O 22 de setembro veu visitarnos o fillo de Isaac Díaz Pardo, Camilo Díaz Arias, o
cal nos contou anécdotas do seu pai dende que era novo até que foi indo
máis vello.
O primeiro que nos contou foi que comezou como pintor e que marchou
para A Coruña para esconderse cando mataron a seu pai. Tempo despois
presentouse a un concurso cunha exposición de pintura, na cal gañou o primeiro premio,
que foi unha bolsa para estudar Belas Artes en Madrid. Nun
momento dado, o réxime queriao contratar para pintar o "Valle de los Caidos”, pero el non quixo, xa que o réxime fora o culpable da morte do seu
pai.
Decide volver para Galicia e Isaac funda unha fábrica de porcelana chamada “
Fábrica do Castro”. No ano 55 a fábrica xa tiña un prestixio moi importante
polo simple feito de que xa se facían moitos obxectos, como vasos, pratos etc...
En agosto dese mesmo ano a fábrica do Castro sae nunha revista famosa, o
que fai que se vaia coñecendo moito mellor esa cerámica e teña moita máis fama.
Meses despois marcha a Arxentina. Xa alí entra en
contacto coa comunidade galega e entra en contacto con Luis Seoane entre
outros. No ano 63 abre unha fábrica preto de Bos Aires, en Magdalena, que durará só catro anos
porque no ano 67 deixa a fábrica de Arxentina para volver a Galicia e
poñer en marcha o proxecto da fábrica de Sargadelos. Comeza en 1970 nunhas instalacións que foran inauguradas por Antonio Raimundo Ibáñez. Isaac
dirixía e producía a modelaxe e do deseño dos produtos que se ian a poñer
en venda.
En 2014, a fábrica entra en creba e estivo a piques de pechar polos
problemas económicos se non fora polo empresario Segismundo García
que inxectou cartos na fábrica de Sargadelos e logrou estabilizala ata o día
de hoxe.
Nese mesmo ano, Isaac recibe o premio “ Medalla de Galicia”.
O seu fillo explicounos tamén o seu labor no eido da literatura porque tamén tivo unha empresa para publicar libros chamada Ediciós do Castro. A obra con máis edicións foi Memorias de un neno labrego con 24 tiradas. A editora sacou á luz máis de 1500 títulos.
Tamén falou de Isaac como pai, que construía papaventos e carrilanas
para que os seus fillos xogaran, sobre todo cando eran máis nenos.
Despois, cada vez tiña menos tempo polas súas numerosas obrigas.
Moitas grazas, Camilo, por vir falarnos do teu pai!
Sem comentários:
Enviar um comentário