuuu!!!


23.10.17

Chega a noite do paseo da Santa Compaña!

Prepárate a vivir a noite que representa a barreira entre o mundo dos vivos e dos mortos na biblioteca do Perdouro. Para celebrar Samaín imos preparar unha selección lúdica e fantasmagórica para acompañar estas datas previas a Todos os Santos e Difuntos.

21.10.17

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3 ex-parlamentarios e os alumnos de 3º e 4º de ESO. A actividade enmarcase dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar o venres 20 de outubro na biblioteca do IES Perdouro.

Neste acto participaron os exdeputados María Emma Álvarez Chao (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Toño Blanco, Xefe de Dpto. de Xeografía e Historia.
Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron as preguntas dos asistentes, algunhas delas comprometidas e de actualidade como os incendios en Galacia ou a declaración unilateral de independencia de Cataluña e de difícil resposta.  Previamente o encontro, os alumnos visionaron unha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

Accede ás fotos do noso albúm aquí.

15.10.17

Di K Non - sesión 2 : visita ao centro penitenciario de Teixeiro

A segunda sesión do Obradoiro de prevención de drogodependencia entre Adolescentes Di K Non, realizouse na Unidade Terapeutica Educativa do centro Penitenciario de Teixeiro. Nesta sesión alumnos de FP Básica foron visitar o centro penitenciario o martes 10 de outubro pola mañá. Situáronse nun contexto de privación de liberdade para comprender as consecuencias do consumo e/ou uso de drogas. Algunhas destas sustancias adictivas (alcohol, tabaco...), non están moi alonxadas dos entornos do alumnado e esa familiaridade dificulta o exercicio da capacidade de reflexión crítica para tomar decisións persoais responsables.


Antes de entrar ao módulo, impactounos as medidas de seguridade, as concertinas no alto dos altos muros...pero tamén vimos instalacións coidadas: limpeza, impresionantes murais deseñados polos propios internos, xardíns coidados por eles... O busto en madeira de Concepción Arenal (a pioneira ferrolana que cambiou diametralmente o modo de ver e tratar á  poboación reclusa) presidía o módulo. Recíbennos cun agasallo. Unha preciosa pulseira de coiro elaborada por eles na que se pode ler o lema do programa: DI  K NON

Unha vez dentro do módulo, un dos internos explícounos as instalacións e o funcionamento das mesmas: comedor, taboleiro de imposicións, economato... A continuación, experimentamos algo de angustia cando visitamos as celas e pasamos nelas quince minutos observando, traballando e reflexionando. Despois, houbo diálogo entre internos, titores da UTE e alumnado entorno ás drogas.

E para acabar e en modo de despedida reflexiva os internos interpretaron dúas cancións que nos puxeron os pelos de punta: a  canción "Soledad"  de XXXX, e  o himno da UTE, unha canción que nos fixo pensar e que leva por título "Historias de Calle"

¿Por qué será, que todo sigue igual?
¿Por qué será, por qué será?
Por mucho que lo intento, todo me sale mal.
¿Conseguiré mi libertad?
Batallas perdidas, me quedan por librar,
Batallas ganadas que no debo de olvidar.
Batallas perdidas, me quedan por librar,
Batallas ganadas que no debo de olvidar.
Quiero vivir, quiero soñar,
Quiero salir, ser feliz.
Volver a empezar parece sencillo
Difícil camino, sucio destino.
Miles de vidas, desperdiciadas.
¿Por qué será, por qué será?
¿Por qué será, que todo sigue igual?
¿Por qué será, por qué será?
Algunos se enriquecen con nuestra debilidad
Nosotros le compramos, lo que nos puede matar.
Algunos se enriquecen con nuestra debilidad
Nosotros le compramos, lo que nos puede matar.
Para no salir, no debemos entrar,
Porque si no, no hay vuelta atrás.
Tu vida entonces la desperdiciarás,
Y en tu mano, lo vamos a dejar……..
Volver a empezar parece sencillo
Difícil camino, sucio destino.
Miles de vidas, desperdiciadas.
¿Por qué será, por qué será?

Só resta agradecer de corazón aos internos e aos titores e titoras da UTE o seu esforzo e traballo.

14.10.17

Visita a Samos e o Cebreiro

O día 10 de outubro alumnos e alumnas de 3º ESO viaxaron ata Samos e O Cebreiro para coñecer máis de preto algúns aspectos do Camiño Francés, guiados polo profesor Antón Niñe.

Pola mañá visitaron a Capela do Ciprés e o
Mosteiro de Samos. No percorrido polo interior do cenobio puideron ver os dous claustros, o grande, onde puideron contemplar a figura do P. Feijóo, e o pequeno (gótico) coa fonte das Nereidas; unha fachada románica e varias dependencias, antes de entrar na sancristía e na Igrexa. No interior do templo puideron admirar a beleza da igrexa, con importantes tallas de autores coñecidos, como Francisco de Moure.

Mentres, Miruca aproveitou para falar de Ramón Cabanillas quen pasou longas tempadas no mosteiro de Samos. Entre 1948 e 1951 escribiu un poemario que vería a luz uns anos despois, a finais da década dos cincuenta, Samos. Explicou a súa profesora o compromiso de Cabanillas coas Irmandades de Fala.

