31.1.17

Finais Campionatos San Xoán Bosco 2017

Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na mañá do martes 31 de xaneiro.

Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas  modalidades que se ofertaban:
  •     Individuais:  Xadrez e Damas;
  •     Parellas: Construcción de Puzzles;
  •     Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 27 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 31 de xaneiro pola mañá e foron arbitrados por Jairo Amancio e Jorge Arita, alumnos de 3º de ESO.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargouse os profesores de Educación Física e o de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.

Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:

  • Xadrez: Sergio Alonso Mon (2º ESO A)
  • Damas: Sergio Alonso Mon (2º ESO A)
  • Puzzles: Cristián Gómez Mesa e Irina Galdo Lorigados(2º ESO B)
  • Baloncesto: Equipo de 1º ESO A (Hugo, Erika, Martín, Julia, Miguel, Uxía, Ainhoa e Pablo)
  • Fútbol Sala: Equipo 2º ESO A (Egoitz, Daniel, Sergio, Antonio B., Alexis, Diego, Renato e Borja)
  • Premio mención especial á superación para as irmás Cristina e Lucía Meitín Cayón.

Xogos de San Xoán Bosco - fase da competición 2017

Antón Niñe, presidente da Asociación Cultural Os Matos, organizou como cada mes de xaneiro os campionatos de San Xoán Bosco. O alumnado de 1º e 2º de ESO estivo a competir en varias modalidades de xogos de mesa (Puzzle, Damas e Xadrez) e de equipos (fubol). As actividades que organiza a Asociación Cultural Os Matos culminarán nunha final e entrega de premios programada para hoxe, martes 31 de xaneiro.

  • Ver os cuartos de final en puzzle: aquí entre Manuel e Paula, Hugo e Anxo, e Cristina e Lucía
  • Ver a final de damas:  aquí. entre Sergio e Isaac
  • Ver os oitavos de final en xadrez: aquí entre Kai e Anxo

Novidades BiblioPerdouro 2017

Xa están aquí as novidades de lectura. Consulta aquí as portadas. Hai para todos os gustos!!!

25.1.17

"Cousas" de Castelao por Os Quinquilláns

En colaboración coa Editorial Galaxia, a compañía teatral Os Quinquilláns estivo en Burela cunha proposta teatral e literaria destinada ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato dos dous institutos de Burela, "Cousas" de Castelao.
O luns 23 de xaneiro, os equipos de normalización e dinamización lingüística dos institutos, quixeron achegar ao seu alumnado a obra dun creador clave na cultura galega promovendo a lingua e creando público para o teatro.
O libro homónimo de Castelao é a base dun texto no que Lucho Penabade e Tero Rodríguez recollen os grandes temas abordados polo autor rianxeiro, desde a soidade ao amor pasando pola amizade, a solidariedade, a emigración, a xustiza social ou a enfermidade.
O fío condutor do espectáculos de Os Quinquilláns son dous protagonistas: Teresa, servidora fiel, que coidou durante décadas a irmá máis nova de Daniel Castelao, é a última habitante do domicilio en Rianxo; e o veciño Xosé, mestre, historiador local, pintor e director da compañía de teatro de Rianxo onde Teresa traballa de actriz. Sobre eles gravita toda a trama. Tras o falecemento da última Castelao, vaise pechar a casa e ábrese un futuro incerto para todo o que alí se garda. Teresa a Xosé despídense das cousas lembrando os contos que naceron a carón delas.  Son membros do grupo de teatro local que transforma algúns dos contos da obra de Castelao en pezas breves a través de técnicas como teatro de actores, de máscaras, de títeres, de obxectos, de sombras ou narración oral... todo pensado para que se consiga un dos grandes obxectivos da proposta: a maxia da reinterpretación, das lecturas, da imaxinación...


