28.6.19

Viaxe a Portugal

31 alumnos/as de 1º de Bach do IES Perdouro de Burela realizaron unha viaxe lingüística e cultural de cinco días por Portugal. 

O primeiro destino foi Porto. Alí tiveron unha visita guiada á casa da Música, un dos auditorios coa mellora acústica do mundo, obra de arquitetura que foi concebida para o evento Capital Europea da Cultura 2001, da autoría do arquitecto Rem Koolhaas e aclamada internacionalmente. Visitaron outros lugares de interese turístico como a Ribeira, a Sé Catedral, a Torre dos Clérigos, a Avenida dos Aliados, o mercado do Bolhão, o café Majestic, a Estación São Bento (sendo especialmente célebre polos seus paneis de azulexo), a librería Lello (coñecida grazas a rodaxe de Harry Potter). Pasaron a Vila Nova de Gaia pola Ponte Don Luis I e por encima do río Douro para chegar ao mirador do Morro.

Tamén tiveron a oportuniade de visitar unha das oito salinas da cidade de Aveiro, coñecida como a pequena Venecia de Portugal. Aí o guía explicoulle o proceso de elaboración do sal mariño. 

Xa en Nazaré estiveron no Miradouro do Suberco e no faro onde se rexistraron as ondas máis grandes do mundo e onde se celebra un campionato de surf a nivel mundial.

En Lisboa visitaron dúas xoias consideradas monumentos da humanidade o Mosteiro dos Xerónimos e o seu magnífico claustro de arquitectura manuelina, a Torre de Belém (S. XVI). Estiveron en Cascais para coñecer unha das cidades balnearias máis recoñecidas de Portugal e foron ata os vertixinosos acantilados da Boca do Inferno. Outro día, no parque das Nacións, visitaron o Oceonário de Lisboa considerado o segundo acuário máis grande de Europa e despediron a cidade percorrendo as rúas e prazas do centro histórico: a do Comercio, a do Rossio, a da Figueira, e os barrios: a Baixa, o Chiado, a Alfama, e os monumentos: as Ruinas do Carmo, o Elevador de Santa Justa, o Castelo de São Jorge, a Sé de Lisboa, a Casa dos Bicos (Fundação José Saramago). 
Tamén houbo tempo para a diversión nocturna para coñecer o ambiente lisboeta.

Accede á pequena reportaxe fotográfica aquí.

27.6.19

Final Certame de Regueifa do IES Perdouro

O pasado martes 18 de xuño tivo lugar na biblioteca a final da primeira edición do Certame de Regueifa convocado polo EDLG e Vicedirección. Esta mañá Alejandra Fernández Alonso de 4º de ESO e Gabriela Pedre Lastra de 1º de ESO improvisaron sobre o uso do idioma. Logo dunha batalla de algo menos  de 10 min Gabriela resultou vencedora.

No recreo, fíxose entrega de diplomas aos participantes e o equipo directivo felicitounos. Miruca Parga aproveitou para agradecer a axuda de Cristian e Serxio, alumnos de 4º de ESO, que tiveron a iniciativa de convocar este certame e de levar a cabo os obradoiros. Tamén reivindicou a importancia de facer revivir nos centros educativos a nosa tradición oral.

Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Vídeo da final entre Alejandra e Gabriela.

Entrega de Premios Concursos AC OS MATOS

O pasado luns 17 de xuño,  entregáronse os premios do XIII Concurso literario e do XI Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Dígocho en verso”. Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", felicitou aos premiados desta décima terceira edición do certame. Alfredo Llano, alcalde de Burela, Santiago Pérez, Director, Miruca Parga, coordinadora do EDLG, entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.
Parabéns rapaces!!!!!!Accede o noso albún fotográfico aquí.

