Na materia de Cultura Clásica como estábamos a traballar coa mitoloxía, o alumnado fixo unha narración da historia do mito de Eros/Cupido xunto coa incorporación de poemas orixinais de contido amoroso e unha ilustración que o representaba.
O alumnado de Latín aportou frases de amor escritas na lingua que está a estudar, o latín.
O mesmo fixeron o resto dos grupos, cada quen aportou a súa frase de amor escrita na lingua que traballamos na aula, uns en galego e os outros en francés.
Accede á reportaxe fotográfica AQUÍ.
Efigenia Maseda Paz, Xefe de Departamento de Latín
Participantes:
alumnado de Latín I (1º BAC B), de Cultura Clásica (3º ESO B e C), de
agrupamento de Lingua Galega (1º ESO A e B), de Francés de 1º ESO A e B.
Sem comentários:
Enviar um comentário