24.1.16

Aviso: noticias do 2º torneo de xadrez do IES Perdouro

Para todos/as aqueles/as que queirades medir as vosas destrezas e habililades mentais, faise saber que comeza o 2º Torneo de Xadrez do IES Perdouro. 

Tes ata o 5 de febreiro para inscribirte. 

O venres 12 no recreo, darase a coñecer as normas do xogo e farase o sorteo entre os inscritos para establecer o calendario da competición.

O luns 15 de febreiro comezará o torneo. Boa sorte e gozade co xadrez!!!!


22.1.16

Obradoiros Ciclos de vida adolescente do programa "Quérote+"

Dentro do Plan Proxecta no mes de xaneiro o alumnado de 3º da ESO, ca colaboración do QUÉROTE +,  participou en tres obradoiros do programa “CICLOS DE VIDA ADOLESCENTE” na modalidade COÑECENDONOS. Estes obradoiros desenvolvéronse en seis sesións de clase onde se traballaron aspectos relacionados coa convivencia, valor de diversidade, a imaxe corporal e a autoestima, a afectividade e a sexualidade.

A actividade tratou sobre a Convivencia en xeral entorno aos seguintes obxectivos: fomentar o uso do diálogo como alternativa a outras respostas menos construtivas ante os conflitos como a agresión, a violencia ou a sumisión, fomentar a potenciación de contextos cooperativos nas relacións persoais, potenciar o desenvolvemento de actitudes de asertividade e empatía, nos procesos de interacción persoal, fomentar as relacións de apoio entre os iguais e distinguir entre as distintas técnicas de mediación nun conflito.

Os contidos versaron sobre as seguintes temáticas: as habilidades sociais, a comunicación, a resolución de conflitos, a empatía e a asertividade dos rapaces/as para fomentar relacións sociais satisfactorias libres da posible presión exercida polo grupo de iguais e de discriminación ante a toma de decisión individual ante imposicións sociais existentes. E a confianza nun mesmo/a, rompendo cos estereotipos que os medios de comunicación e a publicidade poden exercer sobre os/as rapaces/as e que pode levar nalgúns casos a realizar condutas irresponsables ou perxudiciais coa única finalidade de ser aceptados polo grupo de iguais. A autoestima é importante porque o feito de sentirnos ben con nós mesmos pode influír sobre a nosa forma de actuar, nas nosas relacións persoais, e en xeral, no desfrute que teñamos da nosa vida. Tamén se abordou a reflexión sobre opinións, crenzas e sentimentos de cada persoa en relación aos modelos que ás veces veñen impostos desde a sociedade ou entorno en si, a potenciación das cualidades de cada un/unha, sendo conscientes das limitacións que poidamos ter, a forma en que cada un/unha se sinte con un mesmo/a repercute sobre a percepción de si mesmo/a e a calidade das relacións co resto; e por último tratouse a dicotomía modelos únicos vs diversidade.

14.1.16

Viaxe á Coruña - 2º ESO : Obradoiro de matemática e pista de xeo

O pasado martes 12 de xaneiro os alumnos dos cursos 2º de ESO e 4º PDC desprazámonos á Coruña para realizar unha viaxe de estudos. Fomos acompañados das profesoras de Física e Química (Cándida), de Tecnoloxía (Mª José) e de Educación Física (Susi).
A primeira visita que fixemos foi ao Muncyt (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía) onde nos saudaron uns simpáticos robots. Amosáronnos algunhas patentes da historia e grandes inventos da antigüedade, ademais dun avión de pasaxeiros dos anos 80. Tamén realizamos un obradorio de matemáticas en papel donde nos explicaron a proporción aúrea ou númenro de ouro.
Logo tivemos un pequeno decanso para xantar antes de pasar a seguinte actividade: patinamos sobre xeo! Esta resultou moi divertida para a grande maioría aínda que algúns saíron accidentados.... 

Carmen Pernas - 2º ESO B

13.1.16

Novidades BiblioPerdouro - revistas

Lembra que cada mes recibimos na biblioteca revistas moi que moi interesantes. Pásate e consulta as que máis che gustan!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...