26.6.19

Oferta educativa Formación profesional IES Perdouro


Laboratorio aberto na Domus

O martes 23 de abril fomos os alumnos e alumnas de 3º ESO A á Coruña para realizar na Domus unha actividade de laboratorio.
Ao chegar alí, dividíronnos en cinco grupos para comezar co noso taller de medicamentos. A guía da experiencia falounos sobre o Párkinson e púxonos un vídeo que trataba das causas desta enfermidade. Díxonos que o que íamos facer era un principio activo: a terceira etapa da investigación duns científicos de Barcelona na procura de fabricar un só medicamento que englobe todo o resto e que terán que tomar os pacientes de Párkinson.
O labor era facer unha reacción química e tiñamos que seguir tres pasos: 
- a reacción química en si 
- a filtración 
- unha cromatografía 
Para que o traballo valese a pena, tivemos que facelo en equipo. Nós xa tiñamos coñecementos dalgúns instrumentos e iso facilitounos o traballo. Mentres dúas persoas preparaban os instrumentos, outra medía unha cantidade exacta de pirimidona; outra, de ácido de acético e outra, de nitrito de sodio. Unha vez medidas as cantidades exactas había que introducir a pirimidona no matraz de fondo redondo para que se axitase. Grazas ao axitador, engadimos o ácido acético e, cando a mestura estivo toda axitada, o único que quedaba para poñer nela era o nitrito de sodio. Acabado isto, pasamos á segunda fase, a filtración. Nesta, utilizamos o outro matraz, unha bomba, un embude e un papel para filtrala toda. No meu grupo pensamos que non iamos facelo ben, pero foi todo un éxito cando fomos facer a cromatografía.

Accede a completa reportaxe fotográfica aquí. 

NADINE FONSECA 3º ESO-A

25.6.19

Actividades inclusivas na aula de tecnoloxía

Os alumnos e alumnas de 4°ESO tecnoloxía do IES Perdouro, tivemos un pedido aos nosos talleres moi peculiar: facer uns xoguetes totalmente artesanais e inclusivo. Todo estes xoguetes eran para David, un rapaz de 1°ESO que sofre autismo. O noso obxectivo era un: que os xoguetes lle gustaran e aprendera con eles.
Estes xoguetes ían facilitar o labor dos docentes na adquisición da competencia matemática de David. (ordenar os números, sumar, restar, ler a hora).
Para poder facer estes xoguetes, tivemos que imprimir uns deseños, e a partir destes, facelos en madeira. Cando xa os tiñamos debuxados, cortabamos a madeira e lixábamola, para que non quedara áspera. Despois disto, pintábamola e pegábamoslles imaxes ou debuxabamos o que precisara. Como moitos destes xoguetes eran para aprender a sumar, restas ou aprender as horas, tivemos que facer agullas, números, frutas…. e fixémolas coa impresora 3D! Cando todo isto estivo feito, puxemos os velcros e forrámolos, para unha mellor seguridade.
Estos días entregámosllos a David, para que poida darlles uso no último tramo do curso. Esperamos que lle gustaran e que con eles consiga aprender moito, xogando. 
Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Alejandra Alonso Fernández - 4°ESO A

Viaxe pola Mariña Occidental - 1º ESO

O pasado 22 de maio, o alumnado de 1º da ESO do IES Perdouro fixemos un itinerario xeográfico-histórico pola Mariña Occidental. A nosa profesora Maribel, que ao mesmo tempo facía de guía, propúxonos aos alumnos/as que sacasemos fotos nos diversos lugares que visitamos para despois escoller a máis artística e mellor realizada. Tamén completamos unhas fichas para nota e para reforzar os coñecementos da Mariña Occidental.
Visitamos: 
  • O Barqueiro: onde se nos falou, entre outras cousas, das costumes do pobo e das diferentes pontes que atravesan o río Sor. O alumnado sacou foto.
  • O Vicedo: Visitamos a praia de Caolín e as desfeitas instalacións das conservas “El Cisne”; tamén aprendemos moitas curiosidades. A partir delas cubrimos unha ficha e descansamos un pouco.
  • Viveiro: centrámonos especialmente na porta de Carlos V. Fixemos máis fotos na ponte da Misericordia e noutros lugares emblemáticos, de novo unha ficha e voltamos para a casa. 
Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Gabriela Pedre Lastra - 1º ESO C

24.6.19

Acto presentación Maruxía nº 25

Para clausurar o curso, tivo lugar o luns 17 de xuño no auditorio da Casa da Cultura de Burela a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar "Maruxía" da Asociación Cultural "Os Matos".  Asistiron ao acto Alfredo Llano, alcalde de Burela; Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. "Os Matos" e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. 
Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que "a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxetivo iniciado hai vinte e cinco anos, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro."

