30.4.13

2º ESO - Ruta histórica

O martes 30 de abril, os rapaces  de 2º da ESO coñeceron de petro algún dos monumentos e construccións  máis sobresaíntes da antiga provincia galega de Mondoñedo. As catedrais de Mondoñedo e de San Martiño son un exemplo claro e evidente da importancia que noutrora tivo esta zona, por iso é fundamental  o seu coñecemento e  análise para así tamén saber do legado  dos nosos devanceiros.

29.4.13

Clausura dos Vos Encontros de Banda Deseñada 2013

O luns 29 de abril, tivo lugar na biblioteca do centro o acto de clausura dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.

Abriron o acto o director  do IES Perdouro, Santiago J. Pérez e o Alcalde de Burela, José González Barcia. Antes de darlle paso ao noso convidado estrela, Miruca Parga, representante do EDL, fixo unha retrospectiva sobre a arte da comunicación en base á imaxe e a nosa lingua.

Xosé Tomás foi quen nos adentrou ao mundo da ilustración e da imaxe a través dun curto obradoiro moi claro e conciso. Primeiro definiu a banda deseñada e falounos de elipse, globos, personaxes, planos e movementos. Para rematar o seu coloquio, tivo a xentileza de debuxar para nós. Botádelle unha mirada a reportaxe!!




Logo procedeuse a entrega dos Premios. Noraboa a todas e todos os premiados desta quinta edición.

28.4.13

Semana de actividades Modelo Burela

A diversos coloquios co escritor madrileño Matías Escalera únese o concerto do grupo vocal “Son de Nós”
O mes de maio comeza con intensa actividade na axenda do Modelo Burela. O escritor madrileño Matías Escalera participará en diversos eventos de divulgación da lectura e o grupo vocal “Son de Nós” oferecerá na Igrexa da Vila do Medio o concerto “Os Camiños da Lingua”.
As actividades comezarán o próximo día 2 de maio, coa participación de Matías Escalera nunha sesión extraordinaria do clube de lectura que se reúne na Biblioteca Municipal. O escritor comentará diversos aspectos da súa obra cun público que durante estes días estivo lendo unha de recente publicación, o volume de relatos titulado Historias de este mundo (Baile del Sol. Tenerife. 2011).
O mesmo escritor manterá encontros co alumnado de bacharelato dos institutos da localidade. Será ás 9:20 horas no IES Monte Castelo e no IES Perdouro ás 12:20.
O mesmo venres, ás 20:00 horas, o acto de animación á lectura celebrarase na Libraría Nobel (Espazo Lector), onde –ademais da do autor- se conta coa presenza de representantes do Proxecto de Innovación Lingüística e do Clube de Lectura así como da profesora Julia María Labrador Ben.

No Camiño da Lingua (Concerto Modelo Burela )

 O sábado día 4, ás 9 da noite, a Igrexa da Vila do Medio de Burela converterase nun auténtico paraíso para melómanos. O Grupo Vocal Son de Nós ofrecerá, coas pinturas medievais como privilexiado tapiz de ambientación, un concerto que leva por título "Os camiños da Lingua" e co subtítulo "Concerto Modelo Burela". Unha vez máis, coa interculturalidade como fío condutor, o Modelo Burela continúa fomentando a comunicación entre escola e sociedade, e neste caso faino a través do labor de músicos profesionais. Son de Nós, un septeto vocal dirixido polo Maestro viveirés Plácido Travieso Fernández (Viveiro, 1972), preséntase en Burela despois dos éxitos recollidos en diversas actuacións, entre elas tres na Mariña: na Igrexa do Vicedo, no Conservatorio de Música de Viveiro -con motivo da presentación dun novo libro do escritor Séchu Sende- e na Semana Santa da parroquia de San Martiño.

26.4.13

Clausura dos Encontros de Banda Deseñada con Xosé Tomás

Contaremos para clausurar os encontros de BD na Mariña con Xosé Tomás, recoñecido ilustrador e guionista galego, autor, entre outros, de álbumes como  "Tolos",  "H2OiL"  e  "Nómades".

