Mostrar mensagens com a etiqueta Burela. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Burela. Mostrar todas as mensagens

23.1.18

Coñecendo o meu pobo - 1º ESO

Os Departamentos de Xeografía e Historia e Relixión Católica organizaron unha actividade conxunta destinada ao alumnado de 1º de ESO que tiña como obxectivo realizar un roteiro xeográfico e histórico pola nosa localidade e dar a coñecer o noso patrimonio.

O mércores dezasete de xaneiro fixemos unha  excursión cunha ruta por Burela de Cabo. Fomos  en autobús e por parellas. Despois fomos ver o porto novo, despois a igrexa da Vila do Medio. Os profes contáronnos moitas cousas que non sabiamos. Vimos as pinturas góticas de fai centos de anos e que estaban nunha parede da igrexa. Antes estivemos no adro escoitando o que nos dicían.  Logo tivemos que cubrir unha ficha sobre as cousas que nos explicaron. Atendemos, fixemos caso e portámonos moi ben.

Cristina Meitín Cayón.- 1º ESO
Accede ao noso albúm de fotos aquí.

14.11.16

Itinerario por Burela

O  mércores 10 de novembro o curso de 1º de ESO realizamos un itinerario  polo noso concello facendo varias paradas. Unha delas foi na Casa do Concello onde nos explicaron os distintos departamentos e áreas e que función tiña cada unha. Tamén  puidemos ver o despacho do alcalde que nos contou cales eran a súas funcións. Outro departamento que vimos foi o lugar de traballo da policía. Despois fomos a Capitanía Marítima onde nos  informaron do que se encargaban de facer alí, como por exemplo trazaban as rutas polas que despois van os barcos e de dar instrucións en caso de que alguén se fixera dano.
Pasamos ao carón do cabo e do lugar onde se atopou o Torques de Burela. E por último visitamos a unha das maiores xoias históricas de Burela: A Igrexa da Vila do Medio. Soubemos cando e como se construiu, para que serviu e serve, as diferentes partes que ten e o máis importante: as características das súas pinturas góticas.

Crónica de Hugo Cobas Linares - 1º ESO A

5.4.16

Ruta histórico cultural por Burela - 1º ESO

O día 31 de marzo o alumnado de 1º de E.S.O. participou nunha das moitas actividades programadas polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica.

Realizar un roteiro xeográfico e histórico pola nosa localidade sempre ten interese e ademais, na maioría das ocasións, rematas enterándote de datos descoñecidos. Así foi para nós, os alumnos/as de 1º da ESO: interesante e enriquecedor. E se ademais lle engadimos a visita á igrexa da Vila do Medio, muito  mellor. As súas pinturas góticas merece a pena velas e estudialas. A pena é que esta testimuña da nosa historia non sexa o suficientemente recoñecido e que esta igrexa, recuperada polo pobo, non se lle saque o proveito que todos os veciños queren.

25.11.13

1º ESO - Itinerario xeográfico, histórico e artístico por Burela

O día 25 de novembro o alumnado de 1º de E.S.O. participou nunha das actividades programadas polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica: Itinerario Xeográfico, Histórico e Artístico por Burela.

Saíndo do Instituto, os alumnos fixeron un percorrido en autobús que os levou ata o Cantiño, seguindo despois pola Avda. Arcadio Pardiñas, Rúa Eijo Garay, Porto e Paseo Marítimo, rematando a ruta na Igrexa de Vila do Medio.

Ao longo da viaxe escoitaron as explicacións dos profesores acompañantes que informaron sobre os edificios públicos (Concello, Centro de Saúde, Confraría de Pescadores, Capitanía Marítima...), a economía (pesca, servizos), e a xeografía do concello (porto, cabo, faro, praias...).

Na Igrexa de Vila do Medio tiveron ocasión de apreciar as pinturas góticas e outros aspectos de interese histórico.

13.11.12

Ruta histórico-cultural por Burela

O pasado 12 de novembro, os rapaces e rapazas de 1º da ESO realizaron un itinerario xeográfico e histórico pola nosa vila. Con esta actividade coñeceron e aproximáronse máis ao noso contorno, descubrindo aspectos, espazos e trazos históricos novos.

A  actividade rematou coa visita á Igrexa da Vila do Medio coa análise dos elementos artísticos máis sobresaíntes, salientando entre todos eles as súas pinturas góticas sobre a paixón e morte de Xesucristo.

O alumnado sentíuse especialmente atraído polo legado cultural existente en Burela que para algúns resultou ser descoñecido.

1º ESO A 1º ESO B
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...