28.3.14

Falan de nós na prensa - Premio Concurso Exposición Letras Galegas 2014

Recorte de prensa: a Mariña do Progreso entrevista a Miruca Parga, 1º Premio no Concurso-Exposición Letras Galegas 2014
Miruca Parga, Coordinadora do EDLG, traballou co seu alumnado de 1º de Bacharelato de TIC sobre a figura de Xosé María Díaz Castro co próposito de elaborar carteis para a exposición sobre o autor homenaxeado do día das letras galegas 2014.

27.3.14

3º e 4º ESO - Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

O pasado mércores 26 de marzo, o alumnado de Música de 3º e 4º de ESO asistiu a un concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Piero Lombardi, o director, preparou a mostra en torno a 3 grandes mestres clásicos:
  • F. Mendelssohn: As Hébridas, op. 26 (fragmento), 
  • F. J. Haydn: Sinfonía nº 44 en Mi menor, “Trauer” (fragmento), 
  • W. A. Mozart: Sinfonía nº 36 en Do maior, KV 425 “Linz” (fragmento)
Pola tarde, o grupo de alumnos tivo a ocasión de facer unha pequena ruta polo casco antiguo de Santiago.

Aquí tedes a reportaxe fotográfica da visita...


26.3.14

Superheroes do Perdouro - VI Encontros de BD 2014

O alumnado de 1º de ESO traballou coa axuda da súa profesora Helena no proxecto interdisciplinar en torno os seus superheroes favoritos. Utilizando material reciclado, esta vez moito cartón de embalaxe, representaron todo tipo de figuras. Mirade o colorido mural confeccionado por eles nas seguintes fotos. Bo traballo rapaces!!

Charla sobre desigualdade e violencia de xénero - 2º ESO

Ana Belén Pacio Rodríguez, Xefa da Unidade conta a violencia sobre a muller, impartiu hoxe na biblioteca do centro unha conferencia destinada ao alumnado de 2º de ESO para informalos sobre desigualdade e  violencia de xénero. Esta actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.
Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.

25.3.14

Acto de inauguración dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2014

O pasado 24 de marzo na Biblioteca do IES Perdouro presentáronse os VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña, uns encontros que comezaron no ano 2009 e que teñen dous obxectivos básicos: por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic e, por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.

Nesta primeira xornada dos VI Encontros, o Centro encheuse de superheroes da banda deseñada. 

Igualmente presentouse o número quinto da nosa revista “Banda Desexada”, que recolle todo o feito nos encontros do ano pasado así como os traballos premiados na anterior edición.

Bases do Concurso de creación  de banda deseñada

Toda a información sobre as bases do Concurso de BD do IES Perdouro no blogue Banda DesexadaO prazo de presentación remata o 4 de maio. 

Plan Acción da Fundación Alcoa no IES Perdouro

A Fundación Alcoa concedeu un plan ACCIÓN ao departamento de Mecanizado. Forman parte do proxecto cinco profesore, os alumnos de 1º,  e os de PCPI, na modalidade de fabricación mecánica.  
A finalidade do proyecto é concienciar e impulsar o reciclaxe como unha alternativa viable, seguindo a liña de compromiso de ALCOA de protección medioambiental en beneficio da comunidade
Os obxectivos deste plan son dous:
     1. Facer un convenio de colaboración cos talleres mecánicos navais de Burela para recoller materiais metálicos inservibles de amaños feitos nos barcos para a súa reciclaxe.
    2.  A utilización deses materiais para os traballos de prácticas dos alumnos do ciclo de mecanizado e de fabricación mecánica de PCPI.

Nestas fotografías móstranse parte dos materiais retirados para unha posterior utilización nos traballos que os alumnos van realizar.

20.3.14

Inauguración dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2014

Esperámoste o luns 24 de marzo ás 11h na biblioteca do IES Perdouro.

Como ven sendo habitual nos encontros, o día da inauguración danse cita na biblioteca figuras, persoeiros, bocadillos do mundo da sétima arte. Este ano pedimos auxilio aos superheroes para axudarnos a construír un mundo mellor e loitar contra os viláns. Para iso facemos o seguinte chamamento: "Presenta unha identificación de superheroe (capa, máscara, antifaz ou logo) para poder acceder á biblioteca e gozar dun chocolate cun anaco de lambona." Disque Superman e Capitán América aparecerán polo Perdouro.

