Hoxe, xoves 18 de xuño, celebrouse no IES Perdouro un acto no que o alumnado de 4º ESO finalizou un proxecto que se denominou “Na casa de papel”. Esta iniciativa comezou pouco despois do confinamento e o seu nome alude a que a poboación tiña que quedar na casa. En colaboración cun grupo de docentes, o alumnado participou nunha serie de actividades nas que o obxectivo era a solidariedade.
Coa entrega das súas tarefas escolares de cada semana conseguían puntos que intercambiaban por máscaras de protección en primeiro lugar e, unha vez que eles estaban protexidos, comezaba a solidariedade cos demais:
- Colocáronse carros na maioría dos supermercados de Burela (Día, Eroski e Gadis) e todo o que se recolleu foi doado ao Banco de Alimentos da Mariña, que pasou de ter que atender as necesidades de 390 familias a abastecer a 765 nos últimos días.
- Os rapaces de 4º ESO, coa axuda dos seus compañeiros de 2º ESO, escribiron cartas aos maiores da localidade que viven sós e reciben axuda da Cruz Vermella. Esta organización entregou as súas misivas de apoio para aliviar a soidade e dar ánimo a cada unha destas persoas, 58 en total.
- Tamén se entregaron á Cruz Vermella 23 lotes de material escolar para que outros tantos nenos poidan comezar o próximo curso perfectamente equipados para as súas clases.
- Doáronse ademais 20 paquetes de produtos de puericultura e alimentación infantil aos servizos sociais do Concello de Burela, cuxas representantes regalaron aos alumnos unha máscara de protección solidaria para agradecer o seu traballo.
- Por último, organizouse unha recollida de roupa para doar a distintas asociacións, entre elas Cáritas.
Despois destes meses na casa e xa na última semana do curso, os rapaces mantiveron o ánimo e a motivación e entregaron as súas tarefas coa ilusión de colaborar con quen máis o necesitara. Demostraron á sociedade que, desde a casa, aínda se poden facer moitas cousas. Eles continuaron aprendendo, e non só contidos académicos. Coa súa aprendizaxe lograron axudar aos demais.

No acto de entrega das doazóns que tivo lugar esta mañá no patio estiveron os seguintes representantes das entidades sociais as que puidemos axudar.
do Concello de Burela | Doazóns |
Noelia María Ben, Concelleira de Muller e Igualdade, Cooperación e Inmigración, Carmela López, Concelleira de Servizos Sociais e Conchita Pernas, Técnico Municipal | produtos de aseo para bebés compostos principalmente por xel-xampú, esponxa, toalliñas, colonia e crema de protección solar. |
do Banco de Alimentos |
|
William Solano, representante do Banco da Mariña | 28 kg de arroz, 20kg de pasta, 14 kg de lentellas, 23 l de aceite, 54 l de leite, 10 kg de azucre, 10 kg de galletas, conservas e produtos de hixiene e aseo persoal. |
do Cruz Vermella Burela | |
Sonia Fraga Seara, educadora social, e Marta Amenedo Castiñeira, Traballadora Social | material escolar composto por bolígrafos, lapis, goma, tesoiras, afialapis, estoxo, carpeta de anillas e folios. |
Accede á completa reportaxe fotográfica aquí.
MOITAS GRAZAS AO POBO DE BURELA E Á COMUNIDADE EDUCATIVA
POLA SÚA XENEROSIDADE.
Sem comentários:
Enviar um comentário