Ao longo da tarde visitaron o poboado do Cebreiro, con visita ao Albergue de peregrinos e ao Santuario. Neste lugar puideron escoitar as características do templo prerrománico e ver no seu interior a talla da Virxe románica (Santa María a Real), o Cáliz e a Patena do Santo Milagre, xunto ao Relicario doado polos Reis Católicos cando peregrinaron a Compostela, a tumba de D. Elías Valiña (gran impulsor do Camiño), etc.

A continuación percorreron a pé un tramo do Camiño co atractivo de contar cun día moi soleado.


Accede á completa reportaxe fotográfica no noso albúm.

10.10.17

Día da Ciencia en Galicia 2017 - Baltasar Merino Román

Baltasar Merino 1922.jpgO home ao que se dedica o Día da Ciencia en Galicia deste ano realizou unha inxente labor científica tanto na Botánica como na Meteoroloxía. Este home foi Baltasar Merino Román.
No portal da Ciencia en Galicia, din del que foi o xesuíta que namorou de Galicia a través das plantas.

Díptico Día da Ciencia en Galicia 2017

Neste vídeo da Fundación Barrié resúmese a importancia deste científico que sin ser galego, centrou o seu traballo de investigación en Galicia:

9.10.17

Hora de ler - Comezamos

Esta mañá, uns embaixadores ben particulares da biblioteca foron polas aulas de 1º de ESO para informar aos rapaces sobre a Hora de Ler, un programa de fomento á lectura pracenteira que busca mellorar o comportamento lector respondendo aos intereses de lectura propios dos lectores respondendo a unha lectura seleccionada por gusto e non por obrigación. Asi pois explicaron cales eran as normas e o calendario a seguir. Aproveitaron para repartir os carnés da biblioteca a estes novos socios. 
Grazas alumnos de 1º de Bach. por prestarvos ao xogo!
Aquí podes acceder ás fotografías deste campaña de promoción da Hora de Ler.

Charla sobre a emisión de CO2

María José Cao, monitora de GAIA, veu o xoves 21 de setembro á biblioteca do IES Perdouro, e falou da contaminación, fundamentalmente da que producen os vehículos, porque o uso de combustibles emite gases como o CO2. Afirmou que é moito mellor para o medio ambiente usar o transporte público ou ir andando ou en bicicleta. En todo caso, de usar un coche contaminaría menos un híbrido, por exemplo. Explicou as vantaxes e desvantaxes de trasladarse a pé ou en coche.  Animou a usar máis a bicicleta porque se aparca máis preto e é máis san e cando preguntou como se viña ao instituto, a resposta foi que a maioría do alumnado se desprazaba en coche.

No caso concreto de Burela, calcúlase que hai un coche por cada 2,21 habitantes. Polo tanto, hai arredor de 5870 coches. Isto significa que en Burela hai 725 coches por km2 e que no 80% dos fogares disponse de vehículo. A continuación, explicou os gastos que supoñía ter un coche, unha moto, unha bicicleta...
Todo o alumnado asistente cubriu un cuestionario sobre os gastos que supón trasladarse en automóbil.
En conclusión, o uso do coche privado produce o 15% do gasto de enerxía en España. Debemos usalo menos e, deste xeito, coidaremos máis o medio ambiente.

Isaura Varela, Noemy Tavares, Cintia Montoya e Ádila Pereira de 1º ESO A e B.


7.10.17

Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña

Na tarde do xoves, 5 de outubro, as coordinadoras das bibliotecas que integramos a Microrrede PLAMBE A Mariña tivemos a primeira reunión deste novo curso nun ambiente distendido e con ilusións renovadas.

Puntos da orde do día:
  • Elección do tema a traballar: A Mariña en feminino
  • A partir das vacacións de Semana Santa será o tempo de elaborar os traballos en familia.
  • As exposicións nos diferentes centros, no mes de abril, coincidirán co Día do Libro.
  • E por último levaremos a cabo a exposición conxunta en Viveiro, na Sala de Usos Múltiples do Concello e na Sala da Biblioteca.
    •         A montaxe levarémola a cabo o venres, 4 de maio
    •         A inauguración farémola o luns, 7 de maio
    •         A clausura será o xoves, 10 de maio
  • Planificación das Actividades Dinamizadoras a realizar durante a exposición conxunta. Unha delas será a formación de coros intercentros por idades, dada a gran acollida que tivo o curso pasado.
  • Reparto de tarefas: solicitude de salas de exposicións, cartelería, dípticos, invitacións ...
Son moitos os temas a tratar e que en vindeiras reunións iremos ampliando e acordando.

5.10.17

Di K Non - sesión 1 : visita dos internos ao noso centro

Na primeira sesión do obradoiro Di K Non que tivo lugar o martes 03 de outubro, varios profesores da Unidade Teraupéutica do centro penitenciario de Teixeiro e os propios internos en base as súas experiencias e testemuñas como consecuencia da súa adicción ás drogas deron a coñecer a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, en procura dun aprendizaxe que nos axude a aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc.

O obradoiro comezou coa representación en mímica dunha pequena obra teatral protagonizada polos internos. A droga que nos atrapa que nos priva da liberdade e do que máis queremos. De seguido proxectouse unha presentación con impactante ambientación musical sobre o tema da droga, causas e consecuencias. E antes de rematar, interviron os internos para contar a súa experiencia coas drogas e houbo rolda de preguntas, mostra do interese co tema dos nosos rapaces de 4º de ESO e de FP básica. Como remate do acto recibimos un agasallo elaborado polos propios internos conmemorando a súa visita ao IES Perdouro.

4.10.17

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...