O 23 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento da nosa poetisa máis coñecida, Rosalía de Castro. Este ano modificouse a data da conmemoración do Día de Rosalía, que antes se celebraba o 24 de febreiro, día do seu bautismo. Agora sábese que ela naceu o 23 de febreiro, razón pola que se cambiou o Día de Rosalía para esta data.
Para coñecer algo máis a obra desta autora, o alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato asistirá a un musical recitado que terá lugar ás 13:15h na Casa da Cultura de Burela.
Por outra banda, rapazas e rapaces de 4º ESO elaboraron videopoemas con versos da autora. Presentámosmovos o de Laura González Freire e o de Silveria Patricia Varela Rocha.
Podedes ver tamén nestes enlaces os videopoemas de Paula López Martínez e Sara Pedreira González.
Sem comentários:
Enviar um comentário