O pasado venres 11 de febreiro a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) impartiu un obradoiro de dúas horas de aproximación á linguaxe de signos destinado ao alumnado de 2º CM de Xestión Administrativa e 1º CS de Administración e finanzas. Informaron sobre o traballo que realizan e
concienciaron aos asistentes sobre os problemas que sofren as
persoas xordas e como a lingua de signos é unha ferramenta
fundamental para superar barreiras comunicativas e sociais do día a día.
Nunha primeira parte máis teórica, Xavier Sánchez Álvarez, logopeda, ofreceu un panorama amplo respecto ao que significa ser unha persoa xorda: tipos de xordeira, detección, modos de actuación (familia, colexio, médicos), principais barreiras ás que se enfrontan e alternativas para solucionar ou adaptarse a esta discapacidade. Ademais, explicou cales son os servizos que ofrece a fundación e en que provincias se encontra.
Na segunda parte máis práctica, Isabel Pardo Sampayo, persoa xorda, fixo unha breve introdución á linguaxe de signos española e púxoo en práctica. Non todo se comunica co abecedario, utilízanse expresións, movementos, xestos e sobre todo coas mans. Ensinoulles desde adxectivos, días do ano, días da semana, sentimentos e todo con moito humor e alegría que os cativou a todos.
Accede AQUÍ á reportaxe fotográfica.
Aurora e Nenúfar, 1º CS de Administración e finanzas
Sem comentários:
Enviar um comentário