11.5.26
Encontro literario con Aitana Castaño
9.6.23
Actividades en Viladonga e no Museo Provincial de Lugo
Tratouse de dúas actividades moi distintas coas que sen dúbidas traballamos aspectos como o respecto e a comprensión da diversidade de orientación sexual, o traballo en equipo, o compañeirismo ou a resolución de retos. Finalizamos a xornada, por suposto, coa visita á sala do ouro onde se garda o noso Torques de Burela, un broche perfecto para este día de clase fóra dos muros do centro.
Accede a reportaxe fotográfica AQUÍ.
Sonia Rey, profesora de Lingua Castelá
26.5.23
Care Santos na Mariña
8.4.22
Ledicia Costas no IES Perdouro
5.4.22
Encontro con Ledicia Costas
Agora, despois destes dous cursos, por fin poderemos compartir con ela as nosas impresións sobre as súas novelas: O corazón de Xúpiter, Unha estrela no vento, Escarlatina, a cociñeira defunta...
Estamos desexando que chegue o día!
31.3.22
8M: Antía Yáñez e a súa novela "Senlleiras"
A escritora falounos da orixe deste libro. Un día, escoitando un podcast de “Cuarto Milenio”, oíu que unha muller fora atopada morta e o seu bebé xogando xunto ao cadáver; a isto sumáselle que na última fotografía publicada dela víase unha man pantasma. Por iso, ela decidiu escribir un libro que empezara cunha morte e que os feitos se foran desencadeando ao longo da historia. Nese momento ela sabía pouco da violencia machista mais decidiu entrar nese tema para entendelo mellor. A súa intención era escribir sobre mulleres da súa idade coas que sentirse identificada, xa que o común na literatura é que os papeis protagonistas sexan para homes (como exemplo puxo a Harry Potter, unha das sagas que a introduciron no mundo da lectura, xunto coa serie de libros de “Los cinco”; sobre estes últimos libros contounos que sempre se identificou cunha das protagonistas (Georgina), pero que ela non quería deixar de ser muller para facer o que Georgina facía, posto que a protagonista quería ser un rapaz para correr moitas aventuras).
Amosounos diversos exemplos sobre o papel da muller na literatura, como o caso da autora de Harry Potter, quen non puxo o seu nome completo nos libros porque, se o público masculino sabía que era unha muller, non os lerían.
Con respecto á violencia machista, ao longo da charla ensinounos algúns titulares de noticias redactados de maneira agresiva cara ás mulleres, mentres que, no caso dos homes, moitas veces se intentaba diminuír a importancia da situación. A violencia convértese nun circo mediático que parece esconder os agresores e intentar suavizar os delitos que se cometen contra as mulleres.
Tamén nos presentou algúns dos lugares que aparecen no libro como “Vila Chorima”, que agora está en ruínas e que era o lugar a onde Alana foi servir coa súa nai, e onde vivimos a súa infancia. Tamén falou da Rúa Betanzos e da Praza de Lugo, lugares onde se desenvolvía a vida de Alda e Alana, e o Hotel de Francia, que actualmente é o Blue Coruña.
Gustoume moito a charla xa que a escritora fusionou temas do libro coa realidade da violencia machista que estamos vivindo na nosa sociedade.
Podedes acceder ao álbum de imaxes AQUÍ.
Sandra Lopes Monteiro, 1º BAC-B
5.3.22
Faladoiro con Antía Yáñez en torno a "Senlleiras"
O martes 8, Día internacional da muller, teremos no centro un faladoiro con Antía Yáñez.
23.2.19
Día de Rosalía de Castro - Encontro con Antía Yáñez
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
Tamén podes escoitar o programa especial que fixemos en Radio Burela previamente a súa visita sobre Antía Yáñez.
11.12.18
Memoria histórica
O mércores 17 de outubro os alumnos de 1º e 2º de BAC tivemos unha charla adicada en gran parte a experiencias sufridas durante a guerra civil española e que levaba por título "Negación, testemuño e literatura. A guerrilla que nunca nos contaron". Este acto foi presentado polo profesor do centro Bernardo Penabade.A charla comezou coa presentación do libro A raíña das velutinas, escrito por Lionel Rexes, e no cal aparece Xulio Rodríguez, un dos personaxes da obra que tamén estaba alí presente e que nos comentou que non pode concibir a ninguén que non aproveite a riqueza potencial da lectura. Tamén estaban presentes Fernanda, neta do guerrilleiro coñecido como o “Gardarríos”, fusilado cando ela tiña dous anos, e a filla de Kiko que explicou como foron algunhas experiencias fascistas vividas en Francia.
Por último, Kiko, un guerrilleiro que naceu no 1925, contounos experiencias persoais na guerra civil e deixounos algunha que outra frase curiosa como “os exiliados non escapaban da guerra, senón da morte”. El denomínase e descríbese como un gran rebelde e reivindica que a muller tivo un papel fundamental durante a guerra civil, algo que nunca foi recoñecido. Kiko estivo catro anos e dous meses como guerrilleiro antes de marchar cara a Francia; no ano 1947 foi condenado a morte pero conseguiu fuxir a París antes de que o atopasen. Esta viaxe non foi un traxecto fácil, viaxaban polas noites e ían armados por se había enfrontamentos.
Persoalmente pareceume unha charla moi interesante e inusual xa que poucas veces imos poder coñecer unha persoa que viviu experiencias na guerra civil en primeira persoa.
21.11.17
Fondos sobre igualdade recomendados polo CIM
29.4.17
A escritora Iria Misa en BiblioPerdouro
Co gallo de celebrar o Día do Libro, o luns 24 de abril achegouse ao IES Perdouro Iria Misa para encontrarse co alumnado de 3º PMAR e 4º de ESO. A escritora naceu o 23 de febreiro do ano 1983 en Gondomar. Actualmente vive en Baiona e é profesora de Inglés de Educación Secundaria.
O seu soño dende pequena sempre foi o de ser escritora e, despois de varios anos escribindo e perfeccionando cada unha das frases e textos que redactaba, conseguiu, por fin, acabar a súa novela Xa non estou aquí.
Este libro trata dunha rapaza que repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A protagonista, Ánxela, tense que enfrontar aos conflitos de personalidade propios da adolescencia. Á parte deste tema, trátanse moitos outros como as drogas, a homosexualidade, a relación cos pais… Trátase dunha historia intrigante, de lectura fluída pero que agocha unha temática moi complexa.
Iria xa se presentara a algún que outro concurso cos seus relatos, ata que decidiu envialos ao Jules Verne de literatura xuvenil convocado pola editorial Xerais. E non só gañou a edición 2016, senón que chegou á final con dúas das súas novelas. Contounos que as súas obras a acompañan durante moito tempo ata que senta a redactalas e a perfeccionalas pouco a pouco durante uns cantos meses ata obter o resultado que ela desexa ter ou un resultado mellor do que imaxinaba.
Tamén nos comentou un pouco por enriba algún dos temas que trata na súa próxima novela que sairá á luz antes de que acabe o 2017. Contounos tamén que tiña ganas de escribir literatura para adultos, pero que aínda non sabía como facelo, así que polo momento seguirá escribindo literatura xuvenil.
19.2.17
Lendo a Agustín Fernández Paz
Para ver como se fixo, pica aquí.
25.10.16
24.4.14
Estraviz
20.1.14
Calendario do libro e a lectura 2014




.png)