O luns 29 de abril ás 11h30 na biblioteca abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística, Miruca Parga e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre.

25.4.13

Xornada Cultural - Teatro de monicreques

Para rematar a xornada, adentrámonos no mundo dos títeres da man da compañía Mircromina. Vimos un espectáculo de títeres de luva chamado "Cinco historias para unha mán".


Investigación pesqueira - visita á lonxa de Burela

Entre as 11h e as 13h, os alumnos achegaronse ata a lonxa para coñecer in situ os datos relativos ao volume de pesca, especies, e organización do traballo no porto de Burela.

Xornada Cultural - Maxia co mago Senín


Esta mañá, o mago Senín deleitounos magnificamente cos seus trucos de maxia e o seu bon humor.


Sorprendente!!!! Pero como fai ?

Xornada cultural - O apóstolo

Esta mañá os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO e PDC disfrutaron dunha mañá chea de actividades culturais de calidade. 

Primeiro, visionaron a película de animación galega levada a cabo coa técnica do Stop Motion, O Apóstolo. Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo 2013. A película acadou 6 dos 10 galardóns aos que era candidata, entre eles, o de mellor longametraxe e director. É a primeira película destas características en Europa.

Tres anos de traballo, 18 equipos e más de 200 profesionais implicados. Rodando de media catro segundos oa día. Todo iso para dar vida a unhas pequenas figuriñas de látex. O Apóstolo convirtiuse na primeira película de animación stop-motion de Europa desenrolada mediante producción estereoscópica. Un proxecto pioneiro, comandado polo director Fernando Cortizo, que soprende polo seu primoroso desenrolo visual.



Festival CineHorizontes de Marsella, Francia 
Festival internacional de Moscú
Festival de Málaga
Premios Goya: Nominada a Mejor película de animación
Festival de Sitges: Nominada a Mejor película de animación
Premios Maestro Mateo 2013 da academia galega audiovisual
Estivo en sección oficial a competicion en:Festival internacional de animación LES NUITS MAGIQUES de Burdeos, Francia
Zagreb, Croacia
Anima, Bruselas
Fantasporto, Portugal
Festival internacional de cine de Guadalajara, Mexico
Mostra de Liboa, Portugal - premio do público e mellor banda sonora
FUTURE FILM FESTIVAL, en Bolonia, Italia
Festival de cine de Corfu, Grecia
Holland Animation Film Festival, Holanda
ANIFILM, en Trevon, Republica Checa.
Festival de Annecy, Francia

Como se fixo : 1 e 2

1º ESO - Ruta pola Mariña Oriental

A Mariña posúe un patrimonio histórico- cultural digno de ser coñecido, admirado e respectado. Con esta intención, os  alumnos e alumnas de 1º da ESO, acompañados polos seus profesores, Maribel, Antón, Helena e Rosa, realizaron un itinerario histórico pola zona  Oriental e Central, unido  a un roteiro  xeográfico  para coñecer os puntos e lugares máis significativos. A súa profesora de Ciencias Sociais deseñou unha actividade completísima. Na seguinte reportaxe fotográfica veredes como o alumnado se achegou ao  noso entorno xeográfico máis próximo.



Todo un pracer para a vista e un motivo máis para o enriquecemento cultural.

23.4.13

23 de abril - Día mundial do libro

Estamos de celebración! Para conmemorar o día do libro tivemos varios actos no centro.

Na hora de ler, adicamos a lectura ao Don Quixote a partir do libro interactivo.


No recreo formamos unha libercadea a partir dun libro xigante.

Unidos polos libros, máis de 100 alumnos de ESO e Bach acompañados polo profesorado xuntáronse o redor do libro das verbas. E para clausurar o acto, Fran García, alumno de CF, Julieta Durán, alumna de 1º de Bach. e Isabel Lawicki de 1º de ESO leron 3 manifestos na honra dos nosos amigos, os libros.

 

Maratón de Lectura 

O alumnado de 4º de ESO participou no III Maratón de lectura organizado polo Colectivo Cultural Buril coa lectura da obra Follas Novas de Rosalía de Castro, acto que tivo lugar no salón de Plenos do Concello.