Laura Ares e Alejandra Alonso, alumnas de 4º de ESO, foron as encargadas de introducir o labor dos seus compañeiros de 4º ESO TIC nesta nova edición. Explicaron como tiveron que traballar en equipo para poder cumplir os prazos. Maquetaron en Canva as crónicas do alumnado e seleccionaron as fotografías ilustrativas de cada artigo. Contaron coa axuda imprescindible de José Fernández, Asesor TIC, para dar os últimos retoques no Scribus. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. 
O toque musical puxérono un grupo de gaitas composto polos compañeiros Kai e Alex, e o profesor Xian e con Marcelo ao tambor.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

18.6.19

Premio Escola de Prensa El Progreso - Mellor entrevista

Hoxe foi Irene Basanta de 2° ESO A recoller o premio á mellor entrevista do concurso Escola de Prensa El Progreso.
Esta entrevista feita a Antía Yáñez forma parte da nosa revista Maruxía n°25.
Na entrega de premios desta III convocatoria da Escola de Prensa que tivo lugar na rotativa do Xornal El Progreso en Lugo, Blanca García Montenegro, presidenta do xornal, felicitou a todxs xs premiados e entre eles a Irene. Parabéns Irene!!!

17.6.19

Tarefa de limpeza da ribeira - Día dos océanos - 4º ESO

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO foron coidar da nosa ribeira o pasado venres 14 de xuño.
Un ano máis sumámonos a esta cita mundial da limpeza simultánea das praias e este ano facémolo da man da campaña “Libera, unidos contra la basuraleza”, que ten coma obxectivo concienciar e mobilizar á veciñanza para manter os espazos naturais libres de lixo. O devandito proxecto naceu no ano 2017 para frear as consecuencias do lixo abandonado nos espazos naturais. Foi creado pola ONG SEO/BirdLife, en alianza con Ecoembes.
Acompañados por Mª José Cao, monitora de Gaia, o alumnado limpou a praia de Ril e recollou microplásticos esencialmente.  

Non podemos consentir que algúns convirtan a nosa ribeira nun vertedoiro salvaxe!!!! Temos que contribiur ao coidado do noso medio natural.
Acceda á reportaxe fotográfica aquí.

16.6.19

XXV Aniversario de Maruxía






Obradoiro de réptiles

Coincidindo co día mundial do medio ambiente, o pasado día 5 de xuño, tivemos a visita do mallorquí José María Soriano, un profesional dos réptiles e anfibios que levaba  25 anos no seu traballo. O obxectivo central da súa conferencia foi concienciarnos sobre os riscos que supón para o medio ambiente abandoar este tipo de animais exóticos despois de adquirilos como mascotas.
Aprendimos sobre os hábitats, características, formas de reprodución, alimentación dos seus animais e tivemos a oportumidade de poder tocalos. Trouxo dende animais inofensivos (tartaruga mariña) ata moi agresivos (Tartaruga caimán) que podían destrozar unha man cos seus afiados e fortes dentes. Explicounos porque era moi perigoso traficar cos animais, xa que ou ben se escapaban ou ben os soltaban e estas especies invasoras desprazarían ou mataráin as autóctonas.
Vimos o Macroclemys temminckii, a tartaruga de auga doce máis grande do mundo; Geochelone Sulcata, unha tartaruga de terra africana, a cuarta máis grande do mundo; Ophisaurus Apodus, un lagarto sen patas con aparencia de serpe; Pyxicephalus adspersus ou ra touro africana, a máis grande do mundo; Pogona Vitticeps, un lagarto de aparencia agresiva, pero moi dócil; Lampropeltis T. Sinaloae, ou falsa coral, unha serpe inofensiva pero moi semellante a unha das máis vevenosas; ou a pitón molurus albina, cun exemplar que pesa vinte quilos e non é demasiado grande para o que adoitan chegar a ser estes espécimes.
Foi unha visita emocionante, divertida e con moitas curiosidades.
Accede a nosa reportaxe fotográfica aquí.