22.1.17

Acto dedicado a Álex Landim

A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:05 da mañá do martes, día 24 de xaneiro, un acto académico dedicado ao ex-alumno Álex Landim Correia, gañador dun dos premios á dedicación e esforzo convocados pola Consellería de Educación.
Ademais do mozo premiado, no acto -coordinado por Virginia Lama, profesora de Inclusión Educativa- participarán a Xefa de Estudos (María José Andión), a Vicedirectora (Karina Parga), a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística (Miruca Parga), Antonina Semedo e unha representación de alumnos e alumnas que alcanzaron o título de ESO durante o curso 2015-2016.
Con atención específica para o alumnado de recente incorporación ao sistema educativo galego desde setembro de 2014, o IES Perdouro conta desde o presente curso académico cunha profesora especialista en Inclusión Educativa.

21.1.17

Concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia deu o seu primeiro concerto didáctico do ano para escolar no Auditorio de Galicia en Santiago o mércores 18 de xaneiro ás 11h. Dolores Otero, profesora de Música, programou a saída para o seu alumnado de 2º e 4º ESO asi como para o estudantado inmigrante recen chegado. Baixo a dirección de Piero Lombardi, os Bailaríns do Espazo de Danza da USC bailaron varias pezas narradas por Carlos Hermida.

    B. Bartók: Danzas romanesas
    L. Boccherini: Minueto
    J. Strauss: Pizzicato Polka
    P. I. Chaikovski: O crebanoces (Vals das flores)
    J. Brahms: Danza húngara nº 5 (arr. Parlow)
    R. Groba: Catro bagatelas (Natural)

Para rematar a mañá o grupo de alumnos tivo a ocasión de facer unha pequena ruta polo casco antiguo de Santiago e puido fotografiarse con mesmísimo alcade da capital, Martiño Noriega Sánchez.

Aquí tedes a reportaxe fotográfica da visita...

Visita ao Muncyt e obradoiro de electricidade

O pasado martes 10 de xaneiro os departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía programaron conxuntamente unha viaxe á Coruña para os alumnos de 2º de ESO e o grupo de estudantado inmigrante recen chegado. Visitaron o Muncyt (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía) e fixeron un obradoiro de "electricidade e electrónica" onde se introduciron de xeito innovador e amena á electrónica a través dun amplio abano de experimentos: o Disco Voador, Atrapa ao ladrón, Faro automático, Radio, Control luminoso de sóns. 
Xa pola tarde foron patinar sobre xeo na pista instalada no Maryneda City.

Para visualizar a reportaxe fotográfica pica aquí. 

20.1.17

Unha parada no Camiño de Santiago: Vilar de Donas

Os alumnos do IES Perdouro de Burela de 3º e 4º ESO foron de viaxe de estudos a Palas de Rei, concretamente a Vilar de Donas visitar a igrexa de San Salvador.

O xoves 15 de decembro o alumnado de 3º e 4º ESO do IES Perdouro de Burela foi de viaxe de estudos a Vilar de Donas, onde se encontra a igrexa de San Salvador, próxima ao Camiño francés a Santiago.
Alí, o grupo foi recibido por Jesús, un veciño desta parroquia do concello de Palas de Rei. El explicou algunhas características importantes da igrexa románica que pertenceu a un antigo mosteiro do século XII e que está considerada monumento histórico-artístico. A arte románica entrou a través do Camiño de Santiago xa que este era unha vía para conectar toda a cultura que había en Europa con España e viceversa.
A portada ten un arco de medio punto con catro arquivoltas. O templo ten a planta en forma de cruz latina. A xente daquela era maioritariamente analfabeta e explícabase a relixión a través da arte. Só o clero e a nobreza tiñan acceso á cultura. 
Esta igrexa naceu pegada a un mosteiro. A fundación deste atribúese, segundo a tradición e o propio nome da parroquia, a unhas mulleres ou tamén cabe a posibilidade de que os monxes deste mosteiro chegasen a casar; de aí que houbese donas vivindo alí. A igrexa estaba vinculada á famosa Orde dos Cabaleiros de Santiago e tamén tivo vencello coa dos templarios. Foi un lugar de enterramento de importantes personalidades desta orde. Está considerada como Ben de Intererse Cultural dende o ano 1931, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.
Os alumnos e o profesorado, despois de visitala, fixeron un descanso de 30 minutos para despois dirixirse á seguinte visita que tiñan pendente: o castelo de Pambre.

