31.7.24

Espazos de Tecnoloxía Aplicada na FP: A nosa Dixit Aula está en marcha

Xa van moi avanzadas as obras da nosa Dixit Aula. Este Espazo de Tecnoloxía Aplicada na Formación Profesional será un lugar ideal para que o alumnado do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial, do Curso de Especialización en Fabricación Aditiva, dos Ciclos Medios de Mecanizado e de Instalacións en Telecomunicacións desenvolva as súas competencias. 

Aínda temos que organizar o sitio axeitado para cada un dos recursos cos que queremos que conte a nosa Dixit Aula. Entre eles esperamos adquirir cámara termográfica, analizador de vibracións, sistema de guías holográficas, escáner 3D, PCs de altas prestacións etc. 

Mostrarémosvos o resultado final cando estea rematada. 










8.7.24

Actualizado o podcast das Saídas escolares IES Perdouro

Xa está actualizado o podcast das saídas escolares do IES Perdouro, que inclúe 4 audios orixinalmente emitidos no programa Proxecto Neo. 

Deixamos aquí a ligazón.

 

Concedida una contía de 50 000 € para un proxecto de innovación do CE en Fabricación aditiva



A Secretaría Xeral de Educación, Formación Profesional e Deportes resolveu o 3 de xullo a concesión de axudas destinadas á realización de proxectos de innovación e investigación aplicadas e transferencia do coñecemento na Formación Profesional, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea, Next Generation EU.

O proxecto foi presentado polo IES Perdouro en colaboración co Instituto Pompeu Fabra de Badalona e con 3DZ ABCISE SL de Biskaia. Esta iniciativa persegue un obxectivo con finalidade social xa que leva por título "Aplicación da fabricación aditiva na fabricación de útiles para a mellora de actividades cotiás de persoas con necesidades especiais".

Moitos parabéns para os nosos compañeiros do Ciclo de Especialización aditiva!


2.7.24

Actividades Quérote + 2023-24

Ao longo do presente curso 23/24, o IES Perdouro aplicou o programa Quérote + nas aulas de 3º ESO que se enmarca dentro dos Plans Proxecta. Froito diso, mostrámosvos unha parte do traballo realizado co noso alumnado que participou activamente realizando murais, en debates, así como o visionado de curtametraxes e un longo etcétera difícil de plasmar só a través de imaxes.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...