Igualmente presentaremos o número cinco da nosa revista “Banda Desexada”, que recolle as actividades nos encontros do ano pasado así como os traballos premiados na anterior edición.

Máis información no blog dos Encontros: http://bandadesexada.blogspot.com.es/

III Xornadas de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

Os días 18, 19 e 20 de Marzo celebráronse, un ano máis, as xornadas de convivencia cos usuarios da fundación “Eu Son” de Burela coa colaboración das alumnas do C.M. de Perrucaría do IES Perdouro.
Durante estes tres días traballamos codo con codo para mellorar a sua estética, e sobre todo, e quizais o máis importante, reforzar os lazos que nos unen desde fai tres anos.
As alumnas realizaron traballos de corte de cabelo, manicuras, depilacións faciais, cor, masaxes, limpezas de cutis, peiteados...
Eles, pola súa parte, colaboraron en todo momento para axudar a realizar peiteados e recollidos, e practicar técnicas de maquillaxe de unllas....
A última sesión adicámola a mostrarlles as técnicas de barbeado. Para iso, cada un deles trouxo o seu propio material. Quizais foi o momento mais divertido. Todos o fixeron baixo a supervisión dunha alumna do 1º ano.
Penso que estas xornadas son moi positivas, xa que, por unha parte sirven como práctica ás alumnas - sobre todo no módulo de “Peiteado e Estilismo Masculino” - e por outro lado saímos un pouco da rutina dos nosos clientes habituais.
O grupo que nos visitou estaba integrado por 26 persoas das cales 11 viñan nun primeiro turno de 10h a 11h45, e 15 persoas no turno de 12h a 13h45.
Tan só, polo cariño que nos ofrecen, a ilusión coa que reciben os nosos coidados e o agradecidos que se mostran con nos, xa merece a pena seguir con este proxecto.
Quero agradecer aos monitores da Fundación “Eu Son” a sua axuda, ás miñas compañeiras de Departamento e sobre todo ao alumnado do Ciclo o esforzo destes tres días. Grazas tamén á Dirección do IES por facer posible este proxecto.

E, como din os nosos amigos, cando se despiden..... “Vémonos o ano que ven” 

Begoña Rodríguez Muñiz. Xefa do Departamento de Imaxe Persoal do IES Perdouro

17.3.14

Xornada formativa - obradoiro de corte e cor - CM Perrucaría

Xornada de formación en novas tendencias de cor e corte impartida por profesionais de Comercial Monte.

Esta mañá, no taller de Perrucaría, Manuel e Ramón ensinaron ás alumnas do Ciclo Medio de Perrucaría trucos e novidades en corte e cor. 

Mentalízate - Campaña de sensibilización sobre enfermidades mentais

A asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña impartiu ao alumnado de 4º de ESO e 4º PDC este luns 17 de marzo unha charla divulgativa co obxectivo de sensibilizalo ás enfermidades mentais.

Mentálizate é unha campaña para informar e sensibilizar aos mozos/as sobre saúde mental e enfermidades mentais. Esta actividade que se desenvolve a nivel nacional vai dirixida fundamentalemente aos rapaces de entre 14 e 20 anos. Pretende promover hábitos e estilos de vida saudables e a prevención de problemas de saúde mental, concienciando aos máis novos sobre o perigo de certas condutas de risco como o consumo de tóxicos.

Sonia Nogueiras Oroza, psicóloga do centro de axuda ao enfermo mental, explicou ao noso alumnado que a enfermidade mental é unha patoloxía severa e persistente, que en parte pode prevenirse coa axuda de todos, colaborando na detección precoz de síntomas, educando en habilidades interpersonais para prevenir as condutas de risco, como o consumo de cannabis e outras drogas, e fomentando hábitos de vida saudables. Ademais fixo especial fincape nunha actitude positiva hacia aquelas persoas que padecen unha enfermidade mental e hacia os seus familiares co propósito de evitar e eliminar a discriminación e prejuizos hacia estas persoas.

