28.11.13

Premios no Concurso de cartel Día da Sida

Antía Baño, alumna de 3º de ESO, e Saray Rozas, alumna de 4º ESO, acadaron o premio respectivamente  nas categorías de 12-15 anos e de 16-18 anos no Concurso de Cartel convocado pola unidade asistencial de drogodependencias de Burela para conmemorar o día da Sida.
O pasado 28 de novembro o edil, José González Barcia, e a concelleira de Sanidade, Diana Durán entregaron os galardóns os premiados.

2º ESO - Inmersión Lingüística Salduero


Un grupo de 25 alumnos de 2º de ESO están pasando uns días por Soria prácticando inglés grazas a un programa de inmersión lingüística no Albergue Caja Duero de Salduero. Comparten esta experiencia con alumnos do IES Antonio de Nebrija de Móstoles.

Os alumnos realizaron rutas por Salduero e Molinos de Duero a orillas do río que segue conxelado polas orillas. Practican inglés todo o día cos monitores e profesores do campamento a través de xogos como Trivial, ginkanas, concursos televisivos... Levan a cabo obradoiros relacionados co medioambiente nos que realizan xogos de campo utilizando GPS, constrúen diminutas embarcacións con elementos da natureza cercana coas que despois compiten nunha carrera río abaixo.

Hoxe tocou visitar ao Museo do Bosque, situado no concello de Vinuesa (Soria), a poucos kms dos Picos de Urbión e da Lagoa Negra, un lago glaciar. A visita consistiu nunha viaxe virtual guiada polo paisaxe dos Picos de Urbión, a súa fauna e a súa natureza. Debida as baixas temperaturas destes días, non puideron achegarse á Lagoa Negra xa que a ruta está cuberta polo xeo.

26.11.13

Obradoiro de xabón con Gaia - Proxecto Interdisciplinar de 2º ESO

Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:

Esta semana, Mª José e Begoña ensinan ao alumnado de 2º de ESO a facer xabón empregando a aceite usado co propósito de motivar aos rapaces na importancia da reutilización dos recursos. 

Obradoiro de xabón "lagarto"


Obradoiro de xabón cosmético de glicerina


25.11.13

1º ESO - Itinerario xeográfico, histórico e artístico por Burela

O día 25 de novembro o alumnado de 1º de E.S.O. participou nunha das actividades programadas polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica: Itinerario Xeográfico, Histórico e Artístico por Burela.

Saíndo do Instituto, os alumnos fixeron un percorrido en autobús que os levou ata o Cantiño, seguindo despois pola Avda. Arcadio Pardiñas, Rúa Eijo Garay, Porto e Paseo Marítimo, rematando a ruta na Igrexa de Vila do Medio.

Ao longo da viaxe escoitaron as explicacións dos profesores acompañantes que informaron sobre os edificios públicos (Concello, Centro de Saúde, Confraría de Pescadores, Capitanía Marítima...), a economía (pesca, servizos), e a xeografía do concello (porto, cabo, faro, praias...).

Na Igrexa de Vila do Medio tiveron ocasión de apreciar as pinturas góticas e outros aspectos de interese histórico.

25 de novembro - Día contra a violencia de xénero - Recomendacións de BiblioPerdouro

Recomendámosche unha recompilación de libros e filmes para conmemorar o 25 de novembro e sensibilizarnos tod@s contra a violencia de xénero.

Charla sobre reciclado do aceite - GAIA

Actividades do Proxecto interdisciplinar BurelaXogaRecíclase:

Hoxe, as monitoras de Gaia impartiron unha charla ao alumnado de 2º de ESO sobre a importancia de separar o aceite  de cociña nos colectores previstos para tal efecto e explicáronnos como reutilizar o aceite para facer xabón como aquel que facían as nosas avoas para branquear a roupa.

21.11.13

"Como Galegos" da TVG rodando no IES Perdouro

Ayub Sabry, alumno marroquino do Ciclo Medio de Mecanizado,  será o protagonista do programa da TVG "Como Galegos" que retrata a integración da xente de fóra en terras galegas. 

