VISITA CONXUNTO ETNOGRÁFICO MINEIRO E INDUSTRIAL
PRAZA DOS FORNOS 07/11/2019
Hora de saída: 08.30h
Hora de chegada: 10.00h
En canto chegamos á Pontenova, sobre as 10.00h, o primeiro que fixemos foi poñernos a cuberto porque chovía e tivemos que cambiar os tenis. Xa nos dixeran que tiñamos que levar dous pares, posto que iamos facer una ruta en que os iamos manchar. En canto nos cambiamos tivemos que entrar nunha sala onde nos estaba esperando o noso guía quen nos explicou un pouco o máis destacado da Pontenova e da Praza dos Fornos.
Explicounos que a Pontenova está íntimamente ligada á mina. A sociedade mineira fundouse no ano 1900 e aí comezou a explotación das minas de ferro.
Dos fornos sacábanse dúas clases de ferro, un grupo pertencía aos hidróxidos e outro aos carbonatos. Os fornos estaban valados pola parte de arriba. Neles había unha plataforma que comunicaba co muro traseiro, entón os obreiros chegaban cos carbonatos e cargaban os fornos por arriba e ían alternando capas. Cada tonelada de carbonato poñían 30kg de carbón mineral e encendíase durante 20-24h aproximadamente, chegando a alcanzar unha temperatura de entre 850 e 900º C.
Con iso conseguían eliminar o fósforo e, por outro lado, durante ese proceso de calcinación liberábase vapor de auga que en contacto co aire facía oxidar o carbonato. Este deixábase arrefriar nunha plataforma e unha vez frío, cargábase no tren que partía cara a Ribadeo; dende alí era transportado en barcos.
Esta sociedade mineira foi unha das primeiras en entrar no mercado internacional de ferro, mandando o ferro a Alemaña, Inglaterra e Escocia, principalmente.
Despois de explicarnos todo isto, demos comezo á ruta que era bastante complicada. Tiña unha duración de dúas horas, aproximadamente, e tiña tramos moi inclinados e con bastante pendente, así como enlamados. Tamén entramos nunha especie de cova bastante grande e explicounos que o mofo que había alí, se o tocabas, cambiaba a súa reacción e ao final desaparecía.
Cando rematamos a ruta estabamos todos bastante cansos e todos cheos de lama, tanto polos tenis como polo pantalón.
Antes de voltar para Burela deixáronos estar un anaco nun bar para poder comer algo e descansar.
A continuación voltamos para Burela, chegamos ás 14.00h.
Foi una bonita e entretida experiencia.

Sem comentários:
Enviar um comentário