Este curso, ao alumnado de 3º da ESO tocounos estudar a arte do
Renacemento e do Barroco pola vía telemática. Como complemento, levamos a
cabo unha actividade que tiña como obxectivo familiarizarse con obras
de arte destes dous períodos. Nesta actividade, os alumnos e alumnas
participantes debían sacarse fotos representando distintas obras de
arte. Para isto, cada un deles tivo que buscar unha obra axeitada e logo
usar a súa creatividade para representala. E quedáronlles ben chulas!
Finalmente, realizamos a montaxe dun vídeo con todas estas imaxes.
Sem comentários:
Enviar um comentário