Nerea Fernández, 1º ESO B

13.6.19

Iniciación ao surf na praia de Esteiro de Bares

O alumnado de 1° Bac despídese ao grande da materia de Educación Física. Fútbol e volei-praia para entrar en calor antes de surfear as frescas ondas da praia de Esteiro do Barqueiro grazas aos monitores da escola de Surf de Viveiro.
Tras tanta caloría queimada repuxeron forzas no pinar cun agradable xantar.
E antes de voltar a Burela tiveron forzas para camiñar ata o Banco de Loiba disfrutando das fermosas vistas a carón do mar.

Accede a reportaxe fotográfica aquí.

12.6.19

Visita do alumnado de 6º do CEIP Virxe do Carme

Esta mañá tivemos a visita do noso futuro alumnado. Recibimos os alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme. Foron acollidos polo equipo directivo: o director, Santiago Pérez, a vicedirectora, Dolores Otero,  a xefa de estudos, Ma José Pardiñas e o secretario, José Díaz. Tiñámoslle unha sorpresa: o vídeo promocional do centro gravado poucos días antes por Sabela Blanco. Visitaron as instalacións do centro e pasaron o recreo cos seus futuros compañeiros.

Pica aquí para visualizar o albúm de fotos.

Prácticas de laboratorio

A pasada semana fixemos unha serie de prácticas de laboratorio na clase de bioloxía. As dúas primeiras consistían en observar tecidos vexetais no microscopio, así como tamén os principais compoñentes das plantas, tales como os estames, o pólen... A terceira e a cuarta baseábase en comprobar a presenza de amidón. Na terceira había que utilizar Lugol para tinguir certos alimentos coma salchichas, xamón, mazás... Na práctica cuarta había que empregar tamén esta disolución xunto con Fehling para tratar de conseguir detectar o amidón na amilasa salival. Por último, na práctica quinta comprobamos a diferente solubilidade dos lípidos no cloroformo, o éter e a auga; e tivemos que recoñecer experimentalmente a presenza de lípidos empregando Sudán III, un colorante químico que aplicamos sobre alimentos como a pataca, touciño, manteiga e queixo. 
Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Pablo Rubal Losada Bioloxía e Xeoloxía - 1º Bach

Fallo do xurado Concursos OS MATOS

O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:

"XIII Concurso literario" da As. Cultural Os Matos - Tema "Dígocho en verso”

RELATO CURTO

Categoría 1º e 2º ESO:
  • 1º premio: Laura Rodríguez López (2º ESO)
  • 2º premio: Noa Saá del Río (2º ESO B)
POESÍA

Categoría 1º e 2º ESO:
  • 1º premio: Laura González Freire (1º ESO B)
Categoría 3º e 4º ESO:
  • 1º premio: Alejandra Alonso Fernández (4º ESO)
"XI Concurso de Imaxe" da As. Cultural Os Matos - Tema "Dígocho en verso”

Categoría 1º e 2º ESO:
  • 1º premio: Noemy Tavares Pereira Barbosa (2º ESO B)
  • 2º premio: Lin Vizoso López (2º ESO B) 
  • Accésit: Raúl Fernández Fernández (2ºESO A)
Categoría 3º e 4º ESO:
  •  1º Premio de imaxes: Cristian Gómez Mesa (4º ESO )

9.6.19

Ecosistemas terrestres - 1º ESO

Como proxecto de Bioloxía, os alumnos e alumnas de primeiro da ESO estudaron os distintos ecosistemas terrestres do noso planeta, para así poder coñecer as súas características principais, tales como a localización xeográfica ou as temperaturas medias ao longo do ano, e tamén a súa flora e fauna representativas. Desta forma puideron darse conta da gran diversidade de especies que existen na Terra, tanto animais como vexetais, e das adaptacións que estas presentan ao medio no que viven. Ademais, cos seus traballos puideron aprender a importancia de conservar a biodiversidade e os impactos negativos que as actividades humanas están producindo sobre os ecosistemas.
Accede aos traballos aquí. 

