Xa podemos ver a reportaxe fotográfica da viaxe a Londres realizada polo alumnado de 4º de ESO. Exhíbese estes días no hall de entrada. Excelente traballo profe!
|
23.5.13
4º ESO - reportaxe fotográfica por Londres
4º ESO - Lei de menores
O pasado día 23 de maio, a Policía Local de Burela deu unha charla informativa sobre a lei de menores.
Ramón González García e Manuel García Cerezo, axentes da Policía Local de Burela impartiron unha charla sobre Dereitos e deberes dos menores de idade dirixida ao alumnado de 4º de ESO. A partir dunhas declaracións demoledoras do xuíz de menores granadino, Emilio Calatauyd, os axentes informaron dos dereitos e consecuencias tratando de facer sempre fincapé na responsabilidade penal dos menores de idade.
22.5.13
3º ESO - Ensaio dos espectáculos de monicreques
Aquí está Ton Arenas traballando a entoación, a sonoridade da voz e a comunicación xestual co alumnado de 3º PDC co fin de preparalo a representación dos seus mini-espectáculos de monicreques.
Xa estamos impacientes de poder velos!!!
1º ESO - Ruta pola Mariña Occidental
Este mércores 22 de maio, O alumnado de 1º de ESO realizo un completo itinerario cultural por Viveiro deseñado pola Maribel, a súa profesora de Ciencias Sociais.
Continuando coas nosas rutas xeográficas e históricas pola Mariña Luguesa en 1º da ESO, o día 22 de maio realizamos un percorrido pola Mariña Occidental. O foco principal foi Viveiro co seu rico patrimonio artístico-cultural, en moitos casos descoñecido ou con escasa información. A actividade rematou con tarefas nas que o alumnado mostrou o seu nivel de implicación e a análise da información recollida.
Continuando coas nosas rutas xeográficas e históricas pola Mariña Luguesa en 1º da ESO, o día 22 de maio realizamos un percorrido pola Mariña Occidental. O foco principal foi Viveiro co seu rico patrimonio artístico-cultural, en moitos casos descoñecido ou con escasa información. A actividade rematou con tarefas nas que o alumnado mostrou o seu nivel de implicación e a análise da información recollida.
21.5.13
20.5.13
4º ESO - charla afectivosexual coa sexóloga Beni Martínez
Esta tarde desenvolveuse un Obradoiro sobre Educación Sexual, destinado o alumnado de 4º ESO.
A experta en sexualidade, Benita Martínez García, e tamén matrona - que durante moitos anos axudou a traer o mundo a maioría dos nenos da zona - foi a encargada de impartir este obradoiro coa finalidade de promover entre os nosos mozos a asociación entre sexualidade e afectividade (unha visión diferente do sexo no que este non apareza desvinculado dos afectos e dos sentimentos), así como reforzar os coñecementos sobre os Métodos Anticonceptivos.
Foron dúas horas nas que os nosos alumnos/as puideron aclarar conceptos e disipar dúbidas coa sexóloga que se mostrou próxima e comprensiva coas súas preocupacións e demandas.
Foron dúas horas nas que os nosos alumnos/as puideron aclarar conceptos e disipar dúbidas coa sexóloga que se mostrou próxima e comprensiva coas súas preocupacións e demandas.
19.5.13
Novas dende Londres - 4º de ESO
50 aniversario do CEIP Virxe do Carme
Alumnos do centro que forman parte da Banda de Burela actuaron nos actos de celebración co motivo do 50 Aniversario do CEIP Virxe do Carme o pasado 11 de maio.
A
Banda de Burela foi a encargada de pór o broche final coa interpretación
de pezas do seu repertorio e do Hino ao CEIP Virxe do Carme, composto
polo mestre de música Jesús Arranz. Aínda que a peza xa fora estreada en
2009 no propio centro para celebrar o día das Letras Galegas, nesta
ocasión, con motivo da conmemoracióndos 50 anos do nacemento do centro, o
Hino interpretouse nunha versión para coro e banda de música, na que os
rapaces e rapazas do colexio foron os encargados de pór voz ao texto de
Arranz, acompañados pola Banda de Música de Burela.
Coa interpretación desta peza púxese punto e final a un acto moi
emotivo con grande asistencia de público e no que estiveron presentes
profesores e profesoras, alumnos e alumnas, pais e nais de alumnos,
antigos mestres e mestras… e ao que a Banda de Burela non podía faltar.
Himno ao CEIP Virxe do Carme - Letra e música de Jesús Arranz
No medio dos Castros naceu unha “escuela”
que, andando no tempo a colexio chegou
deu pulo e alento a toda Burela
desde as súas aulas, cultura espallou
que, andando no tempo a colexio chegou
deu pulo e alento a toda Burela
desde as súas aulas, cultura espallou
O VIRXE DO CARME É NOSO COLEXIO
O FARO QUE ALUMA NO MEDIO DO MAR
OFRECE UN ENSINO BO E DE CALIDADE
GLOBAL, SOLIDARIO, ABERTO E PLURAL
O FARO QUE ALUMA NO MEDIO DO MAR
OFRECE UN ENSINO BO E DE CALIDADE
GLOBAL, SOLIDARIO, ABERTO E PLURAL
Burela medraba e o “cole” crecía
e máis edificios houbo que crear
xornais, profes, libros a Burela enchían
de sabiduría e ritmo vital
e máis edificios houbo que crear
xornais, profes, libros a Burela enchían
de sabiduría e ritmo vital
ADIANTE, ADIANTE CEIP VIRXE DO CARME
OLLANDO AO FUTURO IMOS TRABALLAR
NAS CIENCIAS, NAS LETRAS, EN TODAS AS ARTES
PARA QUE BURELA SIGA A PROGRESAR
OLLANDO AO FUTURO IMOS TRABALLAR
NAS CIENCIAS, NAS LETRAS, EN TODAS AS ARTES
PARA QUE BURELA SIGA A PROGRESAR
A Comunidade do noso colexio
valores humanos pretende acadar
libre e tolerante quere dar resposta
aos retos dun mundo cambiante e plural
valores humanos pretende acadar
libre e tolerante quere dar resposta
aos retos dun mundo cambiante e plural
Repíntense os retrousos:
O VIRXE DO CARME…
ADIANTE, ADIANTE…
O VIRXE DO CARME…
ADIANTE, ADIANTE…
Texto recollido en Crónica3
Fotografías cedidas pola xentileza de Carlos Andrade.
Fotografías cedidas pola xentileza de Carlos Andrade.
18.5.13
Especial Letras Galegas 2013
Colaboramos neste especial Letras Galegas 2013 do xornal O Progreso publicado o 17 de maio. O alumnado de 3º ESO liderado pola súa profesora de lingua, Miruca, contribuiu como equipo redactor á elaboración deste especial Letras Galegas.
16.5.13
Viaxe a Londres - 4º ESO
E aquí os alumnos de 4º de ESO disfrutando de 4 días en Londres con Toni Galdo, o seu profesor de Inglés.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
