O pasado xoves 15 de outubro o Alumnado de 1 de
Bacharelato de Ciencias viaxamos ata A Coruña para realizar unha actividade na
Domus sobre a PCR e visitamos tamén o
Centro de Investigación Tecnolóxica de Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), situado no campus de Elviña, acompañados polo profesor de bioloxía Fernando e o de Tecnoloxía Santiago.
Despois de 2 horas de bus chegamos á Domus, o primero que fixemos foi subir ao taller e poñer unha bata coa que nos sentimos como verdadeiros científicos. Despois unha muller moi amable e simpática (Margot) comezou a explicarnos os instrumentos que iamos utilizar. O que primero fixemos foi practicar coa pipeta e auga xa que tiñamos que utilizar cantidades moi pequenas e necesitabamos práctica.
Xa ben equipados, cos instrumentos ben identificados e coa práctica realizada puidemos dar comezo á actividade. A instrutora comezou a contarnos unha historia para entender de onde se podía extraer o ADN que se utiliza nas PCR. A continuación comezou a verdadera práctica, empezamos a mesturar o ADN cos cebadores, os nucleótidos e a encima Polimerasa. Cando terminamos de mesturalo todo metímolo na máquina da PCR na que se someten as mostras a unha gran temperatura que provoca que o ADN se multiplique.
Nese momento fixemos un descanso xa que o proceso de duplicación do ADN tarda aproximadamente 30 min e estivemos probando todas as actividades que proporciona a Domus.
E por último, realizamos o proceso da electroforese que separa os fragmentos de ADN por tamaño e permite observalos baixo una luz ultravioleta en forma de bandas no xel.
Accede ao album de fotos
aquí
Julia Rubio Geada - Alumna de 1º de BAC A