Hoxe o equipo do gravación liderado por Noelia visitou o centro educativo onde estuda Ayub asi como os estudios do Programa radiofónico de Proxecto Neo.

Esperamos impacientes poder ver o resultado canto antes!!!

20.11.13

1ª xuntanza do clube de lectura

Este curso o clube de lectura adicarase á literatura contemporánea dos cinco continentes. 

Este mércores 20 de novembro, os clubeiros reuníronse pola tarde na biblioteca para intercambiar as súas impresións despois da lectura da obra francófona de Amélie Nothomb, Metafísica dos tubos.

18.11.13

Gaia - Semana Europea da Prevención de Residuos

Do 16 ao 24 de Novembro celébrase a Semana Europea da Prevención de Residuos. O seu obxetivo é difundir o concepto de prevención de residuos e evidenciar o seu impacto no medio ambiente e na loita polo cambio climático.
Hoxe as monitoras de Gaia impartiron unhas charlas ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre a xestión dos residuos, intentando deste xeito aportar o noso graniño de area nesta tarefa na que todos debemos implicarnos.

14.11.13

Campaña escolar "Separemos ben, reciclemos mellor"

A campaña educativa "Separemos ben, reciclaremos mellor", promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, contando coa implicación de Ecoembes e os Sistemas Integrados de Xestión de Pilas, ten como obxetivo o de  informar acerca das ventaxas, tanto ambientais como económicas, da colaboración ciudadana no ámbito da recollida selectiva, garantizando con esto o posterior reciclado dos refugallos producidos. 
Así pois, o xoves 14 de novembro coincidindo coa semana internacional da Reciclaxe,  todo o alumnado de ESO e PCPI asistiu ás charlas informativas impartidas por educadores ambientais que lle explicaron en que consiste unha xestión sostible do lixo, proporcionándolle ao alumnado as boas prácticas coas que facer efectiva a súa participación: desde o consumo responsable e a prevención de residuos, ata a reutilización e adecuada segregación dos mesmos. Explicaron a necesidade de contar coa participación de todos a través da práctica das Tres erres "3R": Reducir as cantidades de lixo producidas, Reutilizar os produtos o maior número de veces posible ata esgotar a súa vida útil, e Reciclar separando as distintas fraccións que conforman o lixo. Ao remate da actividade entregáronse a cada alumno un folleto informativo de axuda para identificar os distintos residuos así como o colector correspondente.

13.11.13

Mostra de cogomelos 2013

O Departamento de Ciencias Naturais organiza a súa exposición anual de cogomelos da comarca. Logo da recollida dos exemplares polos montes de Penas Agudas, o alumnado de 1º de bacharelato participa na actividade de identificación e etiquetado dos fungos para amosar a diversidade destes seres vivos. 


Como recoñecer os cogomelos?
De axuda pode servir este vídeo, para empezar.
Aquí tedes unha información recompilada sobre os cogomelos de interese sacada da páxina Bioecología.

Recomendacións sobre Cogomelos de Galicia.
Guías virtuais de setas:
Guías en PDF:
Cociñar:

Saída micolóxica 2013

Un grupo de alumnos de 4º ESO e 1º de Bach. achegouse ata Penas Agudas para recoller cogomelos co propósito de realizar unha exposición dos espécimes locais máis representativos no centro ao longo desta semana.

Na colleta atopáronse boletus, lepiotas, níscalos, amanitas rebescens, entre outras especies.

12.11.13

Videoconferencia de Jorge Mira - Día da Ciencia en Galego

Hoxe o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bach asistiron á videoconferencia de Jorge Mira co galo do IV Día da Ciencia en Galego, actividade promovida pola Coordinadora Galega de ENDL.
Neste conferencia de media hora, Jorge Mira explícoulles a casi máis de 6000 alumnos/as de 88 centros de esino secundario de toda Galicia como, na Grecia Clásica, Eratóstenes fixo para medir o tamaño da Lúa, do Sol, da Terra, así como calcular as distancias que nos separan daqueles astros usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

Escoitade a entrevista que lle fixeron a Jorge Mira esta mañá en Radio Burela no 107.7 despois do minuto 34'. http://www.ustream.tv/recorded/40702039



8.11.13

Sonia Parra e José Ramón Leiva, reporteiros para Radio Burela

Non vos perdades.... Radio Burela facendo eco das actividades desenvolvidades no IES Perdouro.....

