Como unha das actividades da materia de Cultura Científica de 4º ESO (A e B), realizamos un álbum botánico da flora das diferentes zonas do patio do IES Perdouro.
Para isto, empregamos a aplicación PlantNet (dispoñible en Google Play e Apple Store) que nos permitiu identificar a especie de cada exemplar.
Tras sacar unha foto co móbil, eliximos o órgano (folla, flor, talo...) no que nos fixaremos e obtemos unhas porcentaxes coa probabilidade de que a planta sexa dunha especie ou doutra.
Tiñamos que escoller a base de datos e empregamos as seguintes: Flora mundial, Europa Occidental, Plantas útiles e Plantas invasivas.
Para asegurarnos de que era esa especie, só aceptamos valores iguais ou superiores ao 80 % en dous ou máis móbiles (de cada parella ou grupo de 3).
Para unha mellor localización das plantas, dividimos o patio en varias zonas: ESCALEIRAS DEREITA, CAFETERÍA, TRASEIRA C, ENTRADA...
Tras anotar nun caderno as especies, escollemos as mellores fotos identificadas e publicámolas nun álbum de Wikimedia Commons. Animádevos a miralas, alí están incluídas as plantas do IES Perdouro en grandes grupos (Pteridófitas, Ximnospermas, Monocotiledóneas e Dicotiledóneas) e, dentro deles, por orde alfabética.
Alumnado de Cultura Científica - 4º ESO A e B
Sem comentários:
Enviar um comentário