Grazas ao alumnado de CF de Electrónica por encargarse do equipo de son, e mil grazas o noso artista, Luís, pola confección do libro das verbas. E finalemente, grazas a todos e todas as que participastes nas actividades. Fabuloso traballo!!!!

15.4.13

Concerto intercultural con Evinha e Nos Bandeira

Aquí deixámovos unha completa reportaxe fotográfica do acto musical a cargo do Dpto de Música celebrado esta tarde no patio do IES Perdouro con Evinha, Nos Bandeira e o alumnado de 3º e 4º de ESO. 
Agradecemos a colaboración do alumnado do Ciclo Medio de Electrónica por encargarse da parte acústica da celebración.

Todo un éxito!!

12.4.13

Concerto intercultural con Evinha

O próximo luns, día 15 de abril, o Instituto Perdouro comeza a serie de actividades coas que tradicionalmente celebra a temporada das Letras Galegas. Ás 17:10 horas, o patio do centro educativo transformarase en recinto festivo para acoller un acto que sintetizará palabra e música.
Está previsto que o espectáculo comece coa interpretación dunha peza musical por parte de alumnos e alumnas de 4º de ESO. Seguidamente, as integrantes do grupo caboverdiano “Nos Bandeira” -rama xuvenil de Batuko Tabanka- interpretarán dúas pezas: unha de danza e outra do tradicional batuko do seu país.
O prato forte da xornada chegará inmediamente despois, coa actuación dunha artista convidada: a luguesa Evinha, que hai unhas semanas estivo impartindo no centro un obradoiro de Música. Esta moza que busca seguir os pasos da eurovisiva Lucía Pérez estará acompañada polo alumnado de 3º de ESO na interpretación de tres cancións.
Este acto musical servirá de actividade práctica para o alumnado do ciclo medio de Electrónica, que se ocuparán da instalación e a atención dun equipo de son que “puxeron a punto” nestas últimas semanas.

5.4.13

Prácticas de alumnos de mecanizado en Alemaña

Dous alumnos do IES Perdouro seleccionados pola fundación PAIDEIA para facer aprendizaxe no país xermano 

 Rubén e Alberto -á dereita- cubrindo o pasaporte europeo en lingua inglesa
Rubén Alonso e Alberto Cabana, alumnos do ciclo medio de Mecanizado realizarán  prácticas na cidade alemá de Karlsruhe. Convivirán co cadro de persoal de empresas do sector do metal durante un mes con opción a unha prórroga e incluso a un posterior contrato de traballo.

Antes de viaxaren a Alemaña, os citados alumnos están recibindo nas instalacións da fundación PAIDEIA formación sobre a lingua, estilo vida e costumes do país de acollida. A viaxe, prevista para o día 26 de abril, estará cofinanciada pola fundación PAIDEIA,  o programa IdA (Integración a través de Intercambio) e o Fondo Social Europeo. Estas entidades tamén se farán cargo dos gastos da estancia e a formación dos dous mozos da Mariña.

O IES Perdouro está promovendo actualmente este tipo de actuacións para apoiar o alumnado na busca activa de emprego e na adquisición de experiencias internacionais.

4.4.13

Obradoiro de música

Estas imaxes corresponden ao obradoiro organizado polo departamento de Música e dirixido a estudantado de 3º e 4º de ESO. A convidada foi Evinha Cagide, unha moza luguesa que se dedica á docencia no Centro Rossini e que participa no concurso Recantos da TVG. A actividade celebrouse no IES Perdouro de Burela o día 20 de marzo de 2013. Ademais dunha grande artista, Evinha ten moi boas cualidades para o ensino. Sabe adaptarse moi ben ao público.
Nestas imaxes vémola e escoitámola cantar o Vals das Bolboretas coa participación do alumnado. Na mesma sesión ensaiaron con Evinha e Dolores Otero outras dúas pezas: Pídechas o corpo (de Ana Kiro) e Alecrín, en versión galega. As imaxes foron gravadas por Matías Nicieza.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...