11.3.14

Libroforum con Alfredo Gómez Cerdá, premio nacional de literatura infantil e xuvenil - El rostro de la sombra

Alfredo Gómez Cerdá, autor madrileño con máis de 80 libros no seu haber para todo tipo de público (infantil, xuvenil e adulto), visitou esta mañá, martes 11 de marzo, o IES Perdouro para manter unha charla informal con alumnado de 2º e 3º de ESO e 4º PDC.

A súa extensa obra publicouse en varios países de Europa, América e Asia e moitos dos seus títulos podemos atopalos traducidos ás máis variadas linguas, dende o galego, o portugués, o catalán, o vasco, o francés, o  italiano, o inglés ou o alemán,  ata o coreano, o chino, o xaponés ou o esperanto.
Foi recoñecido con decenas de premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o "Cervantes Chico", o "Barco de Vapor" ou o "Gran Angular".
Isto é un sinal claro do bonfacer do autor. Chega cunha facilidade incrible ao seu público, recurrindo tanto a personaxes que parece que existen de verdade como a temas que están en primeira liña na actualidade. Unha forma moi eficaz de chegar sobre todo ao público xuvenil. Non agocha o que a xuventude e as familias fan mal; pola contra, invítanos á reflexión sobre certas actitudes poñendo os seus personaxes nesas situacións. É o caso do libro que centrou o encontro de hoxe, El rostro de la sombra, premio Hache 2013, co que Gómez Cerdá achega a mocidade á súa realidade máis inmediata: encontro co alcol, emprego das novas tecnoloxías, actitudes de superioridade e de rebeldía cara os demais, sobreprotección familiar, ...

6.3.14

Proxecto IdA Explorer! - Acollida do grupo de rapaces e rapazas da BBZ - primavera 2014

Por quinto ano consecutivo, o IES Perdouro de Burela colabora nun proxecto pioneiro europeo de formación coa BBZ – o centro de formación e inserción laboral da localidade alemá de Augsburgo -  na acollida de rapaces e rapazas en centros de traballo da localidade.



Este xoves, día 6 de marzo, o director do IES Perdouro, Santiago Pérez, recibiu un grupo de rapaces e rapazas alemáns do programa europeo de mobilidade por intercambio IdA Explorer!. Nesta ocasión son nove os participantes deste proxecto que realizarán as súas prácticas en empresas nos diferentes sectores da economía burelá ata primeiros do mes de abril. Chegaron con moita ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Chegaron con moita ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Participaron da vida escolar sendo testemuñas do ritmo da formación profesional en Galicia presenciando clases cos seus homólogos galegos. Logo da acollida e visita no centro educativo, maña, venres ás 11h30, os futuros aprendices serán recibidos no Concello de Burela polo Alcalde Jose González Barcia, nunha pequena recepción de benvida no salón de plenos. Para rematar a xornada, a Vicedirectora, Karina Parga, acompañaraos a visitar algún dos puntos de interese de Burela e achegáranse ata a emblemática praia das Catedrais. Estarán ata o 3 de abril.

Karina Parga, Vicedirectora do IES Perdouro e encargada do Proxectos Europeos, explica que este proxecto piloto alemán, IdA EXPLORER!, respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña e financiado polo Fondo Social Europeo, trata de incrementar as oportunidades de estudos da xuventude, e fomentar o intercambio transnacional en Europa, reivindicando a importancia de coñecer outras realidades para desenvolver competencias e habilidades que faciliten unha integración cualificada e duradeira no mercado de traballo. A Vicedirectora sinala que nestes catro anos que leva traballando coa BBZ un total de 80 alemáns realizaron as súas prácticas na localidade de Burela.

1.3.14

Sesións de prevención de drogodependencia

Maite Lanza, traballadora da Unidade de Drogodependencia de Burela, estivo ao longo destas dúas semanas, impartindo sesións informativas sobre drogodependencia destinadas ao alumnado de 1º, 2º e 4º ESO. A traballadora social explica que “os alumnos responderon de xeito participativo e mostraron moito interese pola información que se lles facilitou dende a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela”.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...