Innovacións tecnolóxicas no laboratorio

Estes días en Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato, estivemos probando no laboratorio as innovacións tecnolóxicas que os alumnos de 3º ESO deseñaron e fabricaron coa axuda de Pablo en Tecnoloxía. Concretamente observamos mostras de tecidos vexetais na pizarra dixital grazas a unha cámara instalada no microscopio. Tamén fabricaron adaptadores para poder utilizar os teléfonos xunto aos microscopios, permitindo ampliar as imaxes das mostras e tomar fotos. Unha experiencia de traballo en equipo enriquecedora entre alumnos, alumnas e docentes de diferentes cursos, que puidemos levar a cabo grazas ao contrato-programa de Ciencias.

7.6.19

Maruxía nº 25 lista para a súa impresión

O equipo de redación de Maruxía composto polo alumnado de 4º de ESO TIC e liderado por Miruca Parga rematou o seu número 25 da revista. Xa está na imprenta grazas a axuda de José Luis. 
O vindeiro luns 17 de xuño ás 16h00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela está programado un acto de presentación onde se coñecerá os contidos seleccionados para o seu XXV aniversario entre outras actividades.

Premiados no certame sobre a táboa periódica

Para celebrar o 150 aniversario do descubrimento da Táboa dos Elementos Químicos por Dmitry Mendeleev, a facultade de Química convoucou o certame "A Táboa Periódica e Galicia" co propósito de dar a coñecer a importancia dos elementos químicos na vida cotiá. Levamos o 3º premio co cartel sobre "O aluminio na Mariña" do alumnado de 1º de Bach e liderado por Ana Vázquez. O pasado venres 25 de maio, a alumnado acudiu a Santiago para recibir os premios na Facultade de Química da USC.

O traballo “O radon e a súa importancia“ do IES Rosais 2 de Vigo gañou o 1º premio e o 2º premio foi para o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras co traballo ‘O tesouro oculto de Casaio: o Volframio’.

O noso grupo de 4° ESO recibiu o 6° premio para o seu traballo sobre o ferro. O noso alumnado de 3° PMAR trae o 7° premio co seu traballo sobre o silicio. Estupendo traballo de grupo e excelente exposición e defensa do seu traballo.!!!! Moitos parabéns ao noso alumnado e as súas respectivas profesoras, Ana, Cándida e Virginia.

Ademais dos 300€ para o 3º premio, o centro recibiu un lote de material de laboratorio.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Ver nota de prensa na web de GCiencia.

Viaxe a Londres

O pasado 29 de abril, un grupo de alumnos de 4º da ESO do I.E.S Perdouro de Burela, acompañados por dous profesores, Charo Fernández e Toni Galdo, emprenderon viaxe de cinco días rumbo á capital británica co fin de apreciar distintos aspectos socioculturais relacionados coa materia de inglés, poñer en práctica as destrezas orais e coñecer o modo de vida dunha capital tan cosmopolita como Londres. Unha vez alí tiveron a oportunidade de ver os distintos lugares de interese da cidade, como o Big Ben, o London Eye, a City, Tower Bridge e outros puntos icónicos así como diversos museos como o Británico ou o de Historia Natural. Ademais, tiveron ocasión tamén de ver o estadio de fútbol do Stamford Bridge, viaxar en barco polo Támesis entre outras actividades. Tanto os profesores como o alumnado tiveron unha estancia estupenda en Londres, da cal lles quedará un gran recordo.
Accede à reportaxe fotográfica aquí.

Toni Galdo, profesor de Inglés.

Sentimos a poesía

xxxxx
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...