Crónica de Andrea Santos Pereiro, 3º ESO PMAR

19.1.17

Charla de prevención sobre alcol e outras drogas

O martes 17 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º de Formación Profesional Básica recibiu na biblioteca do centro unha charla preventiva sobre Alcol e outras drogas impartida por Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a cellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo informar aos rapaces sobre as diferentes drogas legais e ilegais, os seus efectos e consecuencias na saúde e penal. En definitiva, o axente impulsou a reflexión entre o alumnado entorno adiccións e outros mitos.

Para información, consulta a web do Plan Nacional sobre Drogas  e descárgate a App.

Ver ademais La locura de las drogas en Documentos TV de RTVE

Accede aquí ás fotos da charla.

Charla sobre acoso escolar - 2º ESO

O martes 17 de xaneiro, o alumnado de 2º de ESO asistiu na biblioteca do centro a unha charla preventiva sobre Acoso escolar impartida polo Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo explicar aos rapaces a importancia de contar sempre os casos de acoso, de non calar e de axudar sempre a víctima.

O ponente alertou da incidencia do acoso escolar reivindicado a prevención como a mellor maneira de facer frente a estes problemas. Falou do ciber-acoso, do sexting e fixo referencia a varios casos de actualidade reflectidos na prensa a diario.

Lemdrade o teléfono contra o acoso 900 018 018 totalmente gratis e anómino.

Accede aquí a reportaxe fotográfica.

16.1.17

Premio ao esforzo e superación persoal para Álex Landim

RECOÑECEMENTO AO ESTUDANTE DE BURELA QUE RECIBIU O PREMIO AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL NA ETAPA DE ESO

A biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11 da mañá do próximo martes, día 24 de xaneiro, un acto de recoñecemento ao estudante de bacharelato Álex Landim Correia, que conseguiu o premio ao esforzo e a superación persoal no concurso convocado pola Consellería de Educación.
Estes premios teñen como obxetivo recoñecer aos alumnos e alumnas que requiriron un maior esforzo e dedicación para superar dificultades, de carácter persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural e superar os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria. Os méritos de Álex Landim situárono entre os 20 mozos e mozas de toda Galicia que conseguiron este recoñecemento. O premio metálico ascende a uns 750 euros.
Alex Landim non foi o primeiro alumno do IES Perdouro en acadar este recoñecemento, tamén o tivo no ano 2015 Diana Gonçalves Sanches, actual alumna do Ciclo superior de Administración e Finanzas, e máis recentemente, en 2016, Andrés Quiroga Rivas, actual alumno de 2º de Bacharelato.

Chegado a Burela en setembro de 2014, Alex Landim atopouse cun grande desfase no nivel educativo con referencia aos colegas da súa mesma idade, mais con medidas de apoio escolares e extraescolares alcanzou o título de ESO en setembro de 2016 e neste momento está cursando o primeiro de bacharelato de Artes no Instituto Monte Castelo.
Por encima da asimilación de contidos teóricos, durante estes dous anos Álex Landim destacou polo esforzo e a superación persoal nos ámbitos académicos e extra-académicos. Ademais de se involucrar con moita responsabilidade nas categorías inferiores da S. D. Burela, rapidamente se integrou na Asociación Dambara, onde primeiro realizou estudos de percusión e posteriormente os compatibilizou cos de gaita, baixo a coordinación didáctica de Albano González Cancio e Rodrigo López Gómez.
A súa faceta creativa e de voluntariado manifestouse na colaboración en diversos obradoiros de orientación para a vivencia do tempo libre. Neste sentido, Landim colaborou coa Asociación Karricanta e ofreceu recentemente un obradoiro de manualidades no Mercado do Souto en Cervo.
O estudante recollerá o cariño dos seus compañeiros e ex-profesores na biblioteca do que foi o seu centro de ensino durante dous anos.
OUTRAS REFERENCIAS
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...