A alumna de 1º de Bach, Sonia Parra, explica á audiencia do programa A mañá da Mariña de Radio Burela as súas impresións tras asistir á charla coloquio co guionista Eligio Rodríguez Montero que tivo lugar na biblioteca do centro o xoves 7 de novembro.

José Ramón Leiva, orientador do Perdouro, indica que os obxetivos da actividade centráronse principalmente na orientación vocacional entorno o campo da comunicación audiovisual contando coa testemuña en primeira persoa do exitoso guionista Eligio Rodríguez Montero.

Escoitade a entrevista en Radio Burela na seguinte ligazón a partir do minuto 20'  http://www.ustream.tv/recorded/40578256?utm_campaign=t.co&utm_source=ustre-m&utm_medium=social

Reportaxe gráfica da charla con Eligio Rodríguez Montero o xoves 7 de novembro cos alumnos de 1º de Bach e de 4º ESO.

Porque me sae do galego, Gamy


PORQUE ME SAE DO GALEGO, de GAMY. Un videoclip para o Clube da Lingua, IES Marco do Camballón,
Vila de Cruces. Realización Natasha Lelenco

Agradecemento de Ovidio Fernández en FaceBook

7.11.13

Eligio Rodríguez Montero na prensa

Prensa escrita : entrevista de Lupe publicada na Mariña do Progreso, 07/11/2013




Prensa radio: entrevista de Matías Nicieza realizada en Radio Burela, 08/11/2013 - despois do minuto 34 (http://www.ustream.tv/recorded/40550084).

Centenario do nacememento de Albert Camus

O 7 de novembro de 1913 nacía en Arxelia o novelista, ensaista, dramaturgo, filósofo e periodista francés Albert Camus.
Na súa variada obra desenvolveu un humanismo fundado na conciencia do absurdo da condición humana. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
Entre as súas obras principais destaca "L´étranger" , novela na que se describen as vicisitudes dun individuo incapaz de amosar sentimentos ou de  crear unha moral acorde entre a razón-sensación-emoción e que reacciona sin razón nen motivo aparente.
Nunca deixou de loitar contra todas as ideoloxías que arredran ao home da condición humana.

Para saber máis:

6.11.13

Guionista de televisión imparte conferencia para o alumnado de 1º Bach e 4º ESO

Eligio Rodríguez Montero foi guionista, entre outros, de Mareas Vivas, O Show dos Tonechos e Hispania, la leyenda.

O vindeiro día 7 de novembro (xoves) ás 11:30 da mañá dará unha charla no IES Perdouro, Eligio Rodríguez Montero. Este guionista de TV traballou para numerosas series de televisión da galega, asi como en series doutras cadeas, como: Mareas vivas, Pratos combinados, O show dos Tonechos, As leis de Celavella, A vida por diante, Desaparecida, Guante Blanco, UCO, Gondar, Hispania la leyenda, Gran Reserva, Gran Hotel e Padre Casares, entre outras.

A serie que máis prestixio lle deu foi Gran Hotel. Actualmente, ten unha oferta de traballo en Madrid para coordinar unha nova serie dun coñecido canal de televisión estatal.

Recentemente presentou a novela La vieja viña a partir da serie de televisión Gran Reserva. A novela editouna o Grupo Planeta. La vieja viña é un relato trepidante no que se mesturan elementos clásicos do xénero policíaco cos propios dunha historia de amor imposible, no contexto do suxerente universo do viño, todo ambientado na Rioja.

4.11.13

IV Día da Ciencia en Galego - o dereito a gozar da ciencia en galego

Dia da ciencia en galegoCon motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.

Temos a sorte de poder participar na videoconferencia que impartirá Jorge Mira o vindeiro martes 12 de novembro a partir das 12h30 na biblioteca.

Título: Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.

Relator: Jorge Mira PérezDoutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable.
Páxina web: 
http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm
 
Sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...